A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, co secretario xeral de Vivenda, Heriberto García Porto, mantivo esta mañá unha reunión con este ente
A Xunta e a Federación Galega de Construción alíanse para acadar o obxectivo de duplicar o parque público de vivenda en Galicia
No encontro de hoxe abordaron os dous retos de lexislatura para a Consellería, que son chegar ás 8.000 vivendas públicas e facilitar solo para construír 25.000 novas, 20.000 delas protexidas
A xuntanza enmárcase nos encontros que vén levando a cabo a Xunta co sector da construción para coñecer as súas inquedanzas e informalos sobre as medidas impulsadas no eido das infraestruturas e a vivenda
A Xunta e a Federación Galega de Construción acordaron realizar encontros con maior periodicidade co obxectivo de manter esta fluidez no diálogo
- Compartir
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2024
A Xunta e a Federación Galega de Construción alíanse para acadar o obxectivo de duplicar o parque público de vivenda en Galicia.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, mantivo hoxe unha reunión coa Federación Galega da Construción, presidida por Diego Vázquez Reino.
Neste encontro abordaron os dous retos estratéxicos de lexislatura para a Consellería, que son duplicar o parque público ata chegar ás 8.000 vivendas e facilitar solo para construír 25.000 novas, 20.000 delas protexidas.
Cómpre lembrar que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas é o departamento por excelencia de contratación da Xunta. Os Orzamentos da Consellería para 2025 suman 513,8M€, 241M€ para vivenda e urbanismo, triplicando os investimentos reais en vivenda.
A xuntanza celebrada hoxe enmárcase nos encontros que vén levando a cabo a Xunta con representantes do sector da construción para coñecer de primeira man as inquedanzas do colectivo e informalos sobre as medidas que o Goberno galego impulsa no eido das infraestruturas e a vivenda.
Co obxectivo de manter esta fluidez no diálogo entre a Xunta e o sector, hoxe acadaron o compromiso de realizar encontros con maior periodicidade.