Volver ao contido

Portal IGVS

Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo empresarial Solo residencial Edificación e calidade
    Vivenda Rehabilitación Fondos EU. Next Generation
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia Observatorio do solo empresarial de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Estrutura Orgánica
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
  • Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección
    • Visión da estrutura orgánica
    • A Dirección Xeral
    • A Secretaría Xeral
    • Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección
    • Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade
    • Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos
    • Dirección Técnica de Fomento
    • As xefaturas territoriais
    • As áreas provinciais
    • Xestur
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
      • Visión da estrutura orgánica
      • A Dirección Xeral
      • A Secretaría Xeral
      • Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección
      • Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade
      • Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos
      • Dirección Técnica de Fomento
      • As xefaturas territoriais
      • As áreas provinciais
      • Xestur
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade

O IGVS

Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección

Escoitar
altavoz readspeaker
11/10/2021
  • Compartir

Á Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. A administración e xestión do patrimonio do IGVS, así como a xestión das rendas dos bens deste.
  2. A elaboración das propostas de normativa reguladora da adxudicación, uso e xestión, conservación, administración, aproveitamento e transmisión do patrimonio de vivendas e locais do IGVS.
  3. A xestión dos ingresos relacionados coas competencias propias que lle correspondan á Dirección Técnica.
  4. O desenvolvemento e execución das competencias que a Lei 3/1988 lle atribúe ao IGVS en materia financeira e, en especial, o endebedamento.
  5. A xestión das fianzas, así como a proposta do desenvolvemento normativo para a constitución dos depósitos e a xestión destes.
  6. A tramitación, de ser o caso, de convenios coas entidades financeiras para o financiamento hipotecario das promocións de vivenda pública.
  7. A realización dos estudos precisos para un mellor coñecemento das necesidades no ámbito das súas competencias.
  8. Dirixir as funcións de inspección e control nas materias que legalmente lle corresponden ao IGVS.
  9. Elaborar instrucións e directrices de coordinación das áreas provinciais sobre o réxime xurídico das vivendas de promoción pública e resto de funcións competencia da Dirección Técnica.
  10. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Dependendo do/a director/a técnico/a existirán as seguintes unidades, con rango de xefatura de servizo:

Servizo de Xestión e Financiamento de Vivendas de Promoción Pública

Coas seguintes funcións:

  1. Propoñer, elaborar e realizar o seguimento dos convenios coas entidades financeiras para facilitar o acceso das persoas adxudicatarias ás vivendas protexidas de promoción pública.
  2. A revisión e a tramitación dos estudos económicos de valoración de vivendas para a súa aprobación.
  3. A xestión directa da facturación e recadación mensual, así como as amortizacións de vivendas e locais e a revisión e control das contas de recadación.
  4. A xestión de asuntos referentes á facenda pública e, especificamente, a xestión do IVE no ámbito do patrimonio inmobiliario do organismo.
  5. Elaborar as propostas de regulación e o seguimento dos rexistros públicos de demandantes que se creen en materia da súa competencia.
  6. O control dos procedementos de adxudicación, uso e coordinación da xestión das vivendas protexidas e de locais comerciais de titularidade do IGVS.
  7. A xestión de pagamentos a comunidades de propietarios e xestión de xuntas administradoras de inquilinos/as.
  8. Propostas e preparación da normativa reguladora das vivendas de promoción pública e locais do organismo.
  9. A coordinación dos trámites a realizar polas diferentes unidades de servizos centrais e servizos periféricos, en relación con estas funcións, nos diversos procedementos que teñan relación cos inmobles.
  10. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Servizo de Patrimonio

Correspondenlle as seguintes funcións:

  1. O estudo, a proposta e a xestión de todas as actuacións encamiñadas á mellor administración e defensa do patrimonio de solo, vivendas e locais comerciais do IGVS.
  2. A realización de trámites notariais e rexistrais das actuacións en materia patrimonial.
  3. A revisión e actualización e mantemento do inventario de bens inmobles en coordinación cos outros órganos do IGVS.
  4. Preparación e tramitación de todo tipo de expedientes en defensa extraxudicial dos intereses do IGVS e do seu patrimonio.
  5. A depuración e regularización da situación rexistral do parque inmobiliario do IGVS.
  6. Propostas e preparación da normativa reguladora das vivendas de promoción pública e locais de propiedade do organismo, en especial, no relativo aos aspectos xurídicos, de xestión, inventario e administración.
  7. Xestión da valoración de riscos e da xestión dos correspondentes seguros.
  8. A coordinación dos trámites que deben realizar as diferentes unidades de servizos centrais e servizos periféricos en relación coas funcións da súa competencia.
  9. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Servizo de Fianzas e Xestión de Tributos Locais

Ao cal lle corresponderá o exercicio das seguintes funcións:

  1. A administración e xestión directa, ou mediante concertos, das fianzas legalmente establecidas nos supostos de alugamento de vivendas e locais de negocio e contratos de subministración.
  2. A aplicación da normativa reguladora en materia de depósitos de fianzas.
  3. A proposta das actuacións inspectoras en materia de depósitos de fianzas.
  4. A coordinación da xestión de pagamento do IBI e o resto dos tributos locais que gravan os bens de titularidade do IGVS.
  5. A coordinación dos trámites que deben realizar as diferentes unidades de servizos centrais e servizos periféricos, nos diversos procedementos en relación con estas funcións.
  6. A coordinación e a proposta de mellora dos sistemas de xestión e dos programas informáticos da dirección técnica.
  7. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Servizo de Réxime Xurídico e Inspección.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. Planificar, coordinar e, de ser o caso, efectuar as inspeccións de ocupacións, usos e transmisións nas vivendas de promoción pública e locais propios do IGVS.
  2. A inspección para verificar o cumprimento da normativa reguladora do uso e transmisión das vivendas protexidas.
  3. Coordinar as actuacións que procedan en relación coas denuncias efectuadas ou as inspeccións feitas.
  4. Efectuar as inspeccións relativas aos impagamentos de vivendas de promoción pública e coordinar coas áreas provinciais os expedientes de resolución de contratos e desafiuzamentos. Realizar requirimentos en reclamación do cobramento de débedas.
  5. Xestionar os expedientes de execucións hipotecarias que se produzan por impagamento nas vivendas de promoción pública.
  6. A programación, coordinación e seguimento das actividades de inspección relativas aos depósitos de fianzas para garantir o cumprimento da súa normativa reguladora.
  7. O estudo e informe e proposta de resolución das reclamacións e dos recursos interpostos contra actos do IGVS en materia de competencia da dirección técnica.
  8. Xestionar as relacións administrativas cos xulgados e tribunais, así como impulsar o cumprimento das sentenzas ditadas por estes, en materia de competencia da dirección técnica.
  9. Calquera outra que, en materia de inspección, lle asigne a normativa de aplicación relativa ás competencias propias do IGVS ou que lle sexa encomendada de acordo con estas funcións.

Documentos relacionados

  • Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego de Vivenda e Solo
  • Decreto 288/1988 de desenvolvemento da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo Decreto 288/1988 de desenvolvemento da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo
  • Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO EMPRESARIAL

  • Plans e proxectos de solo empresarial
  • Adquisición de solo empresarial
  • Alleamento de solo empresarial

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas Deposito de fianzas
Solo empresarial en Galicia - Xestur Solo empresarial en Galicia - Xestur
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Facebook
Twitter
Youtube
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal