Volver ao contido

Portal IGVS

Promoción Cooperativas

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Edificación e calidade
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Vivendas de promoción privada
    • Edificación
    • Control de Calidade na Edificación
    • Construción de vivendas en alugueiro social
    • Radón
    • Informe de Avaliación de edificios
    • Premios Arquitectura
  • Promoción Cooperativas
    • Promocion de vivendas
    • promocion uso propio
    • Promoción Cooperativas
    • Cualificación
    • Solicitude de autorización de obras
volver Volver
  • Vivenda de promoción privada
    • Promocion de vivendas
    • promocion uso propio
    • Promoción Cooperativas
    • Cualificación
    • Solicitude de autorización de obras

Vivenda de promoción privada

Vivendas de promoción privada

Escoitar

Promoción de vivenda protexida realizada por cooperativas

Tue Sep 04 14:59:00 CEST 2007
  • Compartir

A PROMOCIÓN DE VIVENDA PROTEXIDA REALIZADA POR COOPERATIVAS
Plan de Vivenda 2009-2012

PROCEDEMENTO

I) As cooperativas

II) Pasos para seguir

III) Cumprimento dos requisitos para acceder ás axudas

I) AS COOPERATIVAS DE VIVENDAS PROTEXIDAS

¿Que é unha cooperativa de vivendas?
É unha asociación de persoas que se xuntan para desenvolver un proxecto inmobiliario distribuíndo proporcionalmente os  gastos e os ingresos que produzan entre a totalidade dos socios, segundo se fixe nos estatutos que rexen a sociedade cooperativa e cuxo obxecto social é proporcionarlles vivendas ou locais aos seus propios socios.

¿Como funcionan as cooperativas de vivendas?


Os propios socios da cooperativa son os promotores das vivendas que lles serán adxudicadas a súa finalización.
As cooperativas adoitan designar unha entidade xestora qué é a encargada de realizar as xestións e os traballos necesarios para a construción das vivendas.
Antes de facerse socio dunha cooperativa debe comprobar:
- Que esté inscrita no Rexistro de Cooperativas.
- A copia dos estatutos, analizando os dereitos e deberes para facerse socio.
- A titularidade do solo, o proxecto e o seu coste.


Lexislación aplicable : Lei 5/ 1998 de 18 de decembro, de Cooperativas de Galicia.

Ir ao comezo

II) PASOS A SEGUIR


1º paso: Incorporación nunha Cooperativa de vivendas.


2º paso: A cooperativa, ten que solicitar a cualificación provisional das vivendas como protexidas mediante a presentación do modelo de solicitude que aparece na paxina web do Instituto galego da Vivenda e Solo (IGVS) (www.igvs.es), e achegar a documentación que nel se indica (pódese obter máis información no folleto “A promoción de vivendas protexidas”).


A cooperativa ten que presentar a relación de todos os seus socios, incluídos os de reserva.
Respecto deles indicará o seu nome e apelidos, o seu número de identificación fiscal e a documentación que permita comprobar que cumpren as condicións que se esixan para acceder á vivenda protexida.


Todos os socios que se admitan na cualificación provisional cumprirán os requisitos, os restantes quedarán fora. Para ditar esta cualificación polo menos deben cubrirse o 80% das vivendas.


Se a cooperativa non cubre o 100% das vivendas ten que solicitar socios ao Rexistro de Demandantes.


3º paso: Adxudicación da vivenda ao socio cooperativista.


Unha vez adxudicada a vivenda, ten que asinar o contrato correspondente e a xestora remitirallo ao IGVS para que extendan o visado.

 

Ir ao comezo

III) Cumprimento dos requisitos para acceder ás vivendas


Para acceder ás vivendas ten que cumprir os seguintes requisitos:


1) Non ser titular do pleno dominio ou dun dereito real de uso ou de desfrute sobre algunha  vivenda suxeita a protección pública en España.


2)Tampouco poderá ser titular dunha vivenda libre, salvo que fora privado do seu uso por causas que non lle fosen imputables ou cando o valor da vivenda ou o dereito sobre a mesma, determinado segundo o imposto de transmisións patrimoniais, exceda do 40% do prezo da vivenda que pretende construír. Este límite pasará a ser do 60% nos seguintes supostos:
- Persoas maiores de 65 anos, persoas dependentes ou con discapacidade recoñecida e as familias que as teñan ao seu cargo.
- Familias numerosas, familias monoparentais con fillos, persoas separadas ou divorciadas ao corrente do pago de pensións alimenticias ou compensatorias.
- Mulleres vítimas de violencia de xénero e vítimas do terrorismo.
3) Que a persoa beneficiaria resida ou desenvolva a súa actividade laboral nun municipio da comunidade autónoma de Galicia.
4)Ten que ter uns ingresos mínimos (0,7 IPREM) (ver cantidade equivalente na ficha de prezos e ingresos)
5) Non superar os ingresos familiares máximos dependendo do tipo de vivenda que teña (Réxime Especial 2,5 veces o IPREM, Réxime Xeral 4,5 veces o IPREM ou Réxime Concertado 6,5 veces IPREM).


Procedemento para o cálculo dos ingresos familiares :


Para o cálculo dos ingresos ponderados súmanse as casillas 455 e 465 da última declaración da renda co prazo de presentación vencido.
Se algún membro da unidade familiar ten discapacidade ou a vivenda está situada nun ATPMS computará como se houbera un membro máis.


Cadro de equivalencias IPREM/ euros: Consúlteo na ficha de ingresos e prezos

Ir ao comezo

Teléfonos de axuda e direccións de interese:
 
Poderase consultar tamén na páxina Web: www.igvs.xunta.es
 
INSITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

 
A CORUÑA
Área Provincial do IGVS
Praza de Luis Seoane, s/n
15008 A Coruña
Teléfono de información 981 182 347
LUGO
Área Provincial do IGVS
Avda. Ramón Ferreiro 28
27002 Lugo
Teléfono de información 982 294 602
 
OURENSE
Área Provincial do IGVS
Rúa Sáenz Díez, 1
32003 Ourense
Teléfono de información 988 386 271
PONTEVEDRA
Área Provincial do IGVS
Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra
Teléfono de Información 986 805 610
 
SERVICIOS CENTRAIS
Área Central, s/n Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela
981 541 982
 
 

Documentos relacionados

  • RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2021 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de xullo de 2021, polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións.
  • Artigo 46 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia
  • ORDE do 8 de abril de 2016 pola que se convoca a concesión de subvencións complementarias da Comunidade Autónoma de Galicia para as persoas promotoras de aloxamentos protexidos acollidos ao Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012. (Formato PDF)
  • Decreto 402/2009 polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da C.A. de Galicia e se regula a xestión das previstas no decreto 2066/2008 para o período 2009-2012. (Formato PDF)
  • Táboa de ingresos (Formato PDF)
  • Táboa de zonas e prezos (Formato PDF)
  • Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan directrices para o desenvolvemento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Lei 8/2012 de vivenda de Galicia

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal