Volver ao contido

Portal IGVS

Axentes colaboradores

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo empresarial Solo residencial Edificación e calidade
    Vivenda Rehabilitación Fondos EU. Next Generation
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia Observatorio do solo empresarial de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Rehabilitación
    • Axudas
    • Solo empresarial
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
  • Axentes colaboradores
    • Actuacións IGVS
    • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
    • Axudas destinadas a concellos
    • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
    • Áreas Rexurbe
    • Axentes colaboradores
    • Rehabilitación barrios
volver Volver
  • Áreas
    • Axudas
    • Solo empresarial
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
      • Actuacións IGVS
      • Axudas destinadas a cidadáns e comunidades de propietarios
      • Axudas destinadas a concellos
      • Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
      • Áreas Rexurbe
      • Axentes colaboradores
      • Rehabilitación barrios
    • Fondos EU. Next Generation

AXENTES COLABORADORES

Presentación do directorio de axentes colaboradores

Escoitar
altavoz readspeaker
O directorio de axentes colaboradores está aberto a todos as empresas e profesionais que desexen inscribirse e se lles facilitará ás persoas promotoras de actuación protexibles subvencionadas polo IGVS.
O directorio simplifica, facilita e axiliza a xestión e execución das obras de rehabilitación para as que se solicitan axudas públicas
04/09/2007
  • Compartir

O IGVS quere impulsar o apoio aos axentes intervenientes nos procesos de rehabilitación, co obxecto de conseguir a conservación do patrimonio construído e a rexeneración de zonas deprimidas. Estas liñas de actuación pasan por unha potenciación das oficinas de rehabilitación co obxecto  de informar, orientar e asesorar os propietarios e técnicos sobre os criterios de intervencións, actuacións protexidas, e requisitos para acceder ás axudas.

Ao mesmo tempo, e co obxecto de simplificar e clarificar a execución das obras, creou un directorio de axentes colaboradores no que a súa inscrición  supón a inclusión nunha relación de axentes colaboradores que será pública e se lles facilitará ás persoas promotoras de actuacións protexibles subvencionadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo con efecto exclusivamente informativo.

O directorio de axentes colaboradores en materia de rehabilitación ten por obxecto, entón, poñer á disposición dos solicitantes das axudas en materia de rehabilitación tramitadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo unha relación de axentes colaboradores para simplificar, facilitar e axilizar a xestión e execución das obras de rehabilitación, para as que se solicitan axudas públicas. Este directorio terá, exclusivamente, un carácter informativo para os promotores, sen que en ningún caso a inscrición supoña un requisito obrigado para a execución de obras de rehabilitación.

Categorías do directorio de axentes colaboradores

As categorías contempladas do directorio de axentes colaboradores son os seguintes:

  • Subministradores de materiais.
    Con carácter xeral, considéranse subministradores de materiais os fabricantes, almacenistas, importadores ou vendedores de produtos de construción. Consideránse as seguintes subseccións: Madeira aserrada; madeira laminada; pedra; placas e láminas impermeables baixo tella, tella curva ou plana, nova e vella; sistemas de evacuación de pluviais de zinc-titanio, ou cobre; gardacanos a pé de baixante novos ou de derruba; sistemas de tabicaría e pavimentación en seco; cal e argamasas de cal;pinturas; produtos para o tratamento anti-xilófagos e funxicidas de madeira; sistemas de impermeabilización para locais; húmidos da vivenda; pavimentos de madeira; pavimentos cerámicos; pavimentos terrazos e baldosas hidráulicas; portas interiores en madeira; ferraxes para carpintaría; carpintaría de madeira; carpintaría metálica; instalacións de calefacción; instalacións de electricidade; instalacións de auga; instalacións de saneamento e outros.
      
  • Oficios.
    Son os axentes que asumen a elaboración ou a execución dunha fase da obra. Inclúe as seguintes categorías: Canteiros, albaneis; carpinteiros; zinqueiros; fontaneiros; estucadores; pintores; electricistas; calefactores; e outros.
     
  • Contratistas.
    É o axente que asume, contractualmente ante o promotor, o compromiso de executar con medios humanos e materiais, propios e alleos, as obras ou parte destas con suxeición ao proxecto e ao contrato.
     
  • Técnicos.
    Son os axentes que, por encargo do promotor, redactan os proxectos, asumen a dirección de obra ou a dirección de execución de conformidade coas disposicións legais vixentes para cada profesión, de acordo coas especialidades e competencias específicas. Inclúe as categorías de técnicos de grao superior e técnicos de grao medio.

 
Procedemento de inscrición

O procedemento de inscrición no directorio iniciarase mediante a presentación da solicitude adxunta a pé desta páxina, xuntando a documentación que se determina na propia solicitude. Os axentes que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia presentarán unicamente o número de inscrición.

Documentos relacionados

  • Orde do 1 de febreiro de 2008 pola que se modifica a do 13 de novembro pola que se crea o directorio de axentes colaboradores en materia de rehabilitación (Formato PDF)
  • Orde do 13 de novembro polo que se crea o directorio de axentes colaboradores (Formato PDF)
  • Formulario de solicitude de inscrición no directorio de axentes colaboradores (Formato PDF)

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO EMPRESARIAL

  • Plans e proxectos de solo empresarial
  • Adquisición de solo empresarial
  • Alleamento de solo empresarial

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas Deposito de fianzas
Solo empresarial en Galicia - Xestur Solo empresarial en Galicia - Xestur
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Facebook
Twitter
Youtube
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal