Inicio

Xunta de Galicia
Estás en ... Inicio » Actuamos » Promoción » Promoción / Autopromoción » Promoción de vivenda protexida realizada por cooperativas

Promoción de vivenda protexida realizada por cooperativas

A PROMOCIÓN DE VIVENDA PROTEXIDA REALIZADA POR COOPERATIVAS
Plan de Vivenda 2009-2012

PROCEDEMENTO

I) As cooperativas

II) Pasos para seguir

III) Cumprimento dos requisitos para acceder ás axudas

I) AS COOPERATIVAS DE VIVENDAS PROTEXIDAS

¿Que é unha cooperativa de vivendas?
É unha asociación de persoas que se xuntan para desenvolver un proxecto inmobiliario distribuíndo proporcionalmente os  gastos e os ingresos que produzan entre a totalidade dos socios, segundo se fixe nos estatutos que rexen a sociedade cooperativa e cuxo obxecto social é proporcionarlles vivendas ou locais aos seus propios socios.

¿Como funcionan as cooperativas de vivendas?


Os propios socios da cooperativa son os promotores das vivendas que lles serán adxudicadas a súa finalización.
As cooperativas adoitan designar unha entidade xestora qué é a encargada de realizar as xestións e os traballos necesarios para a construción das vivendas.
Antes de facerse socio dunha cooperativa debe comprobar:
- Que esté inscrita no Rexistro de Cooperativas.
- A copia dos estatutos, analizando os dereitos e deberes para facerse socio.
- A titularidade do solo, o proxecto e o seu coste.


Lexislación aplicable : Lei 5/ 1998 de 18 de decembro, de Cooperativas de Galicia.

Ir ao comezo

II) PASOS A SEGUIR


1º paso: Incorporación nunha Cooperativa de vivendas.


2º paso: A cooperativa, ten que solicitar a cualificación provisional das vivendas como protexidas mediante a presentación do modelo de solicitude que aparece na paxina web do Instituto galego da Vivenda e Solo (IGVS) (www.igvs.es), e achegar a documentación que nel se indica (pódese obter máis información no folleto “A promoción de vivendas protexidas”).


A cooperativa ten que presentar a relación de todos os seus socios, incluídos os de reserva.
Respecto deles indicará o seu nome e apelidos, o seu número de identificación fiscal e a documentación que permita comprobar que cumpren as condicións que se esixan para acceder á vivenda protexida.


Todos os socios que se admitan na cualificación provisional cumprirán os requisitos, os restantes quedarán fora. Para ditar esta cualificación polo menos deben cubrirse o 80% das vivendas.


Se a cooperativa non cubre o 100% das vivendas ten que solicitar socios ao Rexistro de Demandantes.


3º paso: Adxudicación da vivenda ao socio cooperativista.


Unha vez adxudicada a vivenda, ten que asinar o contrato correspondente e a xestora remitirallo ao IGVS para que extendan o visado.

 

Ir ao comezo

III) Cumprimento dos requisitos para acceder ás vivendas


Para acceder ás vivendas ten que cumprir os seguintes requisitos:


1) Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou de desfrute sobre algunha  vivenda suxeita a protección pública en España.


2)Tampouco poderá ser titular dunha vivenda libre, salvo que fora privado do seu uso por causas que non lle fosen imputables ou cando o valor da vivenda ou o dereito sobre a mesma, determinado segundo o imposto de transmisións patrimoniais, exceda do 40% do prezo da vivenda que pretende construír. Este límite pasará a ser do 60% nos seguintes supostos:
- Persoas maiores de 65 anos, persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias que as teñan ao seu cargo.
- Familias numerosas, familias monoparentais con fillos, persoas separadas ou divorciadas ao corrente do pago de pensións alimenticias ou compensatorias.
- Mulleres vítimas de violencia de xénero e vítimas do terrorismo.
3) Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de Galicia.
4)Ten que ter uns ingresos mínimos (0,7 IPREM) (ver cantidade equivalente na ficha de prezos e ingresos)
5) Non superar os ingresos familiares máximos dependendo do tipo de vivenda que teña (Réxime Especial 2,5 veces o IPREM, Réxime Xeral 4,5 veces o IPREM ou Réxime Concertado 6,5 veces IPREM).


Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares :


Para o cálculo dos ingresos ponderados súmanse as casillas 455 e 465 da última declaración da renda co prazo de presentación vencido.
Se algún membro da unidade familiar ten discapacidade ou a vivenda está situada nun ATPMS computará como se houbera un membro máis.


Cadro de equivalencias IPREM/ euros: Consúlteo na ficha de ingresos e prezos

Ir ao comezo

Teléfonos de axuda e direccións de interese:
 
Poderase consultar tamén na páxina Web: www.igvs.xunta.es
 
INSITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

 
A CORUÑA
Área Provincial do IGVS
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 A Coruña
Teléfono de información 981 182 347
LUGO
Área Provincial do IGVS
Avda. Ramón Ferreiro 28
27002 Lugo
Teléfono de información 982 294 602
 
OURENSE
Área Provincial do IGVS
Rúa Sáenz Díez, 1
32003 Ourense
Teléfono de información 988 386 271
PONTEVEDRA
Área Provincial do IGVS
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra
Teléfono de Información 986 805 610
 
SERVICIOS CENTRAIS
Área Central, s/n Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela
981 541 982
 
 

AXUDÁMOSCHE A MERCAR UNHA VIVENDA

Consulta todas as iniciativas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo pon á túa disposición para que podas mercar a túa primeira vivenda: axudas directas, rexistro de demandantes ou coñece o que queres comprar a través do libro do edificio.