Volver ao contido

Portal IGVS

San Paio de Navia

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Solo residencial
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Adquisición de solo residencial
    • Plans e proxectos de solo residencial
    • Adquisición de solo residencial
    • Venda de solo residencial
    • Reserva de Solo
  • San Paio de Navia
    • San Paio de Navia
    • Expropiacións
volver Volver
  • Solo residencial
    • Plans e proxectos de solo residencial
    • Adquisición de solo residencial
      • San Paio de Navia
      • Expropiacións
    • Venda de solo residencial
    • Reserva de Solo

Plan Residencial - San Paio de Navia

Plan Residencial - San Paio de Navia

Escoitar
Thu Apr 19 09:30:00 CEST 2018
  • Compartir

OFERTA PÚBLICA DE PERMUTA PARA OS POLÍGONOS 1, 2 E 3 DO PARQUE RESIDENCIAL DE SAN PAIO DE NAVIA


Resolución pola que se realiza a oferta pública de adquisición, mediante permuta, publicada no Diario Oficial de Galicia do venres 20 de abril de 2018

1.- DEFINICIÓN

A oferta pública, mediante permuta, consiste en:

  • O propietario achega ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) terreos incluídos nos polígonos 1, 2 e 3 do Plan Parcial de San Paio de Navia.
  • O IGVS entregará a cambio edificabilidade en parcelas/rueiros urbanizados.
2.- CONDICIÓNS

A qué poden optar os permutantes:
Os propietarios que permuten terreos, poden solicitar a materialización da edificabilidade que lles corresponda nas parcelas indicadas no anexo da Resolución publicada no DOG.

As parcelas son das seguintes características:

Uso residencial colectivo
Uso residencial colectivo ou en vivenda unifamiliar.
Uso residencial en vivenda unifamiliar
Uso terciario
Ordenanza 4P
Ordenanza 7P
Ordenanza 9P
Ordenanza 11P

 

A oferta estará condicionada á aprobación definitiva da modificación segunda do Plan parcial de San Paio de Navia. A permuta quedará sen efecto de non producirse dita aprobación antes dos 12 meses dende a notificación da resolución que dite a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS relativa á aceptación de permuta.

3.- REQUISITOS DAS PROPOSTAS DE PERMUTA:
  • A superficie proposta para a permuta non poderá ser inferior a 250 m2.
  • Poderanse agrupar varias parcelas, aínda que pertenzan a varios propietarios, nunha única proposta. Non se poderán agrupar cando soliciten parcelas destinadas a vivenda unifamiliar.
  • Non se poderá incluír a mesma parcela en máis dunha proposta de permuta.
  • Deberá especificar o rueiro ou parcelas onde se pretende materializar a edificabilidade e a súa preferencia/alternativa tendo en conta o seguinte:

 

SOLO DE USO RESIDENCIAL

 

SOLO DE USO TERCIARIO

(Parcelas S2 e M-VIB-11)

POLÍGONO 1

POLÍGONO 2

POLÍGONO 3

Poden solicitar parcela os propietarios de terreos emprazados en calquera polígono

Poden solicitar parcela os propietarios de terreos emprazados nos polígono 2 e 3

Poden solicitar parcela os propietarios de terreos emprazados no polígono 3

Poden solicitar parcelas os propietarios de terreos emprazados en calquera polígono

 

Só se poderá solicitar 1 parcela de resultado para vivenda unifamiliar. Poderase ser incrementado en 1 máis por cada descendente directo que estea inscrito no Rexistro de demandantes de vivenda protexida. O número máximo total será de 3.

4.- VALORACIÓN DA PERMUTA:

Superficie a computar en parcelas de orixe, que poden ser obxecto de permuta:

  • A superficie que figure na certificación da Dirección Xeral do Catastro.
  • Non pode haber unha diferenza de superficie superior ao 10% entre a superficie da certificación da Dirección Xeral do Catastro e a do título (rexistrado ou non).


Valoración:

1 m² de terreo de orixe permutarase por:

  • 0,60 m² de edificabilidade en vivenda unifamiliar (Ordenanza 9P)
  • 0,23 m² de edificabilidade na parcelas S2 de uso terciario (Ordenanza 11P)
  • 0,25 m² de edificabilidade na parcela M-VIB-11(Ordenanza 11P)
  • 0,57 m² no resto de parcelas (Ordenanzas 4P e 7P)

 

Os importes resultantes dos excesos ou defectos de edificabilidade serán abonados en metálico por quen corresponda (permutante ou IGVS), no momento da formalización en escritura pública do acordo de permuta. Estos importes non poderán ser superiores ao 50 % do valor da permuta.


5.- CONDICIÓNS DA PERMUTA

En función da superficie permutada e a superficie de edificabilidade que lles corresponda a cambio, os propietarios de solo poden optar a: 
 

Parcelas para vivenda unifamiliar
Rueiros completos para vivenda colectiva
Edificabilidade en parcelas adxudicadas en proindiviso
Poden optar todos os propietarios de polo menos 250 metros cadrados de terreo
Poden optar os propietarios ou agrupacións de propietarios que reúnan como mínimo o 80% da edificabilidade da parcela.
Deberán adquirir a porcentaxe que lles falte ata completar o 100% da edificabilidade.
Resto de propietarios.
O IGVS reservase o 20% da edificabilidade da parcela.
A parcela será vendida polo IGVS en concurso público.
Os propietarios cobrarán en metálico segundo a porcentaxe de edificabilidade que posúan
Deberán cumprir os requisitos establecidos no punto 7


6.- DOCUMENTACIÓN NECESARIA QUE SE DEBERÁ ACOMPAÑAR COA PROPOSTA DE PERMUTA:
  • Copia do DNI de todos os titulares.
  • Copia auténtica do documento público xustificativo da titularidade.
  • Certificación rexistral actualizada de cada unha das parcelas de orixe a permutar. No caso de que non estea inscrita, aportarase certificación negativa do Rexistro da Propiedade.
  • Declaración responsable da persoa propietaria de que non existen cargas, gravames nin dereitos reais sobre a parcela ou parcelas de orixe.
  • Certificación actualizada descritiva e gráfica da Dirección Xeral do Catastro de cada unha das parcelas de orixe.
  • Certificación acreditativa de atoparse ao corrente do pagamento do Imposto de Bens Inmobles e de calquera outro tributo ao que este suxeito a parcela.
  • Para o caso de que o titular da parcela/s de orixe solicite parcelas de resultado na ordenanza 9P para os seus descendentes directos, documentación acreditativa de dita relación de parentesco, así como o compromiso de que as vivendas que se vaian a construír sexan destinadas a vivenda protexida.
7.- OBRIGAS PARA AS PERSOAS PERMUTANTES ÁS QUE SE ADXUDIQUEN RUEIROS OU PARCELAS COMPLETAS
  • Deberán solicitar a licenza de edificación no prazo de 1 ano, a contar dende a data de materialización da permuta
  • Deberán solicitar a correspondente cualificación como vivenda de promoción autonómica.
  • Deberán iniciar a construción no prazo de 6 meses, a contar dende a obtención da licenza municipal.
  • Deberán realizar ao seu cargo a urbanización interior das parcelas.
  • Deberan finalizar a construción no prazo máximo de 3 anos, a contar dende a obtención da licenza municipal.
  • Deberán solicitar ao IGVS a correspondente autorización para transmitir a edificabilidade, unha vez asinado a correspondente escritura de permuta, ou no seu caso, a correspondente autorización, no suposto de que quixeran promover vivendas protexidas, para as parcelas de resultado da ordenanza 9P
  • Na ordenanza 7P e/ou 4P, deberán destinalas á construción de vivendas protexidas promovidas por unha cooperativa de vivendas, polos propios adquirentes ou por calquera outro promotor que as destine á venda ou alugueiro.

8.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS

Os propietarios de solo no ámbito da ampliación de San Paio de Navia poderán presentar as súas ofertas ata o mércores 20 de xuño de 2018.


Máis información:
www.igvs.es
Teléfono 986 266 477

Documentos relacionados

  • RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2018 pola que se acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante permuta, de terreos para o desenvolvemento dos polígonos 1, 2 e 3 do solo residencial de San Paio de Navia.
  • Parcelas de resultado
  • Numeración de parcelas de resultado Polígono 2 (Etapa III-B)
  • Numeración de parcelas de resultado Polígono 1 (Etapa IV-A y IV-B)
  • Numeración de parcelas de resultado Polígono 2 (Etapa V)
  • Numeración de parcelas de resultado Polígono 3 (Etapa IV-A y IV-B)
  • Numeración de parcelas de orixe (Catastrales) Polígono 2 (Etapa III-B)
  • Numeración de parcelas de orixe (Catastrales) Polígono 1 (Etapa IV-A y IV-B)
  • Numeración de parcelas de orixe (Catastrales) Polígono 2 (Etapa V)
  • Numeración de parcelas de orixe (Catastrales) Polígono 3 (Etapa IV-A y IV-B)

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal