Solo Empresarial
Venda parcelas da PLISAN 2023
Poxa pública á alza para a venda e/ou constitución do dereito de superficie en parcelas resultantes do proxecto de parcelación da zona denominada Área Loxística Empresarial da Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra de Miño - As Neves (PLISAN) (expediente PLISAN 2023/COMPRAVENDA-(3)-LE).
- Compartir
RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2023 pola que se anuncia a poxa pública á alza para a venda e/ou constitución do dereito de superficie en parcelas resultantes do proxecto de parcelación da zona denominada Área Loxística Empresarial da Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (PLISAN) (expediente PLISAN 2023/COMPRAVENDA-(3)-LE).
Procedemento para a adxudicación, mediante poxa pública á alza e mediante compravenda e/ou para a constitución do dereito de superficie, das parcelas resultantes do proxecto de parcelación correspondente á zona denominada Área Loxística Empresarial da Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (PLISAN).
A descrición física e xurídica das parcelas obxecto da poxa, así como as súas cargas e gravames, figuran no anexo I do prego de condicións.
Prezo das parcelas.
O prezo base de saída para a compravenda, IVE excluído, e para a constitución do dereito de superficie, en concepto de canon, é o que figura no anexo I do prego de condicións.
Garantías.
Para participar na poxa requirirase constituír previamente unha garantía do 5 % do prezo base de licitación da/s parcela/s sobre a/s que se realice a oferta.
Lugar e prazo de presentación das ofertas.
As ofertas deberán remitirse por correo certificado, a través das oficinas de Correos, aos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situados en Área Central s/n, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, ata as 14.00 horas do día 15 de setembro de 2023.
As ofertas remitidas por unha canle distinta ou a un lugar diferente ao indicado non serán admitidas.
O licitador deberá xustificar o mesmo día da remisión da documentación ou, como moi tarde, antes do vencemento do prazo sinalado para a presentación das ofertas, a través do correo electrónico ao enderezo contratacionigvs@xunta.gal, a data do envío na oficina de Correos e os datos identificativos da persoa ou entidade que remite a documentación. De non concorrer este requisito, tampouco será admitida a oferta.
Así mesmo, transcorridos dez días naturais contados desde o último para a presentación da oferta sen que se recibise esta, tampouco será admitida.
A poxa publica será no salón de actos, 2ª planta, das oficinas centrais do IGVS, en Santiago de Compostela, no día e na hora que se anuncien con polo menos cinco días de antelación á súa realización, na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.gal/igvs/plisan).
Documentos relacionados
- Resolución pola que se declara deserta a poxa pública para a venda e/ou para a constitución do dereito de superficie en parcelas resultantes do proxecto de parcelación da zona denominada Área Loxística Empresarial da Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra de Miño-As Neves. Expediente: Plisan 2023/compravenda-le
- Informe pregos parcelas
- Prego de condicións da poxa á alza para a venda e/ou para a constitución do dereito de superficie en parcelas resultantes do proxecto de parcelación da zona denominada área loxística empresarial da plataforma loxística e industrial de Salvaterra de Miño-As Neves (Plisán). expediente: Plisán 2023/compravenda (3)-LLE
- Condicións suministros de servizos aos usuarios da PLISAN
- Documento refundido normativa do proxecto sectorial implantación plataforma loxística e industrial Salvaterra de Miño ‐ As Neves(PLISAN)
- Condicións de suministro eléctrico de prcelas LE-PLISAN
- Ordenanza vertidos da PLISAN
- Plano venda parcelas
- Plano parcelas 3ª comercialización
- Anexo I - Parcelas obxecto de comercialización
- Anexo II - Modelo de declaración responsable