Volver ao contido

Portal IGVS

Eficiencia enerxética PREE5000

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Rehabilitación
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Actuacións IGVS
    • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Axudas destinadas a concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
    • Áreas Rexurbe
    • Axentes colaboradores
    • Rehabilitación barrios
  • Mellora da eficiencia enerxética
    • Rehabilitación edificatoria
    • Mellora da eficiencia enerxética
    • Axudas para vivendas de promoción pública
    • Préstamos para a rehabilitación
    • Áreas de Rehabilitación Integral ARI
    • Accesibilidade
  • Eficiencia enerxética PREE5000
    • Eficiencia energética PREE
    • Eficiencia enerxética PREE5000
    • Mellora da eficiencia enerxética en vivendas
    • Mellora da eficiencia enerxética en edificios
    • Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación
volver Volver
  • Mellora eficiencia enerxética
    • Eficiencia energética PREE
    • Eficiencia enerxética PREE5000
    • Mellora da eficiencia enerxética en vivendas
    • Mellora da eficiencia enerxética en edificios
    • Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación

Rehabilitación

REHABILITACIÓN - EFICIENCIA ENERXÉTICA

Escoitar

Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000)

Thu Dec 30 16:14:00 CET 2021
  • Compartir
SUBVENCIÓN
Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000)
CÓDIGO PROCEDEMENTO
VI406D
PUBLICACIÓN
DOG núm. 212 do 04/11/2021. RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, (Programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406D).
BASES REGULADORAS
BOE núm. 185, do 4/08/2021. Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, polo que se regulan as subvencións a outorgar a actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, en execución do Programa de rehabilitación enerxética para edificios existentes en municipios de reto demográfico (Programa PREE 5000), incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como a súa concesión directa ás comunidades autónomas.
OBXECTO
Contribuír a alcanzar os obxectivos medioambientais e enerxéticos establecidos na normativa da Unión Europea, mediante a realización de actuacións de reforma de edificios existentes, con independencia do seu uso e da natureza xurídica dos seus titulares, que favorezan a redución do consumo de enerxía final e das emisións de dióxido de carbono, mediante o aforro enerxético, a mellora da eficiencia enerxética e o aproveitamento das enerxías renovables, contribuíndo a conseguir así os obxectivos de redución do consumo de enerxía final.
PROCEDEMENTO
Concorrencia non competitiva; as solicitudes atenderanse por rigorosa orde de presentación ata o esgotamento do crédito; entenderase como data de presentación aquela na que o expediente teña toda a documentación que debe acompañar á solicitude.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
DENDE O 03/01/2022 ATA O 30/09/2022.
TIPOLOXÍA DAS ACTUACIÓNS
Tipoloxía 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica.
Tipoloxía 2. Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria
2.1 Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica
2.2 Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica
2.3 Substitución de enerxía convencional por biomasa nas instalacións térmicas
2.4 Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas subtipoloxías 2.1 a 2.3
2.5 Mellora de la eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión das instalacións térmicas
Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación
 
OPCIÓNS SEGUNDO O TIPO DO INMOBLE
Opción A – Actuacións en edificios completos que teñan o uso de vivenda unifamiliar ou edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda.
Opción B – Actuacións en vivendas dun edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, consideradas individualmente. 
PRESENTACIÓN CON OBRAS INICIADAS
Só admitiranse actuacións iniciadas con posterioridade á data de rexistro da solicitude da axuda, non considerándose elixible ningún custo relativo á execución da actuación que teña sido facturado con anterioridade, sen prexuízo do custo correspondente as actuacións preparatorias que sexan necesarios para presentar a solicitude, como poden ser proxecto, memorias técnicas, certificados, etc, que si poderán ser considerados subvencionables, aínda cando tiveran sido facturados con anterioridade e sempre que, en todo caso, estas actuacións preparatorias se tiveran iniciado con posterioridade ao 5 de agosto de 2021.
REQUISITOS

- Deberán realizarse en edificacións existentes construídas con anterioridade ao ano 2007.

- No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, polo menos un 70 % da superficie construída sobre rasante do edificio debe estar destinada a uso residencial.

- As actuacións deberán conseguir as dúas seguintes condicións: Unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30% respecto á situación actual do edificio e a mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 año). Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A. Para a obtención das condicións anteriores poderanse combinar as actuacións que se vaian realizar, non sendo necesario o seu cumprimento por cada actuación individualmente.

PRAZO DE EXECUCIÓN
O prazo máximo para a conclusión das actuacións será de 18 meses, a contar desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda, podendo autorizarse, por razóns xustificadas, ampliacións de prazos para a execución da actuación, que non superen no seu cómputo total os 24 meses.
SOLICITANTES
a) As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda existentes.
b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme co disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.
CONTÍA DAS AXUDAS. LÍMITE MÁXIMO POR % DO INVESTIMENTO
TIPOLOXÍA DAS ACTUACIÓNS
AXUDA BASE
AXUDA ADICIONAL
Opción A
Opción B
% adicional criterios sociais ( * )
% adicional: eficiencia enerxética
% adicional actuación integrada
Cualificación final A
Cualificación final B
Incremento de 2 ou mais letras
Tipoloxía 1. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica
Tipoloxía 1 . Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica
50%
40%
15%
15%
10%
5%
25%
Tipoloxía 2. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas. Subtipoloxías
Subtipoloxía 2.1 Substitución de enerxía convencional por enerxía térmica
40%
30%
10
10
5
0
20
Subtipoloxía 2.2 Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica
10
0
0
0
20
Subtipoloxía 2.3 Substitución de enerxía convencional por biomasa en las instalacións térmicas
10
0
0
0
15
Subtipoloxía 2.4 Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas subtipoloxías 2.1 a 2.3
0
10
5
0
5
Subtipoloxía 2.5 Mellora de la eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución, regulación, control e emisión das instalacións térmicas
0
10
5
0
5
Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación
Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación
20
20
0
10
5
0
5
Nota
(*) A porcentaxe da axuda adicional por criterios sociais só contempla os supostos de inclusión da edificación no ámbito dunha ARRU ou de que se trate dunha edificación cualificada definitivamente baixo algún réxime de protección pública.
Listado de concellos de reto demográfico

https://www.idae.es/ayudas-y-financiacion/para-la-rehabilitacion-de-edificios/programa-pree-5000-rehabilitacion/municipios-de-reto-demografico


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE
  • 1.Anexo 1 de solicitude
  • 2. Documento que acredite a representación, no caso de haber representante.
  • 3. Escritura pública, certificado ou nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade do inmoble, no caso de que a solicitante sexa unha persoa física, unha persoa xurídica de natureza privada ou unha agrupación de persoas propietarias que non consten como titulares catastrais
  • 4.Informe xustificativo asinado pola persoa o entidade solicitante, que no caso dunha comunidade de persoas propietarias será o/a presidente/a, no que se indicarán as tipoloxías de actuación nas que se encadra a axuda solicitada, a descrición das actuacións subvencionables, a xustificación do custo elixible e a contía máxima da axuda solicitada.

    5. Certificado da eficiencia enerxética do edificio alcanzado trala reforma proposta e coas actuacións específicas para as que se solicita a axuda, segundo o Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, asinado por técnico/a competente, que demostre que o proxecto permite dar un salto en, polo menos, una letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 año) e se consigue un aforro mínimo de enerxía primaria non renovable do 30% con respecto ao certificado da eficiencia enerxética do edificio actual inscrito no RGEEE. Para a elaboración deste certificado terase en conta o especificado no apartado 2.b) do punto 1 do Anexo IV do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto. Con este certificado achegaranse os arquivos dixitais xerados polo programa utilizado para a súa elaboración.

    6. Proxecto ou memoria técnica, no caso de que non se requira proxecto, onde se describan adecuadamente as actuacións a realizar e a situación de partida, subscrita por técnico/a competente ou instalador, no seu caso. No proxecto ou memoria técnica xustificarase o cumprimento das exixencias básicas do Documento Básico do Aforro de enerxía DB-HE do Código técnico da edificación que sexa de aplicación á tipoloxía para a que se solicita a axuda.

    O proxecto ou memoria técnica incluirá un Estudo de xestión de Residuos onde se xustifique o cumprimento do apartado 11 letra c) do artigo 17 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, asinado por técnico competente, ou no seu defecto, declaración responsable asinada polo representante do beneficiario no que se compromete a cumprir e achegar toda a documentación necesaria para xustificar o cumprimento do indicado no apartado 11 letra c) do artigo 17 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto. Xustificarase que as actuacións previstas non causarán un prexuízo significativo ao medio ambiente ou, no seu caso, as medidas correctoras que se adoptarán para cumprir cos criterios da «Guía para o deseño e desenvolvemento de actuacións acordes co principio de non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente», publicada polo Ministerio para a Transición e o Reto Demográfico.

    7. Orzamento/s da empresa ou empresas que realizarán a execución das actuacións, suficientemente desglosado, de data posterior ao 5 de agosto de 2021. No suposto de que o importe correspondente aos custes elixibles da actuación supere a contía de 40.000 euros para obras e/ou 15.000 euros en servizos ou subministracións, presentaranse tres orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme cos criterios de eficiencia e economía, debendo xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

    8. Documento ou oferta vinculante contractual formalizada coa empresa ou profesional correspondente para a xestión técnica, administrativa e documental da solicitude, no seu caso.

    9. Avaliación favorable de adecuación ou declaración responsable de cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente» no sentido establecido no apartado 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento europeo e do Consello de 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.

    10. Reportaxe fotográfica, preferentemente en cor, do estado actual da edificación na que se van levar a cabo as actuacións subvencionables.

    11. Anexo II, para o caso da opción A de edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, de comprobación de datos das persoas e entidades partícipes nas obras e interesadas na subvención (deben presentarse tantos anexos II como vivendas e locais partícipes e interesados na subvención se sinalen nos anexos I, III e IV).

    12. Anexo III, de certificado do/s acordo/s da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme co disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de nomeamento do presidente, do administrador e/ou secretario da comunidade de propietarios, de aprobación da realización das obras necesarias para a rehabilitación enerxética de edificio existente, de solicitar a axuda deste programa e de facultar ao presidente como representante para realizar a tramitación da axuda, e da relación das persoas propietarias comuneiras, con indicación dos seus correspondentes cotas de participación e o número total de vivendas que integran o edificio, así como cales delas participan nas obras.

    13. Anexo IV, de certificado do acordo da agrupación de persoas físicas, de persoas xurídicas de natureza privada ou de persoas físicas e de persoas xurídicas de natureza privada, propietarias no seu conxunto do edificio obxecto da actuación, que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non tiveran outorgado o título de constitutivo de propiedade horizontal, onde se aprobou a creación da agrupación, se acordou a execución das obras, se nomeou a un representante para a presentación, seguimento da solicitude das axudas e cumprimento das obrigas que como persoas copropietarias lles puidera corresponder e que constará para os efectos deste programa ben como solicitante da axuda (para o suposto de agrupación de persoas físicas ou de persoas xurídicas) ben como encargado de efectuar e xustificar o investimento obxecto da axuda (para o suposto de agrupación de persoas físicas e persoas xurídicas), debendo especificar a relación das persoas copropietarias, con indicación das súas correspondentes cotas de participación na propiedade do edificio, así como cales delas participan nas obras.

    NOTA IMPORTANTE. As solicitudes que no momento da súa presentación non veñan acompañadas, de ser o caso, dos documentos sinalados cos números 4, 5, 6, 11, 12 e 13 (resaltados en amarelo), serán automaticamente inadmitidas.

FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Presentación electrónica obrigatoria para todos os solicitantes.
INFORMACIÓN
  • 012
  • SERVIZOS CENTRAIS IGVS...........................................................981541981-981957529
CONSULTAS
programapree.igvs@xunta.gal ............... cuestións administrativas
calidade.igvs@xunta.gal..........................cuestións técnicas

 

Axudas para a rehabilitación

Normativas relacionadas

Resolución do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual (DOG nº 212 do 4 de novembro de 2021)
Real Decreto 691/2021, de 3 de agosto, polo que se regulan as subvencións a outorgar a actuacións de rehabilitación energética en edificios existentes, en ejecución do Programa de rehabilitación energética para edificios existentes en municipios de reto demográfico (Programa PREE 5000), incluído no Programa de regeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e regeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como a súa concesión directa ás comunidades autónomas (BOE nº 185 de 4 de agosto de 2021).

Documentos relacionados

  • Modelo declaración responsable non perxuicio significativo
  • Modelo declaración responsable xustificar artigo 17 punto 11
  • Declaración responsable, artigo 18, punto 3i
  • Guía de non causar danos
  • Modelo informe xustificativo
  • Cálculo PREE5000 definitivo
  • Cartel Obra

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal