Volver ao contido

Portal IGVS

Vivendas de titularidade municipal

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Rehabilitación
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Axudas destinadas a concellos
    • Actuacións IGVS
    • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Axudas destinadas a concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
    • Áreas Rexurbe
    • Axentes colaboradores
    • Rehabilitación barrios
  • Vivendas de titularidade municipal
    • Fondo de cooperación
    • Vivendas de titularidade municipal
    • Infravivenda
    • Áreas Rexurbe
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI
volver Volver
  • Axudas destinadas a concellos
    • Fondo de cooperación
    • Vivendas de titularidade municipal
    • Infravivenda
    • Áreas Rexurbe
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI

REHABILITACIÓN

Rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal (VI422F)

Escoitar
Fri Jan 17 08:00:00 CET 2025
  • Compartir

A Lei de vivenda de Galicia dispón que o patrimonio inmobiliario residencial será obxecto de atención prioritaria. Tamén no seu artigo 91 de dita lei establece que o Instituto Galego da Vivenda e Solo desenvolverá políticas públicas de rehabilitación e renovación do parque de vivendas de Galicia atendendo a criterios de accesibilidade, sustentabilidade, aforro enerxético, mellora da calidade e conservación dos elementos singulares das construcións existentes

Moitos concellos de Galicia dispoñen dun patrimonio edificatorio que pode ser obxecto dun uso residencial mediante as oportunas actuacións de rehabilitación. Por outra banda, o proceso de despoboamento da zona rural fai necesaria unha política encamiñada a fixar poboación nestas zonas, sendo a vivenda unha necesidade básica para este cometido.

Persoas beneficiarias

Concellos de Galicia de menos de 30.000 habitantes para que poidan rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugueiro social, e as adxudiquen, en réxime de alugamento, a unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).

Solicitude das axudas

A solicitude da axuda deberá realizala o concello, que garantirá a dispoñibilidade de fondos para cubrir o 5 % adicional do presuposto necesario para a actuación prevista.

Actuacións subvencionables

  1. Consideraranse actuacións subvencionables a execución de obras de rehabilitación en edificacións e en vivendas de titularidade municipal que garantan o cumprimento dos requisitos básicos de funcionalidade, seguranza, habitabilidade e/ou a accesibilidade. Entre as condicións de habitabilidade poderanse contemplar a execución de medidas que eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.
  2. As obras de rehabilitación dirixidas á ampliación de edificacións e vivendas incluídas nun proxecto de rehabilitación, que garantan o cumprimento dos requisitos básicos de funcionalidade, seguranza, habitabilidade e/ou a accesibilidade.
    • As actuacións subvencionables incluirán, para os efectos de determinación do custo total das obras, as seguintes actuacións preparatorias: os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Tamén será subvencionables os gastos xerais de estrutura que inciden sobre o contrato, de conformidade co artigo 131 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas: gastos xerais e beneficio industrial. No custo total das obras incluiranse os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
    • Non obstante o anterior, non se aboarán as facturas correspondentes as obras executadas con anterioridade ao ano natural en que se publique a resolución de convocatoria, con excepción das facturas correspondentes a actuacións preparatorias, as referidas a amoreamentos de material previos e a pagamentos anticipados.

Requisitos das actuacións subvencionadas

- Que todas as actuacións a realizar se axusten á normativa técnica e urbanística en vigor e cumpran a normativa vixente en materia de habitabilidade e funcionalidade.

- Que as actuacións non estean rematadas á data da presentación da solicitude.

- Para o caso de actuacións plurianuais, será necesario que o inicio das actuacións se realice no exercicio que se determine na correspondente convocatoria.

Contía  das axudas

As axudas poderán acadar ata o 95% do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 50.000 euros por vivenda rehabilitada, ou de 55.000 euros, no caso de vivendas situadas no ámbito histórico ou no ámbito dos Camiños de Santiago ou da Ribeira Sacra. No suposto de que a edificación a rehabilitar estivera situada nun ámbito declarado Área Rexurbe, as citadas con cantidades incrementaranse en 2.000 euros por vivenda.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 27 de xaneiro de 2025 e rematará o día 3 de xuño de 2025 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicada no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugamento social, e se procede a súa convocatoria para o ano 2025, con carácter plurianual (código de procedemento VI422F).

Documentos relacionados

  • Cadro resumo de axuda

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal