- Inicio
- O IGVS
- Estrutura Orgánica
-
Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección
- Visión da estrutura orgánica
- A Dirección Xeral
- A Secretaría Xeral
- Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección
- Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade
- Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos
- Dirección Técnica de Fomento
- As xefaturas territoriais
- As áreas provinciais
- Xestur
-
O IGVS
- Benvida
- Competencias
-
Estrutura Orgánica
- Visión da estrutura orgánica
- A Dirección Xeral
- A Secretaría Xeral
- Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección
- Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade
- Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos
- Dirección Técnica de Fomento
- As xefaturas territoriais
- As áreas provinciais
- Xestur
- Lexislación
- Atención ao público
- Transparencia e goberno aberto
- Actualidade
O IGVS
Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección
11/10/2021
- Compartir
Á Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
- A administración e xestión do patrimonio do IGVS, así como a xestión das rendas dos bens deste.
- A elaboración das propostas de normativa reguladora da adxudicación, uso e xestión, conservación, administración, aproveitamento e transmisión do patrimonio de vivendas e locais do IGVS.
- A xestión dos ingresos relacionados coas competencias propias que lle correspondan á Dirección Técnica.
- O desenvolvemento e execución das competencias que a Lei 3/1988 lle atribúe ao IGVS en materia financeira e, en especial, o endebedamento.
- A xestión das fianzas, así como a proposta do desenvolvemento normativo para a constitución dos depósitos e a xestión destes.
- A tramitación, de ser o caso, de convenios coas entidades financeiras para o financiamento hipotecario das promocións de vivenda pública.
- A realización dos estudos precisos para un mellor coñecemento das necesidades no ámbito das súas competencias.
- Dirixir as funcións de inspección e control nas materias que legalmente lle corresponden ao IGVS.
- Elaborar instrucións e directrices de coordinación das áreas provinciais sobre o réxime xurídico das vivendas de promoción pública e resto de funcións competencia da Dirección Técnica.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Dependendo do/a director/a técnico/a existirán as seguintes unidades, con rango de xefatura de servizo:
Servizo de Xestión e Financiamento de Vivendas de Promoción Pública
Coas seguintes funcións:
- Propoñer, elaborar e realizar o seguimento dos convenios coas entidades financeiras para facilitar o acceso das persoas adxudicatarias ás vivendas protexidas de promoción pública.
- A revisión e a tramitación dos estudos económicos de valoración de vivendas para a súa aprobación.
- A xestión directa da facturación e recadación mensual, así como as amortizacións de vivendas e locais e a revisión e control das contas de recadación.
- A xestión de asuntos referentes á facenda pública e, especificamente, a xestión do IVE no ámbito do patrimonio inmobiliario do organismo.
- Elaborar as propostas de regulación e o seguimento dos rexistros públicos de demandantes que se creen en materia da súa competencia.
- O control dos procedementos de adxudicación, uso e coordinación da xestión das vivendas protexidas e de locais comerciais de titularidade do IGVS.
- A xestión de pagamentos a comunidades de propietarios e xestión de xuntas administradoras de inquilinos/as.
- Propostas e preparación da normativa reguladora das vivendas de promoción pública e locais do organismo.
- A coordinación dos trámites a realizar polas diferentes unidades de servizos centrais e servizos periféricos, en relación con estas funcións, nos diversos procedementos que teñan relación cos inmobles.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Patrimonio
Correspondenlle as seguintes funcións:
- O estudo, a proposta e a xestión de todas as actuacións encamiñadas á mellor administración e defensa do patrimonio de solo, vivendas e locais comerciais do IGVS.
- A realización de trámites notariais e rexistrais das actuacións en materia patrimonial.
- A revisión e actualización e mantemento do inventario de bens inmobles en coordinación cos outros órganos do IGVS.
- Preparación e tramitación de todo tipo de expedientes en defensa extraxudicial dos intereses do IGVS e do seu patrimonio.
- A depuración e regularización da situación rexistral do parque inmobiliario do IGVS.
- Propostas e preparación da normativa reguladora das vivendas de promoción pública e locais de propiedade do organismo, en especial, no relativo aos aspectos xurídicos, de xestión, inventario e administración.
- Xestión da valoración de riscos e da xestión dos correspondentes seguros.
- A coordinación dos trámites que deben realizar as diferentes unidades de servizos centrais e servizos periféricos en relación coas funcións da súa competencia.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Fianzas e Xestión de Tributos Locais
Ao cal lle corresponderá o exercicio das seguintes funcións:
- A administración e xestión directa, ou mediante concertos, das fianzas legalmente establecidas nos supostos de alugamento de vivendas e locais de negocio e contratos de subministración.
- A aplicación da normativa reguladora en materia de depósitos de fianzas.
- A proposta das actuacións inspectoras en materia de depósitos de fianzas.
- A coordinación da xestión de pagamento do IBI e o resto dos tributos locais que gravan os bens de titularidade do IGVS.
- A coordinación dos trámites que deben realizar as diferentes unidades de servizos centrais e servizos periféricos, nos diversos procedementos en relación con estas funcións.
- A coordinación e a proposta de mellora dos sistemas de xestión e dos programas informáticos da dirección técnica.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Réxime Xurídico e Inspección.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
- Planificar, coordinar e, de ser o caso, efectuar as inspeccións de ocupacións, usos e transmisións nas vivendas de promoción pública e locais propios do IGVS.
- A inspección para verificar o cumprimento da normativa reguladora do uso e transmisión das vivendas protexidas.
- Coordinar as actuacións que procedan en relación coas denuncias efectuadas ou as inspeccións feitas.
- Efectuar as inspeccións relativas aos impagamentos de vivendas de promoción pública e coordinar coas áreas provinciais os expedientes de resolución de contratos e desafiuzamentos. Realizar requirimentos en reclamación do cobramento de débedas.
- Xestionar os expedientes de execucións hipotecarias que se produzan por impagamento nas vivendas de promoción pública.
- A programación, coordinación e seguimento das actividades de inspección relativas aos depósitos de fianzas para garantir o cumprimento da súa normativa reguladora.
- O estudo e informe e proposta de resolución das reclamacións e dos recursos interpostos contra actos do IGVS en materia de competencia da dirección técnica.
- Xestionar as relacións administrativas cos xulgados e tribunais, así como impulsar o cumprimento das sentenzas ditadas por estes, en materia de competencia da dirección técnica.
- Calquera outra que, en materia de inspección, lle asigne a normativa de aplicación relativa ás competencias propias do IGVS ou que lle sexa encomendada de acordo con estas funcións.
Documentos relacionados
- Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego de Vivenda e Solo
- Decreto 288/1988 de desenvolvemento da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo Decreto 288/1988 de desenvolvemento da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo
- Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo