Volver ao contido

Portal IGVS

De interese

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • De interese
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade

Outras axudas

Axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o verán de 2025(código de procedemento VI100B).

Escoitar

Obxecto das axudas

Estas axudas están dirixidas a paliar os danos causados polos incendios nas vivendas e o seu enxoval doméstico.

Sat Aug 30 00:05:00 CEST 2025
  • Compartir

A quén vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas que sufrisen danos que afecten tanto á vivenda como ao seu enxoval doméstico.

Actuacións subvencionables e contía:

1.- AXUDAS DIRIXIDAS Á REHABILITACIÓN E RECONSTRUCIÓN DAS VIVENDAS AFECTADAS:

 a) Vivenda habitual e permanente (e instalacións complementarias)

 O importe da axuda será o 100 % do valor de rehabilitación (ou de reposición no caso de ruína). O importe da axuda non poderá superar os 132.000 euros

 No caso de ruína axuda poderá destinarse a reconstruír a vivenda ou adquirir unha nova.

 b) Vivendas ocasionais (e instalacións complementarias)

 O importe da axuda será o 100 % do valor de rehabilitación ou polo importe correspondente ao seu valor catastral, no caso de ruína. Nos casos de ruína nos que se pretenda a rehabilitación do inmoble, o importe da axuda será do 100% do valor de rehabilitación.

 En calquera dos casos o importe da axuda non poderá superar os 66.000 euros.

 No caso de ruína axuda poderá destinarse a reconstruír a vivenda ou adquirir unha nova.

 c) Exclusións

 Quedan excluídas das axudas os inmobles en estado ruinoso o abandonados antes dos incendios.

2.- AXUDAS PARA O ENXOVAL DOMÉSTICO:

a) Vivendas ruinosas que constituían residencia habitual e permanente: o 100% dos gastos de reposición, co límite de 16.200 euros.

b) Vivendas ruinosas que NON constituían residencia habitual e permanente: 50% dos gastos de reposición, co límite de 5.400 euros.

c) Demais vivendas que constituían residencia habitual e permanente: 100% dos gastos de reposición, co límite de 7.600 euros.

d) Demais vivendas que NON constituían residencia habitual e permanente: 50% dos gastos de reposición, co límite de 3.300 euros.

 

Procedemento:

As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de presentación ata o esgotamento do crédito; entenderase como data de presentación aquela na que o expediente teña toda a documentación correcta que debe acompañar á solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 01/09/2025 ata o 28/11/2025

Forma de presentación: Presencial ou electrónica.

Prazo de resolución: 1 mes.

Prazo de execución:

As actuacións poderán estar iniciadas carácter previo á presentación da solicitude ou da resolución de concesión, sempre que se conserven fotografías e calquera outro documento que acredite o estado en que quedara a vivenda, as instalacións complementarias ou o enxoval por causa dos incendios.

No suposto de actuacións de rehabilitación na vivenda danada e/ou nas súas instalacións complementarias, o prazo para a execución das obras non poderá ser superior a vinte e catro meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión da axuda.

Xustificación:

 - Vivendas en ruína: non requirirán outra xustificación que a acreditación por calquera medio admisible en dereito da titularidade ou usufruto do inmoble previamente á concesión, sen prexuízo dos controis que se establezan para verificar esta cuestión.

- Actuacións de rehabilitación ou reparación: deberá achegar, dentro do prazo concedido na resolución de concesión, anexo III acompañado da documentación xustificativa do gasto realizado.

-Prazo para xustificar: máximo ata o 15 de decembro de cada anualidade.

Tramitación na sede electrónica da Xunta de Galicia

Normativas relacionadas

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o verán de 2025, con carácter plurianual (código de procedemento VI100B).
EXTRACTO da Resolución do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o verán de 2025, con carácter plurianual (código de procedemento VI100B).

Documentos relacionados

  • Cadro resume das axudas

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal