Volver ao contido

Portal IGVS

Outros Programas Europeos

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo empresarial Solo residencial Edificación e calidade
    Vivenda Rehabilitación Fondos EU. Next Generation
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia Observatorio do solo empresarial de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Fondos EU. Next Generation
    • Axudas
    • Solo empresarial
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
  • Outros Programas Europeos
    • Programas Next Generation
    • Simulador de axudas IGVSNextCal
    • Outros Programas Europeos
volver Volver
  • Áreas
    • Axudas
    • Solo empresarial
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
      • Programas Next Generation
      • Simulador de axudas IGVSNextCal
      • Outros Programas Europeos

FONDOS EUROPEOS

Programa Operativo FEDER GALICIA 2014-2020 - Actuación 4.3.1.5 Rehabilitación de edificios de vivendas de titularidade municipal, co obxecto de reducir as emisións de carbono e o consumo enerxético

Escoitar
altavoz readspeaker
06/02/2009
  • Compartir

DESCRICIÓN E ÁMBITO DA ACTUACIÓN

A actuación que se pretende realizar consiste na rehabilitación enerxética de os edificios de vivendas de protección de titularidade municipal, mediante obras de mellora do illamento da envolvente (fachadas e/ou cubertas) e a redución das pontes térmicas, mellora das carpinterías existentes e/ou mellora das instalacións térmicas co obxecto de reducir o seu consumo enerxético e as emisións de carbono.

O ámbito da actuación, de acordo co Programa Operativo FEDER GALICIA 2014-2020, será nos edificios de vivendas protexidas de titularidade municipal.


PROCEDEMENTO E XESTIÓN DA ACTUACIÓN

A actuación estará xestionada polo IGVS, a través de axudas aos concellos co fin de fomentar a mellora enerxética das vivendas da súa titularidade.

Previamente ao comezo da actuación a Dirección Xeral do IGVS comunicará á Dirección Xeral de proxectos e Fondos Europeos da Consellería de Facenda as bases da convocatoria de axudas para a súa visto e prace.

Estas bases reguladoras de axudas aos concellos para rehabilitación enerxética dos edificios de vivendas de titularidade municipal, serán publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG). A tramitación e concesión destas subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no seu Regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Así mesmo, axustarase á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, á Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público e á Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Ademais, ao tratarse dunha orde con aplicación de fondos da Unión Europea, será de aplicación a normativa contida no Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, Regulamento (UE) 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo, así como o Regulamento (UE) 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego.

CONDICIÓNS ESPECÍFICAS E TIPOS DAS OBRAS

As actuacións de mellora enerxética para realizar en cada edificio de vivendas de protección de titularidade municipal deberán cumprir as seguintes condicións:

Reducirán, polo menos, o 20% da demanda enerxética da que parte o edificio obxecto da rehabilitación enerxética
Melloraran, polo menos unha letra na escala da cualificación enerxética
Estarán baseadas nunha auditoría enerxética
Terán carácter integral
Obterán o certificado de eficiencia enerxética unha vez finalizada a intervención.

As obras que se consideran son aquelas que cumprindo as condicións anteriores consistan en:


a) Illamento das fachadas

b) Mellora das carpinterías exteriores

c) Illamento de cubertas.

d) Mellora das instalacións térmicas.

 


CRITERIOS DE PRIORIZACIÓN DE OPERACIÓNS

Con obxecto de priorizar as operacións, en base aos resultados da auditoría enerxética que terán que presentar os solicitantes das axudas para cada edificio, as solicitudes valoraranse de acordo cos criterios que a continuación se sinalan:


a) Redución da demanda de enerxía do edificio
b) Mellora na escala de certificación enerxética global de consumo de enerxía primaria.
c) Mellora na escala de certificación enerxética global de emisións de dióxido de carbono do edificio.


No caso de empate, terase en conta o número de vivendas dos edificios, tendo prioridade a actuación que afecte a máis número de vivendas.

Documentos relacionados

  • Acta da comisión de valoración para a concesión de axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional, no marco do programa operativo FEDER 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas á mellora enerxética dos edificios de vivendas de titularidade dos concellos galegos
  • Presentadas
  • Valoradas
  • Seleccionadas
  • Actuación da mellora da eficiencia enerxética financiada con Fondos FEDER dun edificio de 5 vivendas de titularidade municipal, situado na Avda. Portugal, 10 Cualedro (Ourense)
  • Actuación da mellora da eficiencia enerxética financiada con Fondos FEDER dun edificio de 5 vivendas de titularidade municipal, situada na rúa Peregrino, 22, Portomarín (Lugo)

Ligazóns relacionados

  • ORDE do 23 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, dirixidas á mellora enerxética dos edificios de vivendas de titularidade dos concellos galegos.
  • RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2016 pola que se convocan as axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas á mellora enerxética dos edificios de vivendas de titularidade dos concellos galegos.

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO EMPRESARIAL

  • Plans e proxectos de solo empresarial
  • Adquisición de solo empresarial
  • Alleamento de solo empresarial

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas Deposito de fianzas
Solo empresarial en Galicia - Xestur Solo empresarial en Galicia - Xestur
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Facebook
Twitter
Youtube
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal