Volver ao contido

Portal IGVS

Declaración de áreas Rexurbe

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Rehabilitación
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Axudas destinadas a concellos
    • Actuacións IGVS
    • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Axudas destinadas a concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
    • Áreas Rexurbe
    • Axentes colaboradores
    • Rehabilitación barrios
  • Áreas Rexurbe
    • Fondo de cooperación
    • Vivendas de titularidade municipal
    • Infravivenda
    • Áreas Rexurbe
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI
  • Declaración de áreas Rexurbe
    • Declaración de áreas Rexurbe
    • Plans de dinamización
    • Centro Rexurbe
volver Volver
  • Áreas Rexurbe
    • Declaración de áreas Rexurbe
    • Plans de dinamización
    • Centro Rexurbe
centro-de-innovacion-cultural

Rehabilitación

AREA REXURBE

Escoitar
Tue Feb 18 16:55:00 CET 2025
  • Compartir

Requisitos

Poderán solicitar a declaración de áreas Rexurbe os concellos que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Que teñan no seu termo municipal un conxunto histórico declarado ben de interese cultural.
  2. Que o conxunto histórico se atope na seguinte situación:
  • Un proceso de degradación arquitectónica, urbanística ou ambiental, motivada, entre outros factores, pola obsolescencia do parque edificado, pola inadecuación ás necesidades poboacionais, polos déficits notorios e xeneralizados na calidade das vivendas, polos equipamentos, as dotacións e os servizos públicos do ámbito, pola degradación ambiental da zona e pola falta de conservación de bens e conxuntos edificatorios suxeitos a calquera réxime de protección do patrimonio cultural.
  • Situacións demográficas delicadas, derivadas dunha perda substancial ou dun envellecemento xeneralizado da poboación, ou por un crecemento excesivo non asumible urbanísticamente.
  • Existencia de graves problemas económicos e sociais, desaceleración constante da taxa de actividade económica e porcentaxes significativas de poboación que perciba pensións asistenciais ou non contributivas ou en risco de exclusión social.

 

O ámbito territorial de actuación poderá ser continuo ou descontinuo. En todo caso, o ámbito incluirá un mínimo de cincuenta inmobles con necesidades de intervención.

 

Sen prexuízo do anterior, poderá ser declarada área Rexurbe unha zona concreta especificamente delimitada e continua, comprendida nun ben de interese cultural e incluída previamente nunha área de rehabilitación integral, cando unicamente nesta zona concorran as circunstancias sinaladas anteriormente, agás a exixencia dun mínimo de cincuenta inmobles con necesidades de intervención, e as súas dimensións espaciais e económicas sexan especialmente significativas en relación co conxunto, mantendo o resto do ámbito a súa declaración orixinaria.

 

Excepcional e motivadamente, poderanse declarar áreas Rexurbe outros ámbitos urbanos que, sen ter a consideración de ben de interese cultural, se atopen especialmente obsoletos e degradados nas condicións sinaladas anteriormente, agás a exixencia dun mínimo de cincuenta inmobles con necesidades de intervención, e que polas súas características, a especial incidencia no ámbito urbano e a necesidade urxente de actuación así sexa acordado polo Consello da Xunta de Galicia.

 

Procedemento de declaración

A solicitude de declaración dunha área Rexurbe presentarase por parte do concello ante o IGVS cunha proposta que delimitará o ámbito e comprenderá, de maneira desglosada, a estratexia social, económica, urbanística e arquitectónica que se pretende levar a cabo para acadar a efectiva recuperación e dinamización do ámbito.

Antes de presentar a solicitude o concello deberá contactar coa Dirección Xeral do IGVS para realizar unha avaliación previa e facilitarlle unha ficha na que se recollerán os factores necesarios para poder presentar a citada proposta.

A declaración do ámbito como área Rexurbe corresponderá ao Consello da Xunta, por proposta da consellería con competencias en materia de vivenda e previos informes sectoriais oportunos.

Esta declaración publicarase no Diario Oficial de Galicia.

 

Efectos da declaración

Conforme ao establecido no artigo 55.3 da Lei 1/2019, do 22 de abril, a declaración de área Rexurbe permitirá que dentro do ámbito da área se poida optar ás medidas e aos instrumentos de financiamento previstos nesta lei e na normativa de desenvolvemento especificamente para as áreas de rexeneración urbana de interese autonómico.

Trala declaración da área Rexurbe, o concello deberá elaborar o proxecto do plan de dinamización de acordo cos obxectivos, criterios básicos da intervención, proposta das medidas que deberán adoptarse e avaliación económica das actuacións públicas e privadas que se prevexan na declaración, indicando o organismo ou organismos encargados do seu financiamento.

Ademais, o concello deberá contar cun centro de rexeneración urbana de interese autonómico.

 

Áreas Rexurbe declaradas

O Consello da Xunta de Galicia declarou áreas de rexeneración urbana de interese autonómico nos concellos (ver documentos relacionados)

Normativas relacionadas

Ley 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación y de regeneración y renovación urbanas de Galicia.

Documentos relacionados

  • Mondoñedo - Resolución do 17 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de febreiro de 2020, polo que se declara área de rexeneración urbana de interese autonómico o conxunto histórico de Mondoñedo e unha zona contigua de características similares.
  • A Coruña - Resolución do 25 de xuño de 2020 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de xuño de 2020, polo que se declara no concello da Coruña área de rexeneración urbana de interese autonómico o ámbito descontinuo formado pola améndoa central da Cidade Vella e o eixe Orzán-Panadeiras.
  • Ribadavia - Resolución do 10 de xullo de 2020 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de xullo de 2020 polo que se declara área de rexeneración urbana de interese autonómico o conxunto histórico de Ribadavia.
  • Tui - Resolución do 27 de setembro de 2021 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 9 de setembro de 2021, polo que se declara unha área de rexeneración urbana de interese autonómico no concello de Tui.
  • Ribadeo - Resolución do 12 de xaneiro de 2022 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2021, polo que se declara unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello de Ribadeo.
  • Ferrol - Resolución do 2 de febreiro de 2022 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de xaneiro de 2022 polo que se declara unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello de Ferrol (A Coruña).
  • Betanzos - Resolución do 24 de febreiro de 2023 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 26 de xaneiro de 2023, polo que se declara unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello de Betanzos (A Coruña).
  • Monforte de lemos - Resolución do 6 de agosto de 2024 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 5 de agosto de 2024, polo que se declara unha área de rexeneración urbana de interese autonómico no concello de Monforte de Lemos.
  • Baiona - Resolución do 3 de decembro de 2024 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 2 de decembro de 2024, polo que se declara unha área de rexeneración urbana de interese autonómico no concello de Baiona.
  • Ourense - Resolución do 5 de marzo de 2025 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de marzo de 2025, polo que se declara unha área de rexeneración urbana de interese autonómico no concello de Ourense

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal