Habitabilidade
- Compartir
Almacenamento:
A vivenda deberá albergar o programa mínimo dentro da edificación principal e con acceso dende o interior de ésta, exceptuándose desta obriga o espazo para tendal nas vivendas unifamiliares, que pode dispoñerse na parcela, sempre que se cumpran unha serie de requisitos (I.A.3.2.2.7.e). O almacenamento xeral e o persoal deben estar no interior da vivenda, forman parte do programa mínimo da mesma (I.A.3.2.2.2., I.A.3.2.2.2.).
Non confundir rocho (I.B.4.a)...espacios de almacenamento independentes das vivendas pero situados no propio edificio) con almacenamento xeral. O rocho na vivenda unifamiliar debe ser un elemento anexo á vivenda (artigo 7º), e inseparable dela (I.B.4-b), con acceso dende un lugar que non forme parte da superficie útil do programa mínimo de vivenda e os seus espazos de comunicación (I.A.3.1.2-j). Este acceso debe estar no interior do edificio (I.B.4.a), entendendo como parte deste -no caso de vivenda unifamiliar- o espazo da propia parcela urbanizado e inmediato á vivenda.
Seguindo o apartado I.A.3.2.2.3 Almacenamento xeral: ...deberá disporse nos espazos de comunicación da vivenda, ou en recinto independente con acceso desde estes espazos de comunicación. O almacenamento forma parte do programa mínimo da vivenda, ao contrario que o garaxe, que é un anexo, como o rocho. Cumprirá os requisitos do apartado mencionado.
Debido ás características especiais das vivendas unifamiliares, entendemos que o acceso ao almacenamento xeral pode realizarse tanto dende os espazos de comunicación da propia vivenda como dende o garaxe ou outros espazos do edificio, sempre que quede garantida a comunicación polo interior do mesmo entre o almacenamento e os espazos da vivenda propiamente dita.
A superficie de almacenamento persoal dunha vivenda compútase como se indica no apartado: I.A.3.2.2.2.a) das NHV, é dicir:
- a) Agás a estancia maior, as outras estancias disporán dun espazo para almacenamento persoal cunha superficie mínima en planta de 0,80 m 2 en estancias de menos de 12 m 2 e de 1,2 m 2 en estancias de 12 ou máis m 2, cunha altura mínima de 2,20 m, un fondo mínimo de 0,60 m e un fondo máximo de 0,75 m.
- b) Estes espazos de almacenamento persoal poderán estar situados nunha zona específica destinada a vestidor ou nos espazos de comunicación da vivenda. A súa superficie mínima poderá deducirse da das estancias a efectos do cumprimento das superficies mínimas previstas na Táboa 1.
- c) Os espazos de almacenamento persoal non poderán invadir o cadrado base definido no apartado I.A.2.2. Cando estean delimitados por tabiques, estes non se considerarán aos efectos da redución do largo mínimo da estancia.
Como se deduce do anterior, o almacenamento dun dormitorio, non se pode situar dentro da superficie doutro dormitorio distinto, aínda que si se pode extraer do dormitorio correspondente cara outros espazos: vestidores ou espazos de comunicación.
A profundidade máxima é unha das condicións que debe cumprirse nos espazos de almacenamento (I.A.3.2.2.3.a), independentemente da situación dos mesmos. No teu caso, un espazo de 1m. x 1m. daría como resultado un espazo de almacenamento xeral de 1 m. x 0,75 m. de profundidade máxima, o que non cumpriría coa superficie mínima. Deberá ser, polo menos, de 0,75 m. de profundidade e de 1,33 m. de largo para cumprir a superficie mínima de almacenamento xeral (1 m 2)
-Se temos un salón pasante (ao que se lle aumentou a superficie en 2 m 2 por este motivo) ¿pódese colocar aí o almacenamento xeral?.
O almacenamento xeral -e o persoal no caso de deducirse dos dormitorios- (I.A.3.2.2.2. b) e I.A.3.2.2.3.b)) deberá estar nos espazos de comunicación da vivenda ou nun espazo destinado a ese uso (vestidor no caso do persoal ou recinto independente con acceso dende espazos de comunicación no caso do almacenamento xeral ou da suma de ambos).
-O almacenamento xeral pode agruparse co almacenamento persoal segundo a normativa ¿quere isto dicir que poderiamos ter un espazo de almacenamento xeral de, p.e.: 0,50 m 2 se o conxunto do almacenamento suma a superficie mínima designada pola normativa?
Non, as estancias (agás a maior) deberán ter unha superficie de almacenamento persoal mínima, que poderá extraerse fóra da habitación ou agregarse á de almacenamento xeral, pero non disgregarse en partes que acaben resultando inútiles para o seu cometido. Só no caso de agrupar ambos os dous almacenamentos nun recinto fóra das estancias, con entrada desde as zonas de comunicación, a superficie se distribuirá de xeito máis flexible, tendo en conta a forma do recinto, pero mantendo a superficie total necesaria por normativa.
-¿Pódense agrupar os espazos de almacenamento persoal? e dicir: ¿poderíamos ter un armario de menos de 1,20 m 2 nun dormitorio de 12 m 2 se a superficie total de almacenamento suma a superficie mínima designada pola normativa?
Non. A superficie de almacenamento persoal é un mínimo que pode estar situado nos dormitorios ou fóra deles, pero non se contempla nas NHV a súa disgregación, posto que é unha superficie para un uso concreto. O que si se contempla é a agregación
Documentos relacionados
- Decreto 44/2011, do 10 de marzo, polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago
- Decreto 29/2010, do 24 de marzo, sobre normas de habitabilidade de vivendas de Galicia
- Correción de erros do Decreto 29/2010, do 24 de marzo, sobre normas de habitabilidade de vivendas de Galicia