- Inicio
- Áreas
- Vivenda
- Realoxos
-
Lei 8/2012, de 29 de xuño, de Vivenda de Galicia
- Lei 8/2012, de 29 de xuño, de Vivenda de Galicia
- Afectados por execucions hipotecarias
- Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a FEGAMP
- Programa Reconduce
- Plan Rehabita
- Convenio coa Sareb
- Convenio co Valedor do Pobo
- Convenios de colaboración con Entidades Financeiras
- Bono de Aluguer Social
- Censo de Vivendas Baleiras
- Convenio co Consello da Avogacía Galega
-
Realoxos
- Lei 8/2012, de 29 de xuño, de Vivenda de Galicia
- Afectados por execucions hipotecarias
- Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a FEGAMP
- Programa Reconduce
- Plan Rehabita
- Convenio coa Sareb
- Convenio co Valedor do Pobo
- Convenios de colaboración con Entidades Financeiras
- Bono de Aluguer Social
- Censo de Vivendas Baleiras
- Convenio co Consello da Avogacía Galega
Realoxos
Lei 8/2012, de 29 de xuño, de Vivenda de Galicia
- Compartir
A Lei 8/2012, de 29 de xuño, de Vivenda de Galicia xa estableceu medidas para evitar os desafiuzamentos nas vivendas de promoción publica e permitir a dación en pago nas vivendas protexidas.
No eido da vivenda de promoción pública, o artigo 54 establece a posibilidade de aprazar ou fraccionar o pago das vivendas no caso de imposibilidade acreditada de pagamento por unha situación transitoria de precariedade económica. Así, durante estes anos non se produciu ningún desafiuzamento por falta de pago nas vivendas de promoción publica.
Polo que respecta ás vivendas de protección autonómica, o artigo 64.2 da Lei de Vivenda posibilita dación en pago destas vivendas ao permitir a adquisición das mesmas por parte de entidades financeiras, co fin de evitarlles maiores gastos aos propietarios, e coa obriga de que a entidade financeira destine a vivenda exclusivamente á finalidade e aos destinatarios que determine o réxime xurídico aplicable ás mesmas, conforme o previsto na súa cualificación como vivendas protexidas.
Ademais con carácter xeral:
A disposición adicional oitava da Lei de Vivenda establece que “O Goberno de Galicia procurará a adopción de medidas e mecanismos que sirvan para paliar os obstáculos que dificultan a permanencia ou o acceso a unha vivenda digna e adecuada, en particular para aqueles que por circunstancias sobrevidas alleas á súa vontade teñen extraordinarias dificultades para facerlles fronte aos créditos hipotecarios que gravan a súa vivenda habitual...”