Volver ao contido

Portal IGVS

Incendios

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Axudas
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Outras axudas
    • Acceso á vivenda
    • Bolsas de Formación
    • Rehabilitación
    • Promoción
    • Outras axudas
  • Incendios
    • Incendios
    • Compensacion a persoas propietarias e arrendadoras
volver Volver
  • Outras axudas
    • Incendios
    • Compensacion a persoas propietarias e arrendadoras

Outras axudas

Axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI100B).

Escoitar

Durante o mes de xullo de 2022 unha vaga de incendios forestais ameazou o territorio de Galicia, especialmente en zonas das provincias de Lugo e Ourense, que afectou, entre outros bens, a vivendas. Para facerlles fronte, publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 140, do 22 de xullo, o Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022.

No artigo 7 do citado decreto indícase que serán obxecto de axuda os danos causados polos incendios nas vivendas, nas súas instalacións complementarias e no enxoval doméstico.

Estas axudas están destinadas a reparar os danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico derivados dos citados incendios que non queden cubertos polos seguros ou outras axudas.

Fri Jul 29 00:05:00 CEST 2022
  • Compartir

Beneficiarios

Persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sufrisen danos no inmoble ou no enxoval doméstico

Axudas para danos nas vivendas

1.- Vivenda habitual e permanente (e instalacións complementarias)

O importe da axuda será o 100 % do valor de rehabilitación (ou de reposición no caso de ruína). O importe da axuda non poderá superar os 122.400 euros.

No caso de ruína axuda poderá destinarse a reconstruír a vivenda ou adquirir unha nova.

2.- Vivendas ocasionais (e instalacións complementarias)

O importe da axuda será o 100 % do valor de rehabilitación (ou de reposición no caso de ruína). O importe da axuda non poderá superar os 61.200 euros.

No caso de ruína axuda poderá destinarse a reconstruír a vivenda ou adquirir unha nova.

3.- Exclusións

Quedan excluídas das axudas os inmobles en estado ruinoso o abandonados antes dos incendios.

Axudas para enxoval doméstico

1.- Vivendas ruinosas que constituían residencia habitual e permanente: o 100 % dos gastos de reposición, co límite de 15.000 euros.

2.- Vivendas ruinosas que NON constituían residencia habitual e permanente: 50 % dos gastos de reposición, co límite de 5.000 euros.

3.- Demais vivendas que constituían residencia habitual e permanente: 100 % dos gastos de reposición, co límite de 7.000 euros.

4.- Demais vivendas que NON constituían residencia habitual e permanente: 50 % dos gastos de reposición, co límite de 3.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

A presentación de solicitudes poderá realizarse dende o día seguinte á publicación da Resolución no DOG e ata o 2 de novembro de 2022

Axudas para realoxo provisional

Este programa non inclúe as axudas para o realoxo provisional das persoas que teñan que abandonar o seu fogar mentres executen as obras de reparación, rehabilitación e reposición.

As axudas para realoxo provisional están reguladas na disposición adicional primeira do DECRETO 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación  dos danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022 (DOG 22/07/2022).

Segundo este artigo, as axudas para realoxo temporal tramitaranse a través do Bono de alugueiro social (DO 13/07/2022) Esta axuda poderá acadar o 100 por cento do custe do alugueiro, cos límites establecidos na convocatoria do Bono segundo o concello en que se emprace a vivenda.

Tramitación na sede electrónica da Xunta de Galicia

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI100B).

Documentos relacionados

  • Cadro resume das axudas

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal