A Xunta recibe 14 ofertas para a contratación dos servizos de dirección de execución e seguridade e saúde da construción de 50 vivendas en Xuxán, na Coruña
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou en agosto os contratos por máis de 163.000 euros
A Xunta adxudicou este mes de setembro a construción deste novo edificio de 50 vivendas de promoción pública, cun investimento de 10,4M€
No barrio coruñés prevese unha cifra global en torno ás 1.600 vivendas protexidas
- Compartir
Santiago de Compostela 30 de setembro de 2024
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu un total de 14 ofertas para a contratación dos servizos de dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde para a construción de 50 vivendas de promoción pública na parcela Z-38 do barrio de Xuxán, no concello da Coruña
Para o servizo de dirección de execución das obras recibíronse seis ofertas. O contrato foi licitado o 12 de agosto pasado por importe de 133.090,08 euros. Para o servizo de coordinación de seguridade e saúde foron oito as ofertas recibidas. Este contrato licitouse o 12 de agosto pasado por importe de 29.913,27 euros.
Cómpre lembrar que a Xunta adxudicou este mes de setembro a construción deste novo edificio de 50 vivendas de promoción pública, cun investimento de 10,4 M€,
No barrio coruñés prevese unha cifra global en torno ás 1.600 vivendas protexidas.