
Vivenda de promoción privada
Vivendas de promoción privada
Promoción de vivenda protexida realizada por cooperativas
- Compartir
A PROMOCIÓN DE VIVENDA PROTEXIDA REALIZADA POR COOPERATIVAS
Plan de Vivenda 2009-2012
PROCEDEMENTO
III) Cumprimento dos requisitos para acceder ás axudas
I) AS COOPERATIVAS DE VIVENDAS PROTEXIDAS
¿Que é unha cooperativa de vivendas?
É unha asociación de persoas que se xuntan para desenvolver un proxecto inmobiliario distribuíndo proporcionalmente os gastos e os ingresos que produzan entre a totalidade dos socios, segundo se fixe nos estatutos que rexen a sociedade cooperativa e cuxo obxecto social é proporcionarlles vivendas ou locais aos seus propios socios.
¿Como funcionan as cooperativas de vivendas?
Os propios socios da cooperativa son os promotores das vivendas que lles serán adxudicadas a súa finalización.
As cooperativas adoitan designar unha entidade xestora qué é a encargada de realizar as xestións e os traballos necesarios para a construción das vivendas.
Antes de facerse socio dunha cooperativa debe comprobar:
- Que esté inscrita no Rexistro de Cooperativas.
- A copia dos estatutos, analizando os dereitos e deberes para facerse socio.
- A titularidade do solo, o proxecto e o seu coste.
Lexislación aplicable : Lei 5/ 1998 de 18 de decembro, de Cooperativas de Galicia.
1º paso: Incorporación nunha Cooperativa de vivendas.
2º paso: A cooperativa, ten que solicitar a cualificación provisional das vivendas como protexidas mediante a presentación do modelo de solicitude que aparece na paxina web do Instituto galego da Vivenda e Solo (IGVS) (www.igvs.es), e achegar a documentación que nel se indica (pódese obter máis información no folleto “A promoción de vivendas protexidas”).
A cooperativa ten que presentar a relación de todos os seus socios, incluídos os de reserva.
Respecto deles indicará o seu nome e apelidos, o seu número de identificación fiscal e a documentación que permita comprobar que cumpren as condicións que se esixan para acceder á vivenda protexida.
Todos os socios que se admitan na cualificación provisional cumprirán os requisitos, os restantes quedarán fora. Para ditar esta cualificación polo menos deben cubrirse o 80% das vivendas.
Se a cooperativa non cubre o 100% das vivendas ten que solicitar socios ao Rexistro de Demandantes.
3º paso: Adxudicación da vivenda ao socio cooperativista.
Unha vez adxudicada a vivenda, ten que asinar o contrato correspondente e a xestora remitirallo ao IGVS para que extendan o visado.
III) Cumprimento dos requisitos para acceder ás vivendas
Para acceder ás vivendas ten que cumprir os seguintes requisitos:
1) Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou de desfrute sobre algunha vivenda suxeita a protección pública en España.
2)Tampouco poderá ser titular dunha vivenda libre, salvo que fora privado do seu uso por causas que non lle fosen imputables ou cando o valor da vivenda ou o dereito sobre a mesma, determinado segundo o imposto de transmisións patrimoniais, exceda do 40% do prezo da vivenda que pretende construír. Este límite pasará a ser do 60% nos seguintes supostos:
- Persoas maiores de 65 anos, persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias que as teñan ao seu cargo.
- Familias numerosas, familias monoparentais con fillos, persoas separadas ou divorciadas ao corrente do pago de pensións alimenticias ou compensatorias.
- Mulleres vítimas de violencia de xénero e vítimas do terrorismo.
3) Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de Galicia.
4)Ten que ter uns ingresos mínimos (0,7 IPREM) (ver cantidade equivalente na ficha de prezos e ingresos)
5) Non superar os ingresos familiares máximos dependendo do tipo de vivenda que teña (Réxime Especial 2,5 veces o IPREM, Réxime Xeral 4,5 veces o IPREM ou Réxime Concertado 6,5 veces IPREM).
Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares :
Para o cálculo dos ingresos ponderados súmanse as casillas 455 e 465 da última declaración da renda co prazo de presentación vencido.
Se algún membro da unidade familiar ten discapacidade ou a vivenda está situada nun ATPMS computará como se houbera un membro máis.
Cadro de equivalencias IPREM/ euros: Consúlteo na ficha de ingresos e prezos
A CORUÑA Área Provincial do IGVS Praza de Luis Seoane, s/n 15008 A Coruña Teléfono de información 981 182 347 | LUGO Área Provincial do IGVS Avda. Ramón Ferreiro 28 27002 Lugo Teléfono de información 982 294 602 |
OURENSE Área Provincial do IGVS Rúa Sáenz Díez, 1 32003 Ourense Teléfono de información 988 386 271 | PONTEVEDRA Área Provincial do IGVS Rúa Alcalde Hevia 7 36071 Pontevedra Teléfono de Información 986 805 610 |
SERVICIOS CENTRAIS Área Central, s/n Polígono de Fontiñas 15781 Santiago de Compostela 981 541 982 | |
Documentos relacionados
- RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2021 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de xullo de 2021, polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións.
- Artigo 46 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia
- ORDE do 8 de abril de 2016 pola que se convoca a concesión de subvencións complementarias da Comunidade Autónoma de Galicia para as persoas promotoras de aloxamentos protexidos acollidos ao Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012. (Formato PDF)
- Decreto 402/2009 polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da C.A. de Galicia e se regula a xestión das previstas no decreto 2066/2008 para o período 2009-2012. (Formato PDF)
- Táboa de ingresos (Formato PDF)
- Táboa de zonas e prezos (Formato PDF)
- Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
- Lei 8/2012 de vivenda de Galicia