A Xunta recibiu 33 ofertas para a redacción dos proxectos de dous grupos de vivendas de promoción pública en Valdecorvos, no concello de Pontevedra
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitou en xuño a redacción dos seus proxectos por preto de 600.000 euros.
Estas vivendas sumaranse ás 74 cuxa construción acaba de iniciarse
En total, o investimento previsto na construción das 178 vivendas de Valdecorvos superará os 35 M€
- Compartir
Santiago de Compostela 24 de xullo de 2024
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas recibiu un total de 33 ofertas para a redacción dos proxectos para a construción de 104 vivendas de promoción pública en Valdecorvos, no concello de Pontevedra.
Para a redacción do proxecto para 56 vivendas na parcela P-14 de Valdecorvos recibíronse 17 ofertas, mentres que foron 16 para a redacción do proxecto de 48 vivendas na parcela P-17.
A redacción dos proxectos foi licitada a comezos do pasado mes de xuño, por un importe total de 592.518,80 euros.
Por outra parte, a Xunta iniciou este mes de xullo a construción de 74 vivendas de promoción pública na parcela P-16 de Valdecorvos.
En total, o investimento previsto pola Administración autonómica na construción das 178 vivendas de Valdecorvos superará os 35 millóns de euros.