Volver ao contido

Portal IGVS

Concellos

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Vivenda
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Aluguer
    • Plans e programas
    • Aluguer
    • Adquisición
    • Vivendas de Promoción Pública (VPP)
    • Vivenda de Proteccion Autonómica (VPA)
    • Censo de vivendas baleiras
    • Sorteos
    • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda
  • Programa de Mobilización de vivendas en aluguer
    • Programa de axudas ao alugamento de vivendas - Plan 2022-2025
    • Bono de alugueiro social
    • Bono alugueiro social para vítimas de violencia de xénero (Pacto de Estado)
    • Bono Aluguer Mocidade - Vivenda
    • Programa de Mobilización de vivendas en aluguer
    • Consultas Axudas
  • Concellos
    • Entidades
    • Concellos
volver Volver
  • Programa de Mobilización de vivendas en aluguer
    • Entidades
    • Concellos

Programa de mobilización de vivendas para o alugamento - Concellos(VI426E)

Escoitar

Este programa pretende mobilizar o maior número posible de vivendas baleiras de titularidade privada para a súa incorporación, a un prezo accesible, ao mercado de alugamento.

Wed Feb 21 00:00:00 CET 2024
  • Compartir

1- Que é este programa?

Con este programa pretendese mobilizar o maior número posible de vivendas baleiras de titularidade privada para a súa incorporación ao mercado de alugamento a través dunha renda accesible.

O programa desenvolverase en colaboración cos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que soliciten a súa incorporación como entidade colaboradora, os cales contarán cunha plataforma informática implantada polo IGVS para o intercambio de información entre elas e o devandito organismo, e na cal figurarán as vivendas baleiras que se oferten en alugamento a través deste programa.

O PMVAC garantirá ás persoas arrendadoras das vivendas incluídas nel, un seguro que cubra o abono das rendas non pagadas, así como un seguro para a reparación dos danos que se ocasionen nas vivendas durante a súa vixencia, sempre que non sexan consecuencia do seu deterioro polo seu uso ou polo paso do tempo, e a asistencia xurídica durante o tempo de duración do contrato.

2- Como incorporar as vivenda neste programa?

Deberá presentarse, antes do 31 de decembro de 2025, a solicitude de incorporación no concello correspondente ao termino municipal onde estea a vivenda, sempre que teña a condición de concello colaborador.

3- Como buscar vivenda?

As persoas demandantes de vivendas que cumpran os requisitos para incorporarse ao PMVAC deberán inscribirse no rexistro de demandantes do concello colaborador correspondente.

Os concellos colaboradores propoñerá a formalización dos contratos de alugamento das vivendas incorporadas, tendo en conta:

  • O número de orde da inscrición no rexistro de demandantes

  • A adecuación das características da súa unidade de convivencia ás das vivendas dispoñibles.

  • Poderán tamén valorar:

    • De ser o caso, a necesidade urxente de vivenda naqueles casos de emerxencia social.

    • Así mesmo, valorarase o feito de que a vivenda estivese xa arrendada ao abeiro do anterior programa de vivendas baleiras.

4- Que é necesario para poder acceder ao alugamento?

Poderán ser arrendatarias das vivendas incorporadas ao PMVAC as persoas maiores de idade que cumpran os seguintes requisitos:

a) Contar coa credencial vixente da súa inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia como demandantes, en réxime de alugamento, ben de vivendas de protección autonómica (VPA) de réxime especial ou xeral e/ou ben de vivendas promoción pública (VPP).

A documentación necesaria para a acreditación da devandita credencial deberá ser entregada pola persoa interesada na vivenda ao concello colaborador antes da formalización do correspondente contrato. Poderá exceptuarse este requisito nos casos previstos no ordinal vixésimo segundo.

b) Dedicar a vivenda alugada á súa residencia habitual e permanente durante todo o tempo de duración do contrato.

c) Que as súas unidades de convivencia teña uns ingresos comprendidos entre 0,7 e 1,5 veces o IPREM. Non obstante, poderá exceptuarse este requisito nos casos previstos no ordinal vixésimo segundo.

d) Que a renda da vivenda a arrendar non sexa superior ao 30% dos ingresos da súa unidade de convivencia.

e) Atoparse nunha situación persoal ou familiar que supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda de aluguer.

f) Estar inscritas no correspondente rexistro do concello como persoas demandantes de vivenda.

g) Non estar incursas en ningunha causa de exclusión deste programa.

5- Como se determinan os ingresos da unidade de convivencia?

Calculando o rateo mensual dos ingresos netos correspondentes a cada un dos seus membros durante os 3 meses anteriores ao da presentación da solicitude, e aplicaráselle o coeficiente multiplicador corrector, en función do número de membros da unidade de convivencia:

• Familias de 1 membro: 1,00.

• Familias de 2 membros: 0,90.

• Familias de 3 membros: 0,80.

• Familias de 4 membros: 0,75.

• Familias de 5 ou máis membros: 0,70.

 

Valoraranse os ingresos da unidade de convivencia e deberán quedar incorporados en concepto de persoas arrendatarias no contrato de arrendamento todas aquelas que se tiveron en conta os seus ingresos para o cálculo económico.

 

6- Que máis documentación teño que presentar?

As persoas asinantes dos contratos de arrendamento deberán asinar unha solicitude para contratar os seguros da vivenda e unha autorización de consulta e cesión dos datos necesarios para a súa tramitación.

Tramitación na sede electrónica da Xunta de Galicia
+

Ligazón a sede electrónica - VI436E

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2024 pola que se regula o Programa de mobilización de vivendas para o alugamento en concellos (código de procedemento VI426E).

Documentos relacionados

  • Resumo
  • Instrución para dar de alta vivendas e contratos no programa de mobilización de vivendas para o alugamento
  • Solicitude de inscrición de vivendas
  • Autorización tramitación de seguros e consulta de datos
  • Autorización persoas arrendatarias
  • Seguro Impagos - Condicións Xerais Seguro Impagos - Condicións Xerais
  • Seguro Multirrisco - Condicións Xerais
  • Seguro Multirrisco - Condicións Particulares
  • Solicitude de baixa da vivenda

Ligazóns relacionados

  • Portal do Programa de Mobilización de Vivendas en Alugueiro

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal