A Xunta sorteou dúas vivendas de promoción pública en Santiago e Arteixo (nova propia IGVS)
Ambos pisos teñen unha superficie aproximada de 80 metros cadrados e contan con tres habitacións, garaxe e rocho
- Compartir
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, asistiu esta mañá ao sorteo ante notario de dúas vivendas de promoción pública nos concellos de Arteixo e Santiago. Os seleccionados foron elixidos nunha lista de 25 persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda nos seus respectivos municipios.
No caso de Arteixo a vivenda está ubicada na rúa Calderón de la Barca e ten unha superficie útil de 80,35 metros cadrados, 3 habitacións con garaxe e rocho. No caso da cidade de Santiago o piso sorteado está ubicado na rúa Evaristo Nogueira ten unha superficie útil de 81,20 metros cadrados e contan tamén con garaxe e rocho.
Os adxudicatarios poderán optar á vivenda en réxime de compravenda ou en réxime de arrendamento cunha vixencia de 7 anos prorrogables por períodos anuais. Trenor destacou que “a Xunta aposta por facilitar o acceso a vivendas aos colectivos con maiores dificultades”.