Volver ao contido

Portal IGVS

Requisitos para a inscrición

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Vivenda
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Plans e programas
    • Aluguer
    • Adquisición
    • Vivendas de Promoción Pública (VPP)
    • Vivenda de Proteccion Autonómica (VPA)
    • Censo de vivendas baleiras
    • Sorteos
    • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda
  • Requisitos para a inscrición
    • Quen pode inscribirse?
    • Requisitos para a inscrición
    • Cómo podo inscribirme?
    • Onde podo inscribirme?
    • Cómo se adxudican as vivendas?
    • Baixa no rexistro
    • Excepcións á obriga de inscrición no rexistro
volver Volver
  • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Quen pode inscribirse?
    • Requisitos para a inscrición
    • Cómo podo inscribirme?
    • Onde podo inscribirme?
    • Cómo se adxudican as vivendas?
    • Baixa no rexistro
    • Excepcións á obriga de inscrición no rexistro

REXISTRO DE DEMANDANTES DE VIVENDA PROTEXIDA

Requisitos para a inscrición no rexistro de demandantes de vivenda protexida de galicia referidos á unidade familiar ou de convivencia

Escoitar
04/09/2007
  • Compartir

1. Persoas residentes en Galicia.

2. Carecer dunha vivenda en propiedade coas seguintes excepcións:

- A vivenda resulte inadecuada ou insuficiente para as necesidades da unidade familiar ou de convivencia, nos seguintes termos:

I. Presúmense inadecuados os edificios e vivendas que non teñan un fin propiamente residencial e os que se atopen en situacións de ruína, así como as vivendas que teñan deficiencias, non imputables á falta de mantemento pola persoa solicitante, que afecten de forma notoria a habitabilidade, debidamente acreditadas por técnico competente.

II. Considérase que unha vivenda ten unha superficie insuficiente para a composición da unidade familiar ou de convivencia cando a cada ocupante lle correspondan menos de 10 metros cadrados de superficie útil, non computándose para o efecto a dedicada a baños, corredores e tendais.

No suposto de que habiten a vivenda dúas unidades familiares ou de convivencia distintas, e sempre que a dita circunstancia se produza cunha antelación de cando menos un ano á data da adxudicación das vivendas, o límite de superficie útil sinalado no parágrafo anterior incrementarase ata 20 metros cadrados por ocupante, con idénticas minoracións para efectos de cómputo.

III. Enténdese que unha vivenda é inadecuada por causa de mobilidade cando a súa configuración arquitectónica, distribución espacial, localización ou accesos supoñan unha grave perda de funcionalidade para o membro da unidade familiar ou de convivencia con mobilidade reducida.

- Excepcionalmente, poderán acceder a unha vivenda protexida as persoas que sexan propietarias doutra vivenda cando estea suxeita a expediente de expropiación forzosa ou desafiuzamento xudicial ou administrativo non imputable a elas, e as que ocupen aloxamentos provisionais como consecuencia de operacións de emerxencia ou remodelación que impliquen a perda da súa vivenda ou calquera outra situación excepcional declarada polos servizos sociais do concello competente ou pola consellaría competente en materia de vivenda.

- Que a vivenda resulte sobrevidamente inadecuada para as súas circunstancias persoais ou familiares, e sempre que se garantise que non posúen simultaneamente máis dunha vivenda protexida.

- Que sexa privado do uso da vivenda libre por causas non imputables ós interesados, ou cando o valor da vivenda, ou do dereito da persoa interesada sobre a mesma, determinado de acordo coa normativa do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais, non exceda do 40 % do prezo da vivenda que se pretende adquirir. Este valor elevarase ao 60 % nos supostos seguintes:

  • Persoas maiores de 65 anos.

  • Mulleres vítimas de violencia de xénero.

  • Vítimas do terrorismo.

  • Familias numerosas.

  • Familias monoparentais con fillos.

  • Persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida, e as familias que as teñan ao seu cargo. 

Non obstante o anterior, non poderán acceder a vivendas de promoción pública (VPP) os que se atopen nalgunha das seguintes circunstancias:

a) Que xa foran titulares de vivendas de protección oficial de promoción pública e a perdesen como consecuencia dun procedemento de desafiuzamento, resolución de contrato tramitado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo ou a alleasen por calquera causa, coa excepción de cambio de residencia por motivos laborais, ou outros xustificados, a xuízo da Xunta Cualificadora.

b) Que sexan titulares de bens inmobles de natureza rústica ou urbana suxeitos ao imposto sobre bens inmobles que teñan un valor catastral superior a 30.000 euros.

 

3. Acreditar os seguintes ingresos dependendo da clase e modalidade/réxime de vivenda protexida ao que se queira acceder:

 

Clase de vivenda protexida

Modalidade/ Réxime

Tramos de ingresos máximos

Vivenda de promoción pública (VPP)

 

Con carácter xeral

3 veces IPREM*

En núcleo rural e conxuntos históricos

5,5 veces IPREM

Vivenda de protección autonómica (VPA)

Especial

3,5 veces IPREM

Xeral

5 veces IPREM

Concertado

6,5 veces IPREM

*Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples 

O número de veces do IPREM ponderarase en función dos seguintes coeficientes multiplicativos, segundo corresponda:

  • Familias dun membro: 1,00.

  • Familias de dous membros: 0,90.

  • Familias de tres membros: 0,80.

  • Familias de catro membros: 0,75.

  • Familias de cinco ou máis membros: 0,70.

     

- Se a vivenda estivese situada nun concello dos declarados como ámbitos territoriais de prezo máximo superior (ATPMS: A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra), aplicarase o tramo seguinte ao que lle correspondese.

- Se algún membro da unidade familiar é unha persoa con discapacidade, nas condicións establecidas na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas, o coeficiente corrector aplicable será o do tramo seguinte ao que lle correspondese conforme o previsto nos puntos anteriores.

- No caso de mulleres xestantes, o/a fillo/a ou fillos/as concibidos e non nacidos contarán como membros da unidade familiar para os efectos da aplicación do coeficiente multiplicativo corrector sempre que na aplicación desta fórmula se obteña un maior beneficio. Igual tratamento terá a acreditación da adopción en trámite.

No suposto de que a unidade de convivencia estea composta por máis dunha unidade familiar das establecidas na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas, os ingresos de cada unidade familiar, convertidos en número de veces o IPREM e ponderados conforme o previsto nos puntos anteriores sumaranse e o importe total nunca poderá ser superior ao límite de ingresos esixidos para o acceso á vivenda de que se trate.

Para o acceso á compra dunha vivenda protexida deberá acreditarse que os ingresos familiares non sexan inferiores a 0,7 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM). Para o cómputo destes ingresos non serán de aplicación os coeficientes multiplicativos correctores previstos para a ponderación de ingresos.

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2025 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 20 de xaneiro de 2025 polo que se determinan os ingresos para acceder ás vivendas protexidas.
Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autonoma de Galicia

Documentos relacionados

  • Ingresos ponderados para o acceso ás vivendas protexidas
  • VI428C - Solicitude - Inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida de Galicia
  • Solicitude de renovación da inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autonoma de Galicia

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal