Volver ao contido

Portal IGVS

Entidades

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • Áreas
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Vivenda
    • Axudas
    • Solo residencial
    • Edificación e calidade
    • Vivenda
    • Rehabilitación
    • Fondos EU. Next Generation
    • Locais comerciais e garaxes
  • Aluguer
    • Plans e programas
    • Aluguer
    • Adquisición
    • Vivendas de Promoción Pública (VPP)
    • Vivenda de Proteccion Autonómica (VPA)
    • Censo de vivendas baleiras
    • Sorteos
    • Rexistro de demandantes de vivenda
    • Asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda
  • Programa de Mobilización de vivendas en aluguer
    • Programa de axudas ao alugamento de vivendas - Plan 2022-2025
    • Bono de alugueiro social
    • Bono alugueiro social para vítimas de violencia de xénero (Pacto de Estado)
    • Bono Aluguer Mocidade - Vivenda
    • Programa de Mobilización de vivendas en aluguer
    • Consultas Axudas
  • Entidades
    • Entidades
    • Concellos
volver Volver
  • Programa de Mobilización de vivendas en aluguer
    • Entidades
    • Concellos

Programa de mobilización de vivendas para o alugamento (VI426D)

Escoitar

Este programa pretende mobilizar o meirande número posible de vivendas baleiras de titularidade privada para a súa incorporación, a un prezo accesible, ao mercado de alugamento.

Fri Oct 07 08:25:00 CEST 2022
  • Compartir

Características:

O Programa de mobilización de vivendas para o alugamento (PMVA) desenvolverase a través dunha rede de entidades que colaboran co Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

Ás persoas arrendadoras que incluían as vivendas neste programa se lle garantirá durante un prazo máximo de cinco anos, dende a entrada en vigor do contrato:

  • O aboamento das rendas impagadas.
  • Seguro para reparación de danos, agás que sexan consecuencia da súa deterioración polo seu uso ou polo paso do tempo.
  • Asistencia xurídica durante a vixencia do contrato e no momento da súa resolución.

As persoas arrendadoras poderán retirar en calquera momento anterior á formalización do contrato de alugamento as súas vivendas do PMVA, agás que teñan recibido algunha subvención do IGVS.

 Requisitos das entidades colaboradoras

  • Ter a condición de axente da propiedade inmobiliaria, administrador de predios ou, de conformidade coa lexislación vixente, dedicarse profesionalmente ao exercicio da actividade de intermediación inmobiliaria durante, polo menos, os últimos 5 anos.
  • Dispoñer dun seguro de responsabilidade civil profesional.
  • Ter un establecemento aberto ao público dotado de acceso a internet de alta velocidade e do equipamento para anexar documentos en formato PDF.
  • Ter un medio de identificación electrónico aceptado.
  • Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, Seguridade Social e coa Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Non ter sido condenado por sentenza firma en procesos penais.
  • Non ter sido condenado por un laudo arbitral definitivo.

Requisitos das vivendas

  • Non ser de titularidade pública nin estar suxeita a ningún réxime de protección pública.
  • Non estar afectada por algunha circunstancia xurídica que impida o seu alugamento.
  • Reunir as condicións adecuadas de habitabilidade e mantemento.
  • Dispor, cando menos, de cociña amoblada e equipada con placa de cociña, fregadeiro, lavadora, neveira e campá extractora, así como dun baño con inodoro, lavabo e ducha ou bañeira, todo en perfecto estado de funcionamento.
  • Non ter sido arrendadas nos 2 meses inmediatamente anteriores á súa incorporación a este programa.
  • Ter un alugueiro que non supere os seguintes límites:

Importe da renda

Municipios

600 €

Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e Pontevedra.

 

500 €

Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carba­llo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene, Ferrol, Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume, Ribeira, Sada e Teo.

 

Burela, Cervo, Chantada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.

 

Allariz, A Rúa, Ourense, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia.

 

A Estrada, A Illa de Arousa, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

400 €

No resto de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia.

         

Requisitos das persoas arrendatarias

  • Contar coa credencial vixente da súa inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia como demandantes.
  • Dedicar a vivenda alugada á súa residencia habitual e permanente durante todo o tempo de duración do contrato.
  • Non estar incurso en ningunha causa de exclusión deste programa.
  • Non poderán ser arrendatarias:
    • As persoas que tivesen alugada a vivenda dentro dos 3 meses anteriores á súa incorporación ao PMVA.
    • Cando teñan coa persoa arrendadora algún vínculo de parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo coa persoa arrendadora.

Acreditación de ingresos previos ao contratos

  • A unidade de convivencia terá uns ingresos anuais ponderados iguais ou superiores a 1 veces o IPREM ou ben iguais ou inferiores a 4,5 veces o IPREM, segundo a composición da unidade de convivencia, que se acreditará coa credencial vixente da súa inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.
  • A renda da vivenda non será superior ao 30 % dos ingresos da persoa arrendataria. Para estes efectos, poderanse ter en conta os ingresos doutras persoas membros da unidade de convivencia, sempre que estas se incorporen ao contrato en concepto de arrendatarias e cumpran os requisitos.
  • As persoas arrendatarias deberán aportar:
  • Copia das 2 últimas nóminas e asinar a solicitude de seguro.
  • Copia da Resolución de concesión de subvención do bono de aluguer social ou de subvención ao alugamento do plan de vivenda, de ser o caso.
  • Declaración da renda do último exercicio vencido, no caso de que a persoa solicitante estea no réxime especial de traballadores autónomos.

Inicio do programa

O programa estará vixente desde o 04 de outubro de 2022 ata o 31 de decembro de 2025, sen prexuízo de que se manteñan, con posterioridade a ese prazo, as obrigas derivadas deste programa respecto dos contratos de alugamento asinados durante o citado período.

Tramitación na sede electrónica da Xunta de Galicia
+

Ligazón a sede electrónica

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2022 pola que se regula o Programa de mobilización de vivendas para o alugamento (código de procedemento VI426D).

Documentos relacionados

  • Resumo
  • Información sobre o programa
  • Instrución para dar de alta vivendas e contratos no programa de mobilización de vivendas para o alugamento
  • Solicitude de inscrición de vivendas
  • Autorización tramitación de seguros e consulta de datos
  • Autorización persoas arrendatarias
  • Seguro Impagos - Condicións Xerais
  • Seguro Impagos - Condicións Particulares
  • Seguro Multirrisco - Consicións Xerais - CASER
  • Seguro Multirrisco - Condicións Particulares - CASER
  • Seguro Multirrisco - Consicións Xerais - FIATC
  • Seguro Multirrisco - Condicións Particulares - FIATC
  • Solicitude de baixa da vivenda

Ligazóns relacionados

  • Portal do Programa de Mobilización de Vivendas en Alugueiro

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal