Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O presidente galego en funcións participou na entrega de chaves de tres vivendas de promoción pública en Betanzos

Rueda destaca que a Xunta xa está a traballar no compromiso de duplicar o parque público residencial de Galicia ata chegar ás 8.000 vivendas en 2028

Escoitar

Resalta que este verán estarán en marcha as obras para rehabilitar ou construír arredor de 400 novos inmobles protexidos

Salienta que o Goberno autonómico destinará máis de 40 M€ ao Programa Rexurbe para facilitar a través da rehabilitación o acceso a vivendas en alugueiro social nos cascos históricos

Este plan permitirá poñer á disposición da cidadanía 170 vivendas, 22 delas en Betanzos

Intervención do presidente da Xunta de Galicia en funcións

03/04/2024
  • Compartir

Betanzos (A Coruña),  3 de abril de 2024

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, salientou hoxe que a Xunta xa está a traballar para acadar o obxectivo de duplicar o parque público residencial ata chegar ás 8.000 vivendas en 2028.

Rueda lembrou que a consecución desta cifra é un “compromiso” de cara ao remate desta Lexislatura que está a piques de comezar. “Hai que empezar e comezamos xa”, aseverou en referencia a que este verán xa estarán en marcha as obras para rehabilitar ou construír arredor de 400 novos inmobles de promoción pública na comunidade.

O mandatario galego en funcións incidiu neste compromiso en Betanzos durante a entrega de chaves aos beneficiarios de tres vivendas públicas en réxime de alugueiro, a través do Programa Rexurbe de rehabilitación de inmobles en cascos históricos. Precisamente, esta localidade coruñesa foi a primeira en beneficiarse deste plan.

Neste caso, a Xunta vai destinar 5,5 millóns de euros para poñer á disposición dos cidadáns 22 novas vivendas e tres locais no casco histórico de Betanzos xa que, tal e como aclarou o presidente galego en funcións, aos inmobles entregados hoxe seguiranlle “rapidamente outros”, que se entregarán “en pouco tempo”.

Administración eficaz para cumprir cun “dereito fundamental”

Nesta entrega de chaves, Rueda defendeu como un “dereito fundamental” o acceso á vivenda e avogou por que “as administracións deben discutir menos, colaborar máis e ser eficaces á hora de cumprir con esta obriga”.

Por iso, incidiu na importancia de construír nova vivenda e tamén de apostar pola rehabilitación, especialmente nos cascos históricos, tanto a través da promoción directa desde a Administración, como coa colaboración pública-privada.

Máis de 40 M€ no Programa Rexurbe

No caso da Xunta, puxo en valor o Programa Rexurbe co que se adquiren inmobles nos conxuntos históricos para recuperalos ou solares baleiros co fin de habilitar novas vivendas. O obxectivo é triplo: facilitar o acceso a un fogar da cidadanía á vez que se recupera o patrimonio e se revitalizan os cascos vellos das localidades.

Nesta liña, Rueda destacou que o Goberno autonómico investirá máis de 40 millóns de euros neste programa, o que permitirá obter, a través da rehabilitación dun total de 94 inmobles, preto de 170 vivendas públicas en toda a comunidade, para destinalas a alugueiro social.

Área: Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal