SOLO EMPRESARIAL
Plans ou proxectos de parques empresariais
Wed May 15 16:55:39 CEST 2019
- Compartir
A Xunta de Galicia dispón de dous organismos que promoven solo de uso industrial e comercial destinado ao asentamento de empresas de todo tipo.
Tanto o Instituto Galego da Vivenda e Solo como a empresa pública Xestur (participada maioritariamente polo IGVS) dispoñen de solo empresarial, urbanizado cos criterios máis actuais, nas catro provincias galegas.
Ambos organismos ofrecen solo empresarial e compravenda, con bonificacións no prezo de venda do 50 ou 30 por cento, segundo os parques empresariais nos que se asente.
Tamén ofrecen a posibilidade de adxudicación en dereito de superficie por un prazo de 30 anos ampliable por outros 30 e coa posibilidade de acceder á propiedade nos primeiros 10 anos.
O canon a pagar polo solo adxudicado en dereito de superficie é menor nos primeiros anos, incluído a posibilidade de solicitar o primeiro ano de carencia, o que permite ás empresas centrar os esforzos iniciais na implantación do seu proxecto produtivo. O canon vai dende 38 céntimos por metro cadrado e ano nos dous primeiros anos da adxudicación.