REHABILITACIÓN
Áreas de rehabilitación integral
Las Áreas de Rehabilitación conforman la base principal de las actuaciones de rehabilitación en entornos urbanos por parte del IGVS. Para esto es fundamental la colaboración de los ayuntamientos.
- Compartir

Áreas de rehabilitación integral - ARI
Declaración:
Las Áreas de Rehabilitación Integral se declararan por resolución de la Presidencia del Instituto Galego da Vivenda e Solo, a petición de los ayuntamientos interesados en que se declare una área en su territorio. Podrán también declararse de oficio por el Instituto Galego da Vivenda e Solo, cuando el área comprenda más de un ayuntamiento y motivos de interés arquitectónico, cultural o social así lo aconsejen.
Procedimiento:
La solicitud de declaración de ARI viene regulada en el Decreto 18/2014, del 13 de febrero, por el que se determinan los aspectos básicos de los programas autonómicos de rehabilitación de viviendas, en el ámbito de la Comunidad Autónoma de Galicia (DOG núm. 38, do 25 de febrero). Este decreto establece en su artículo 8 el procedimiento para la declaración de una nueva ARI. En esta guía se recogen las previsiones contenidas en la Ley 1/2019, del 22 de abril, de rehabilitación y de regeneración y renovación urbanas de Galicia (DOG nº 83, del 2 de mayo de 2019).
El procedimiento de declaración a instancias do concello iniciarase mediante unha solicitude dirixida á Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo(en diante IGVS) acompañada da seguinte documentación:
- a) Certificado de acordo do concello que aproba a solicitude da declaración de área de rehabilitación integral, conforme a clasificación prevista no artigo 9 do decreto 18/2014.
- b) Delimitación do ámbito proposto, determinación do planeamento vixente e parámetros urbanísticos polos que está afectada a área proposta.
- c) Compromiso do concello para crear ou manter una oficina municipal de rehabilitación, con medios suficientes, para a xestión e o impulso de actuacións de rehabilitación no ámbito.
- d) Memoria explicativa na que se recollan os seguintes aspectos:
- Obxectivos que se pretenden coa declaración proposta e indicadores de seguimento que permitirán analizalos.
- Relación das rúas comprendidas dentro do ámbito.
- Número total de edificios e vivendas no ámbito.
- Número de edificios e vivendas susceptibles de rehabilitación.
- Análise do proceso de degradación física, social e ambiental que clarifique a necesidade da declaración de ÁRI proposta, tales como o envellecemento demográfico, perda de poboación, abandono de actividades económicas ou baixo nivel de ingresos das persoas residentes.
- Avaliación do nivel de deterioro de edificios e vivendas no ámbito.
- Avaliación do custo estimado das actuacións de rehabilitación previstas de edificios e vivendas.
- De ser o caso, proposta de actuacións de urbanización – reurbanización para impulsar a rexeneración do ámbito e avaliación dos seus custos.
- De ser o caso, plan de realoxo temporal a súa programación e custo económico.
- Planos xeoreferenciados coa delimitación da Área de Rehabilitación Integral solicitada. Escala 1:500.
Unha vez tramitadas as solicitudes admitidas, por resolución da persoa titular da presidencia do IGVS declárase a ARI.
Clases de Áreas de Rehabilitación Integral:
As ARI clasifícanse nas seguintes categorías:
- ARI de conxuntos históricos:
Son as ARI que o seu ámbito comprende un conxunto histórico que teña declaración de ben de interese cultural ou estea integrado como tal no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia e que conte cun plan especial de protección. Neste suposto, o ámbito delimitado deberá ter como mínimo 50 vivendas.
- ARI rurais:
Son as ARI que se declaren en concellos menores de 5.000 habitantes e a súa configuración sexa predominantemente rural. Neste suposto, o ámbito delimitado deberá ter como mínimo 20 vivendas.
- ARI de ámbito urbanos:
Son as ARI que non pertenzan a ningunha das categorías consideradas nos puntos anteriores. Neste suposto, o ámbito delimitado deberá ter como mínimo 50 vivendas.
Por resolución da persoa titular da Presidencia do IGVS poderán modificarse os límites mínimos de vivendas de cada clase, sempre que as características do ámbito que se vai delimitar así o xustifiquen, pola tipoloxía das súas edificacións, polo interese arquitectónico específico do conxunto e polo grado de deterioración das edificacións, unido a baixos niveis de renda das persoas titulares das vivendas ou á extensión do ámbito catalogado polo planeamento.
No suposto de que se pretenda declarar unha ARI para acollerse ao financiamento estatal dos plans de vivenda, deberán cumprirse os límites mínimos de vivendas e demais requisitos establecidos no correspondente real decreto regulador do plan.
No suposto de que o Ministerio de Fomento esixa máis documentación sobre a ARI que se declare, esta se pediría ao concello e se xuntaría para a sinatura do acordo bilateral de financiamento con participación do concello.
A xestións das ARI realizarase polo concello no que se atopen en coordinación e baixo as directrices do IGVS, en canto ás actuacións subvencionables, aos procedementos de cualificacións das actuacións e, se é o caso, aos de concesión de axudas que sexan de competencia deste organismo.