Volver ao contido

Portal IGVS

Adquisición de vivenda en concellos cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes (VI435A)

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Vivenda
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Adquisición
    • Plans e programas
    • Aluguer
    • Adquisición
    • Vivendas de Promoción Pública (VPP)
    • Vivenda de Proteccion Autonómica (VPA)
    • Censo de vivendas baleiras
    • Sorteos
    • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda
  • Histórico Axudas
    • Histórico Axudas
    • Adquisicion vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Adquisición de vivenda en concellos cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes (VI435A)
    • Compra de vivenda protexida
    • Compra de vivenda no rural
    • Compra de vivenda en conxuntos históricos
    • Adquisición de vivenda en concellos cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes (VI435A)
volver Volver
  • Histórico Axudas
    • Compra de vivenda protexida
    • Compra de vivenda no rural
    • Compra de vivenda en conxuntos históricos
    • Adquisición de vivenda en concellos cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes (VI435A)

Adquisición

Adquisición de vivenda en concellos cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes (VI435A)

Escoitar

Este programa de axudas está previsto no Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, regulado no Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro e ten por obxecto subvencionar a compra de vivenda por persoas que non superen os 35 anos en concellos cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.

Fri Aug 19 14:59:00 CEST 2022
  • Compartir

Persoas beneficiarias

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que, con carácter xeral,  cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter menos de 35 anos, incluída a idade de 35 anos, na data de presentación da solicitude de subvención ou no momento da subscrición do contrato privado ou da escritura pública de compravenda, cando esta se realice antes da publicación da correspondente convocatoria.
  • Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suiza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso de persoas estranxeiras non comunitarias deberán contar con autorización de estancia ou residencia en España.
  • Que as rendas anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 3 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM). Este límite será de 4 ou 5 veces o IPREM se concorren as circunstancias específicas previstas nas bases reguladoras e na resolución de convocatoria.
  • Ter adquirida unha vivenda con posterioridade ao 15 de novembro de 2022 mediante contrato privado ou escritura pública de compravenda.
  • No caso de dispoñer de escritura pública, que a persoa solicitante e a súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentacion da solicitude.
  • Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en España, agás excepcións.

Requisitos das vivendas subvencionadas

  • Estar situadas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.
  • Que o seu prezo de adquisición, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a 120.000 €.
  • Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.

Contía das axudas

A contía da axuda será de ata 10.800,00€ por vivenda, co límite do 20% do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos correspondentes.

Adquisición de vivendas por varias persoas conxuntamente

Neste suposto, cada unha das persoas adquirentes da vivenda deberá presentar unha solicitude.

A contía da axuda será proporcional á súa porcentaxe de participación na compra da vivenda.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de outubro de 2023.

Normativas relacionadas

Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Alugueiro Mocidade e o Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 .
Resolución do 1 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2022. (código de procedemento VI435A).
RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se procede á convocatoria das axudas para a adquisición de vivenda en concellos con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 para o ano 2023 (código de procedemento VI435A).
EXTRACTO da Resolución do 26 de decembro de 2022 pola que se procede á convocatoria das axudas para a adquisición de vivenda en concellos con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 para o ano 2023 (código de procedemento VI435A).

Documentos relacionados

  • Cadro resumo sobre a axuda
  • Poboación a 01-01-2022 na provincia de A Coruña
  • Poboación a 01-01-2022 na provincia de Lugo
  • Poboación a 01-01-2022 na provincia de Ourense
  • Poboación a 01-01-2022 na provincia de Pontevedra

Ligazóns relacionados

  • Ligazón a Sede elctrónica da Xunta de Galicia - Procemento Vi435A

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal