Volver ao contido

Portal IGVS

Axudas ao alugamento de vivenda

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Axudas
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Acceso á vivenda
    • Acceso á vivenda
    • Bolsas de Formación
    • Rehabilitación
    • Promoción
    • Outras axudas
  • Alugamento
    • Adquisición de vivenda
    • Alugamento
  • Axudas ao alugamento de vivenda
    • Axudas ao alugamento de vivenda
    • Bono de alugueiro social
    • Bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero
    • Bono Alugueiro Mocidade
volver Volver
  • Alugamento
    • Axudas ao alugamento de vivenda
    • Bono de alugueiro social
    • Bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero
    • Bono Alugueiro Mocidade

PROGRAMA DE AXUDA AO ALUGAMENTO DE VIVENDA (VI483C e VI483D)

Escoitar

PROGRAMA DE AXUDA AO ALUGAMENTO DE VIVENDA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Thu Jan 11 00:02:00 CET 2024
  • Compartir

A Resolución do 18 de decembro de 2023 ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión inicial (código de procedemento VI483C) e a renovación (código de procedemento VI483D) das subvencións do Programa de axudas ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia, para facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias.

Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para a anualidade 2024, con carácter plurianual.

A concesión das axudas recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na correspondente convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias

Persoas físicas maiores de idade que residan nunha vivenda en réxime de alugueiro e que reúnan todos e cada un dos requisitos que se establecen no ordinal sexto das bases reguladoras destas subvencións.

(Resolución do 18 de decembro de 2023 publicada no DOG núm. 8 do 11/01/2024).

Contía das axudas

Concederase ás persoas beneficiarias unha axuda do 50%, 40% ou 30% da renda que deban satisfacer polo alugueiro da súa vivenda habitual e permanente, en función dos seus ingresos.

As porcentaxes anteriores de axuda poderán incrementarse en 10 puntos porcentuais para determinados colectivos sinalados nas bases reguladoras.

A contía da axuda recoñecida na resolución de concesión determinarase en función da renda establecida no contrato, sen que en ningún caso o seu importe poida ser incrementado, aínda que a citada renda aumente ao longo da duración do contrato.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de concesión inicial da axuda, anexo I (código de procedemento VI483C), comezará o día 15 de xaneiro de 2024 e terminará o día 29 de febreiro de 2024 e, en todo caso, ao esgotamento das partidas orzamentarias contidas nesta convocatoria, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Para solicitar a renovación da axuda as persoas interesadas deberán achegar no prazo que se sinale na correspondente resolución de concesión inicial da axuda o anexo III de solicitude de renovación da axuda (código de procedemento VI483D).

Normativas relacionadas

Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o bono alugueiro mocidade e o Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025
RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede a súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2024 (Códigos de procedemento VI483C e VI483D)
EXTRACTO da RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede a súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2024 (Códigos de procedemento VI483C e VI483D)

Documentos relacionados

  • Cadro resumo da axuda
  • Folleto informativo ALUGAMENTO-2024

Ligazóns relacionados

  • Máis información...

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal