O IGVS
Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonial
Sat Nov 20 12:27:00 CET 2021
- Compartir
Á Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonial correspóndelle, sen prexuízo das competencias que en materia de control sexan exercidas pola Consellería de Facenda, a través da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, as seguintes funcións:
- A supervisión e asesoramento da actividade económica do IGVS.
- A subministración á Dirección Xeral da información da actividade económica do IGVS.
- O impulso da elaboración do anteproxecto de orzamentos do IGVS, así como o control orzamentario das correspondentes unidades administrativas.
- A colaboración coa Dirección Xeral e a Secretaría Xeral na planificación e programación da actividade económica do IGVS coa distribución dos proxectos e financiamento.
- A coordinación dos traballos de inventario do IGVS, os procedementos de actualización, así como a coordinación das unidades que teñan implicación no seu mantemento, todo iso sen prexuízo das funcións que corresponden á Secretaría Xeral e ao Servizo de Contabilidade e Tesouraría desta dirección técnica, no relativo á certificación dos bens que forman parte daquel, e mais a anotación na contabilidade do IGVS. Así mesmo, remitirá, por solicitude da Consellería de Facenda, os datos precisos para a actualización do Inventario Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma.
- A análise dos procedementos de gasto do IGVS, propoñendo as modificacións precisas para que se axusten aos principios de economía e axilidade que permitan unha maior eficacia para a xestión.
- A análise da evolución de ingresos e a proposta de medidas orientadas a acadar unha maior capacidade de obtención de fondos propios por parte do IGVS.
- A coordinación das relacións cos órganos de control da Xunta de Galicia, o Consello de Contas ou o Tribunal de Contas.
- A dirección da contabilidade do organismo.
- A coordinación e control da Tesouraría e dos ingresos e pagamentos do organismo.
- O desenvolvemento e execución das competencias que a Lei 3/1988, do 27 de abril, lle atribúe ao IGVS en materia financeira e, en especial, o endebedamento.
- A tramitación das xustificacións ao Estado do pagamento das axudas con fondos transferidos.
- A realización da coordinación para a correcta aplicación dos fondos transferidos polo Estado e o seguimento dos balances e liquidacións correspondentes aos distintos plans de vivenda.
- A análise, seguimento e avaliación do desenvolvemento e execución dos fondos asignados aos plans de vivenda, solo e rehabilitación tanto autonómicos como estatais e/ou europeos.
- A xestión do réxime orzamentario de axudas propias da Comunidade Autónoma en materia vivenda.
- A xestión e aplicación dos fondos incorporados.
- A tramitación dos expedientes de xestión patrimonial, incluídos os contratos privados, excepto os que estean atribuídos ás direccións territoriais ou ás áreas provinciais, así como o estudo, a proposta e a xestión de todas as actuacións encamiñadas á mellor administración e defensa do patrimonio de solo, vivendas e locais comerciais do IGVS.
- A tramitación, de ser o caso, de convenios coas entidades financeiras para o financiamento hipotecario das promocións de vivenda pública, así como o establecemento de liñas de colaboración con entidades financeiras para facilitar o acceso dos promotores e adquirentes ao financiamento de actuacións en materia de vivenda.
- A coordinación da xestión de pagamento do IBI e o resto dos tributos locais que gravan os bens de titularidade do IGVS.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
A Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonial contará cos seguintes servizos, con rango de xefatura de servizo:
Servizo de Orzamentos.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
- A realización dos traballos necesarios para a confección do anteproxecto de orzamento do IGVS.
- A realización do seguimento da execución do orzamento.
- A tramitación, cando sexa preciso, das oportunas modificacións do orzamento.
- A tramitación das solicitudes de autorización para os expedientes de gastos plurianuais que superen os límites establecidos na normativa de réxime económico-financeiro.
- O seguimento dos ingresos do IGVS.
- A xestión do réxime orzamentario de axudas propias da Comunidade Autónoma en materia vivenda.
- A xestión e aplicación dos fondos incorporados.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Control Interno.
Realizará, en coordinación cos órganos de control da Xunta de Galicia, as seguintes funcións:
- A formulación das propostas de control preventivo do cumprimento da legalidade substantiva e formal nos procesos de xestión do gasto do IGVS.¡
- O apoio ao control posterior do cumprimento das normas e directrices internas e externas na xestión das operacións do IGVS, así como do cumprimento dos principios de eficacia e economía na súa xestión.
- A realización das propostas de melloras, modificacións ou revisións dos procedementos de xestión económico-financeira do IGVS.
- A revisión e supervisión dos procesos nos que se concreta a actividade económica do organismo, con carácter previo á aprobación pola Dirección Xeral.
- O asesoramento ás unidades con competencia na xestión do gasto.
- O mantemento de información continúa relativa aos gastos.
- A tramitación das xustificacións ao Estado do pagamento das axudas con fondos transferidos.
- A coordinación para a correcta aplicación dos fondos transferidos polo Estado e o seguimento dos balances e liquidacións correspondentes aos distintos plans de vivenda.
- A análise, seguimento e avaliación do desenvolvemento e execución dos fondos asignados aos plans de vivenda, solo e rehabilitación, tanto autonómicos como estatais.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Contabilidade e Tesouraría.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
- A realización das accións propias da xestión da tesouraría do IGVS, así como a materialización dos ingresos e pagamentos, o control dos saldos das contas correntes do IGVS, a recepción, custodia e devolución de depósitos que se constitúan ante o IGVS e, de ser o caso, a xestión das funcións que lle corresponden ao IGVS en relación coa recadación executiva prevista na disposición adicional terceira da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS.
- A elaboración e subministración da información contable que precisen os órganos de dirección do IGVS.
- O desenvolvemento da contabilidade do IGVS.
- A preparación das posibles modificacións e adaptacións do Plan xeral de contabilidade pública para o IGVS.
- A preparación e exame das contas que debe render o IGVS ante o seu órgano de tutela, a Xunta de Galicia, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas ou calquera outra rendición de contas preceptiva.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Servizo de Patrimonio.
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
- A revisión e a tramitación dos estudos económicos de valoración de vivendas protexidas de promoción pública para a súa aprobación.
- A xestión directa da facturación e recadación mensual, así como as amortizacións de vivendas e locais e a revisión e control das contas de recadación.
- A xestión de pagamentos a comunidades de propietarios e xestión de xuntas administradoras de inquilinos.
- A coordinación da xestión de pagamento do IBI e do resto dos tributos locais que gravan os bens de titularidade do IGVS.
- A tramitación dos expedientes de xestión patrimonial, incluídos os contratos privados, excepto os que estean atribuídos ás direccións territoriais ou ás áreas provinciais, así como o estudo, a proposta e a xestión de todas as actuacións encamiñadas á mellor administración e defensa do patrimonio de solo, vivendas e locais comerciais do IGVS.
- A tramitación, de ser o caso, de convenios coas entidades financeiras para o financiamento hipotecario das promocións de vivenda pública, así como o establecemento de liñas de colaboración con entidades financeiras para facilitar o acceso dos promotores e adquirentes ao financiamento de actuacións en materia de vivenda.
- A realización de trámites notariais e rexistrais das actuacións en materia patrimonial, así como a depuración e regularización da situación rexistral do parque inmobiliario do IGVS.
- A xestión da valoración de riscos e da xestión dos correspondentes seguros.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.