- Inicio
- Áreas
- Axudas
- Rehabilitación
-
Áreas de Rehabilitación Integral ARI - Xestionadas por Concellos
- Rehabilitación enerxética en edificios existentes
- Axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000 )
- Mellora da eficiencia enerxética en vivendas
- Mellora da eficiencia enerxética en edificios
- Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación
- Accesibilidade
- Áreas de Rehabilitación Integral ARI - Xestionadas por Concellos
- Áreas de Rehabilitación Integral Supramunicipal - ARI dos Camiños de Santiago, Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra
- Vivendas de titularidade municipal
- Infravivenda
- Reparación VPP
- Préstamos
- Fondo de cooperación
- Rehabilitación barrios
- Programa Rehaluga
-
Rehabilitación
- Rehabilitación enerxética en edificios existentes
- Axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (PREE 5000 )
- Mellora da eficiencia enerxética en vivendas
- Mellora da eficiencia enerxética en edificios
- Programa de axudas á elaboración do Libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación
- Accesibilidade
- Áreas de Rehabilitación Integral ARI - Xestionadas por Concellos
- Áreas de Rehabilitación Integral Supramunicipal - ARI dos Camiños de Santiago, Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra
- Vivendas de titularidade municipal
- Infravivenda
- Reparación VPP
- Préstamos
- Fondo de cooperación
- Rehabilitación barrios
- Programa Rehaluga
Áreas de Rehabilitación Integral
Participación no programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan estatal de vivenda 2018-2021.(VI408K)
Os datos desta ficha son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.
- Compartir
Que son as Áreas de Rehabilitación Integral?
As Áreas de Rehabilitación conforman a base principal das actuacións de rehabilitación en contornos urbanos por parte do IGVS. Para isto é fundamental a colaboración dos concellos. (Enlace á web das Áreas de Rehabilitación)
Clases de Áreas de Rehabilitación Integral:
- Áreas de rehabilitación integral xerais
- Áreas de rehabilitación de conxuntos históricos
- Áreas de rehabilitación rurais
Persoas ou entidades beneficiarias
Poderán solicitalas tanto particulares como comunidades de persoas propietarias.
As oficinas de rehabilitación tramitarán os expedientes municipais de subvencións convocadas e realizarán as xestións derivadas das exixencias deste programa, baixo as directrices e a coordinación do IGVS. Ademais, proporán as medidas necesarias para des-envolver as actuacións derivadas da declaración de ARI ou, se é o caso, as medidas para mellorar o funcionamento da devandita área. Así mesmo, asesorarán e prestarán unha atención directa, persoal e especializada aos promotores que leven a cabo as actuacións de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas.
Contía das axudas
A contía máxima unitaria por vivenda desta axuda estatal pode alcanzar:
- En obras de eficiencia enerxética con redución de demanda e en sustentabilidade: 12.000 € por vivenda. En edificios de tipoloxía residencial colectiva incrementarase esta contía en 120 €/m2 de local comercial.
- En obras de conservación e accesibilidade: 8.000 euros por vivenda. En edificios de tipoloxía residencial colectiva incrementarase esta contía en 120 €/m2 de local comercial.
Estas contías incrementaranse en 1.000 euros por vivenda e 10 euros m2/local se o edificio ou vivenda é Ben de interese cultural (BIC).
Se a persoa solicitante é menor de 35 anos e a vivenda está en concello de menos de 5000 habitantes: un 25% máis nas axudas unitarias.
- En actuacións de renovación: 30.000 € por vivenda construída en substitución doutra previamente demolida en casos de infravivenda e chabolismo.
- En actuacións de urbanización: 2.000 € por vivenda
- Para equipos técnicos: 1.000 € por vivenda
- En actuacións de realoxo temporal: 4.000 € anuais por unidade de convivencia durante o tempo que duren as obras e máximo 3 anos.
O límite máximo por porcentaxe da inversión correspondente á vivenda é:
- 40% da inversión en cada vivenda salvo realoxo e para financiamento de equipos técnicos
- 75% da inversión en cada vivenda susceptible de actuacións de rehabilitación: sempre que resulten acreditados ingresos na unidade de convivencia da persoa propietaria ou arrendataria, promotora e residente e estes sexan inferiores a 3 veces o IPREM.
- 75% da inversión en cada vivenda susceptible de actuacións de rehabilitación: se na unidade de convivencia da persoa propietaria ou arrendataria, promotora e residente hai unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos e se realicen actuacións para a mellora da accesibilidade.
As axudas da Xunta de Galicia, que se suman ás anteriores son de ata 4.000 euros por vivenda obxecto de actuacións de rehabilitación, sen que a subvención poida exceder do 10% do orzamento protexido de actuación da vivenda ou do edificio e 1.500 € para equipos técnicos por cada vivenda rehabilitada ou renovada.