AXUDAS
Adquisición de vivenda. VI435A
Os datos desta ficha son orientativos. A información completa debe consultarse na normativa reguladora das axudas.
Wed May 15 16:55:39 CEST 2019
- Compartir
Información xeral
O Plan Estatal de Vivenda 2018-21, regulado no Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, prevé, entre outros, un programa de axudas para o acceso á vivenda en propiedade. O IGVS, a través da Resolución do 12 de decembro de 2018, establece as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan Estatal e as convoca para o 2019. Consulte a información completa premendo AQUÍ
Persoas beneficiarias
A grandes liñas, poden ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas menores de 35 anos que ademais:
- Posúan nacionalidade española ou teñan residencia legal en España.
- Que os seus ingresos anuais sexan iguales ou inferiores a 3 veces o IPREM, ou 4 nalgún caso.
- Que na data da convocatoria teñan un contrato ou unha escritura de adquisición de vivenda, e que a unidade familiar estea aquí empadroada.
- Que a persoa non estea incursa nalgunha causa para obter axudas.
- Non dispor doutra vivenda en territorio español.
Contía das axudas
A contía da axuda será de ata 10.800,00€ por vivenda, co límite do 20% do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos correspondentes.