MORATORIA DOS CRÉDITOS HIPOTECARIOS EN CASOS DE SITUACIÓN DE VULNERABILIDAD COMO CONSECUENCIA DO COVID 19
- Compartir
BENEFICIARIOS
- Debedores con hipoteca sobre a súa vivenda habitual.
- Fiadores e avalistas de outro debedor que avalasen coa súa vivenda habitual.
REQUISITOS DA HIPOTECA
- A hipoteca deberá ter sido destinada a adquisición dun dos seguintes bens:
- A vivienda habitual.
- Inmobles afectos á actividade económica que desenvolvan os empresarios e profesionais incluídos no Real Decreto
- Vivendas distintas á habitual en situación de alugueiro e para as que o debedor hipotecario persoa física, propietario e arrendador de ditas vivendas, deixara de percibir a renda do alugueiro dende a entrada en vigor do Estado de alarma ou deixe de percibila ata un mes despois da finalización do mesmo.
REQUISITOS
- Que o titular da hipoteca se atope en situación de vulnerabilidade económica. Inclúense os seguintes supostos, sempre que sexan como consecuencia da emerxencia sanitaria ocasionada polo Covid-19:
- Traballador en situación de desemprego
- Empresario ou profesional: perda substancial de ingresos ou unha caída substancial das súas vendas do 40 por cento.
- Ingresos da unidade familiar
Compútanse os ingresos de todos os membros que compoñen a unidade familiar, correspondentes ao mes anterior á solicitude.
O límite máximo de ingresos é o seguinte, segundo as condicións dos membros da unidade familiar:
INGRESOS MÁXIMOS 1 | CONDICIÓNS |
3 IPREM 1.613,52 € | Aplicables con carácter xeral |
4 IPREM 2.151,36 € | Aplicable cando 1 membro da unidade familiar cumpra unha destas condicións:
|
5 IPREM 2.689,20 € | Aplicable cando o arrendatario cumpra unha destas condicións:
|
1 O Real Decreto establece que o límite máximo de ingresos se incrementará 0,1 veces o Iprem por fillo ou persoa maior de 65 anos e de 1,5 veces o Iprem por fillo no caso de familias monoparentais.
Composición da unidade familiar. Considerase unidade familiar a composta por:
- O arrendatario.
- O seu cónxuxe no separado legalmente ou parella de feito inscrita
- Os fillos, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, incluíndo os vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar e o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito inscrita, que residan na vivenda.
Pago mensual de hipoteca e subministros.
O custe mensual da hipoteca sumado ao dos subministros básicos para a mesma (auga corrente, electricidade, gas, gasóleo para calefacción, servicios de telecomunicación fixa e móbil e posibles contribucións á comunidade de propietarios) deberán ser iguais ou superiores ao 35 por cento dos ingresos netos mensuais que perciba o conxunto de membros da unidade familiar.
SOLICITUDE DE MORATORIA
O inquilino presentará ante a entidade financeira a solicitude de moratoria e a documentación indicada no Real Decreto.
Prazo de presentación da solicitude: ata 15 días despois do fin do estado de alarma.
RESPOSTA Á SOLICITUDE DE MORATORIA
O prazo de resposta por parte da entidade acredora é de 15 días a partir da presentación da solicitude.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
Xunto coa solicitude de moratoria, o arrendatario deberá presentar ao propietario da vivenda a seguinte documentación:
- Desemprego: certificado expedido pola entidade xestora das prestacións. Debe constar a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.
- Cese de actividade dos traballadores por conta propia: certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da Comunidade Autónoma sobre a base da declaración de cese de actividade realizada polo interesado.
- Número de persoas que habitan na vivenda habitual:
- Libro de familia ou documento acreditativo de parella de feito.
- Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.
- Declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente para realizar una actividade laboral.
- Titularidade dos bens:
- Nota simple do servicio de índices do Rexistro da Propiedade de todos os membros da unidade familiar.
A nota simple pode solicitarse enviando un correo electrónico, ben ao Rexistro da Propiedade onde estea inscrita a vivenda habitual do interesado ou ben, a calquera outro da mesma poboación. Máis información en www.registradores.org - Escrituras de compravenda da vivenda ou do inmoble suxeito á hipoteca e de concesión do préstamo con garantía hipotecaria.
- Contrato de arrendamento no caso de que a vivenda estea alugada.
- Nota simple do servicio de índices do Rexistro da Propiedade de todos os membros da unidade familiar.
- Declaración responsable do debedor ou debedores relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos para considerarse sen recursos económicos suficientes segundo o real decreto-lei.
No caso de que o solicitante da moratoria non poida aportar algún dos documentos indicados poderá substituílo mediante unha declaración responsable que inclúa a xustificación dos motivos, relacionados coas consecuencias da crisis do COVID-19, que lle impiden tal aportación. Tras a finalización do estado de alarma e as súas prórrogas disporá do prazo de un mes para achegar os documentos que no tivera facilitado.
EFECTOS DA MORATORIA
Os efectos da moratoria son os seguintes:
- Suspensión do pago da hipoteca durante o prazo de tres meses e a conseguinte non aplicación durante o período de vixencia da moratoria da cláusula de vencemento anticipado que, no seu caso, constara no contrato de préstamo con garantía hipotecaria.
A duración da suspensión poderá ser ampliada por acordo do Consello de Ministros.
Documentos relacionados
- GUÍA de requisitos da moratoria no pagamento das vivendas de promoción pública e dos locais de negocio propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19
- GUÍA dos requisitos da moratoria no pagamento das vivendas de promoción pública en réxime de compravenda con garantía hipotecaria a favor do Instituto Galego da Vivenda e Solo para contribuír a minimizar o impacto económico e social do COVID-19
- Solicitude da moratoria no pagamento de recibos de vivendas de promoción pública en réxime de compravenda con garantía hipotecaria inscrita no rexistro da propiedade a favor do IGVS