Volver ao contido

Portal IGVS

Covid-19

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Vivenda
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Covid-19
    • Plans e programas
    • Aluguer
    • Adquisición
    • Vivendas de Promoción Pública (VPP)
    • Vivenda de Proteccion Autonómica (VPA)
    • Censo de vivendas baleiras
    • Sorteos
    • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda
volver Volver
  • Vivenda
    • Plans e programas
    • Aluguer
    • Adquisición
    • Vivendas de Promoción Pública (VPP)
    • Vivenda de Proteccion Autonómica (VPA)
    • Censo de vivendas baleiras
    • Sorteos
    • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda

MORATORIA DOS CRÉDITOS HIPOTECARIOS EN CASOS DE SITUACIÓN DE VULNERABILIDAD COMO CONSECUENCIA DO COVID 19

Escoitar
Tue Sep 04 14:59:00 CEST 2007
  • Compartir

BENEFICIARIOS

  • Debedores con hipoteca sobre a súa vivenda habitual.
  • Fiadores e avalistas de outro debedor que avalasen coa súa vivenda habitual.

REQUISITOS DA HIPOTECA

  • A hipoteca deberá ter sido destinada a adquisición dun dos seguintes bens:
    • A vivienda habitual.
    • Inmobles afectos á actividade económica que desenvolvan os empresarios e profesionais incluídos no Real Decreto
    • Vivendas distintas á habitual en situación de alugueiro e para as que o debedor hipotecario persoa física, propietario e arrendador de ditas vivendas, deixara de percibir a renda do alugueiro dende a entrada en vigor do Estado de alarma ou deixe de percibila ata un mes despois da finalización do mesmo.

REQUISITOS

  • Que o titular da hipoteca se atope en situación de vulnerabilidade económica. Inclúense os seguintes supostos, sempre que sexan como consecuencia da emerxencia sanitaria ocasionada polo Covid-19:
    • Traballador en situación de desemprego
    • Empresario ou profesional: perda substancial de ingresos ou unha caída substancial das súas vendas do 40 por cento.
  • Ingresos da unidade familiar
    Compútanse os ingresos de todos os membros que compoñen a unidade familiar, correspondentes ao mes anterior á solicitude.

O límite máximo de ingresos é o seguinte, segundo as condicións dos membros da unidade familiar:

 

INGRESOS MÁXIMOS 1
CONDICIÓNS
3 IPREM
1.613,52 €
Aplicables con carácter xeral
4 IPREM
2.151,36 €
Aplicable cando 1 membro da unidade familiar cumpra unha destas condicións:
  • Teña declarada discapacidade superior ao 30 por cento
  • Estea en situación de dependencia
  • Padeza enfermidade que o incapacite acreditadamente de forma permanente para realizar unha actividade laboral
5 IPREM
2.689,20 €
Aplicable cando o arrendatario cumpra unha destas condicións:
  • Parálise cerebral
  • Enfermidade mental
  • Discapacidade intelectual, cun grado recoñecido igual ou superior ao 33%.
  • Discapacidade física ou sensorial, cun grado recoñecido igual ou superior ao 65%
  • Enfermidade grave que incapacite acreditadamente, á persoa ou ao seu coidador, para realizar unha actividade laboral


1 O Real Decreto establece que o límite máximo de ingresos se incrementará 0,1 veces o Iprem por fillo ou persoa maior de 65 anos e de 1,5 veces o Iprem por fillo no caso de familias monoparentais.

Composición da unidade familiar. Considerase unidade familiar a composta por:

  • O arrendatario.
  • O seu cónxuxe no separado legalmente ou parella de feito inscrita
  • Os fillos, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, incluíndo os vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar e o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito inscrita, que residan na vivenda.

Pago mensual de hipoteca e subministros.


O custe mensual da hipoteca sumado ao dos subministros básicos para a mesma (auga corrente, electricidade, gas, gasóleo para calefacción, servicios de telecomunicación fixa e móbil e posibles contribucións á comunidade de propietarios) deberán ser iguais ou superiores ao 35 por cento dos ingresos netos mensuais que perciba o conxunto de membros da unidade familiar.

 

SOLICITUDE DE MORATORIA


O inquilino presentará ante a entidade financeira a solicitude de moratoria e a documentación indicada no Real Decreto.

Prazo de presentación da solicitude: ata 15 días despois do fin do estado de alarma.

RESPOSTA Á SOLICITUDE DE MORATORIA


O prazo de resposta por parte da entidade acredora é de 15 días a partir da presentación da solicitude.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA


Xunto coa solicitude de moratoria, o arrendatario deberá presentar ao propietario da vivenda a seguinte documentación:

  • Desemprego: certificado expedido pola entidade xestora das prestacións. Debe constar a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.
  • Cese de actividade dos traballadores por conta propia: certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da Comunidade Autónoma sobre a base da declaración de cese de actividade realizada polo interesado.
  • Número de persoas que habitan na vivenda habitual:
    • Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito.
    • Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.
    • Declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente para realizar una actividade laboral.
  • Titularidade dos bens:
    • Nota simple do servicio de índices do Rexistro da Propiedade de todos os membros da unidade familiar.
      A nota simple pode solicitarse enviando un correo electrónico, ben ao Rexistro da Propiedade onde estea inscrita a vivenda habitual do interesado ou ben, a calquera outro da mesma poboación. Máis información en www.registradores.org
    • Escrituras de compravenda da vivenda ou do inmoble suxeito á hipoteca e de concesión do préstamo con garantía hipotecaria.
    • Contrato de arrendamento no caso de que a vivenda estea alugada.
  • Declaración responsable do debedor ou debedores relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos para considerarse sen recursos económicos suficientes segundo o real decreto-lei.

No caso de que o solicitante da moratoria non poida aportar algún dos documentos indicados poderá substituílo mediante unha declaración responsable que inclúa a xustificación dos motivos, relacionados coas consecuencias da crisis do COVID-19, que lle impiden tal aportación. Tras a finalización do estado de alarma e as súas prórrogas disporá do prazo de un mes para achegar os documentos que no tivera facilitado.

EFECTOS DA MORATORIA

Os efectos da moratoria son os seguintes:

  • Suspensión do pago da hipoteca durante o prazo de tres meses e a conseguinte non aplicación durante o período de vixencia da moratoria da cláusula de vencemento anticipado que, no seu caso, constara no contrato de préstamo con garantía hipotecaria.

A duración da suspensión poderá ser ampliada por acordo do Consello de Ministros.

Documentos relacionados

  • GUÍA de requisitos da moratoria no pagamento das vivendas de promoción pública e dos locais de negocio propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19
  • GUÍA dos requisitos da moratoria no pagamento das vivendas de promoción pública en réxime de compravenda con garantía hipotecaria a favor do Instituto Galego da Vivenda e Solo para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19
  • Solicitude da moratoria no pagamento de recibos de vivendas de promoción pública en réxime de compravenda con garantía hipotecaria inscrita no rexistro da propiedade a favor do IGVS

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal