Volver ao contido

Portal IGVS

Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonio

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Estrutura Orgánica
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
  • Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonio
    • Visión da estrutura orgánica
    • A Dirección Xeral
    • A Secretaría Xeral
    • Dirección Técnica de Solo Residencial
    • Dirección Técnica de Edificación y Calidad
    • Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonio
    • Dirección Técnica de Axudas á Vivenda
    • Os Departamentos Territoriais
    • As Áreas Provinciais
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
      • Visión da estrutura orgánica
      • A Dirección Xeral
      • A Secretaría Xeral
      • Dirección Técnica de Solo Residencial
      • Dirección Técnica de Edificación y Calidad
      • Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonio
      • Dirección Técnica de Axudas á Vivenda
      • Os Departamentos Territoriais
      • As Áreas Provinciais
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade

O IGVS

Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonial

Escoitar
Sat Nov 20 12:27:00 CET 2021
  • Compartir

Á Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonial correspóndelle, sen prexuízo das competencias que en materia de control sexan exercidas pola Consellería de Facenda, a través da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, as seguintes funcións: 

  1. A supervisión e asesoramento da actividade económica do IGVS.
  2. A subministración á Dirección Xeral da información da actividade económica do IGVS.
  3. O impulso da elaboración do anteproxecto de orzamentos do IGVS, así como o control orzamentario das correspondentes unidades administrativas.
  4. A colaboración coa Dirección Xeral e a Secretaría Xeral na planificación e programación da actividade económica do IGVS coa distribución dos proxectos e financiamento.
  5. A coordinación dos traballos de inventario do IGVS, os procedementos de actualización, así como a coordinación das unidades que teñan implicación no seu mantemento, todo iso sen prexuízo das funcións que corresponden á Secretaría Xeral e ao Servizo de Contabilidade e Tesouraría desta dirección técnica, no relativo á certificación dos bens que forman parte daquel, e mais a anotación na contabilidade do IGVS. Así mesmo, remitirá, por solicitude da Consellería de Facenda, os datos precisos para a actualización do Inventario Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma.
  6. A análise dos procedementos de gasto do IGVS, propoñendo as modificacións precisas para que se axusten aos principios de economía e axilidade que permitan unha maior eficacia para a xestión.
  7. A análise da evolución de ingresos e a proposta de medidas orientadas a acadar unha maior capacidade de obtención de fondos propios por parte do IGVS.
  8. A coordinación das relacións cos órganos de control da Xunta de Galicia, o Consello de Contas ou o Tribunal de Contas.
  9. A dirección da contabilidade do organismo.
  10. A coordinación e control da Tesouraría e dos ingresos e pagamentos do organismo.
  11. O desenvolvemento e execución das competencias que a Lei 3/1988, do 27 de abril, lle atribúe ao IGVS en materia financeira e, en especial, o endebedamento.
  12. A tramitación das xustificacións ao Estado do pagamento das axudas con fondos transferidos.
  13. A realización da coordinación para a correcta aplicación dos fondos transferidos polo Estado e o seguimento dos balances e liquidacións correspondentes aos distintos plans de vivenda.
  14. A análise, seguimento e avaliación do desenvolvemento e execución dos fondos asignados aos plans de vivenda, solo e rehabilitación tanto autonómicos como estatais e/ou europeos.
  15. A xestión do réxime orzamentario de axudas propias da Comunidade Autónoma en materia vivenda.
  16. A xestión e aplicación dos fondos incorporados.
  17. A tramitación dos expedientes de xestión patrimonial, incluídos os contratos privados, excepto os que estean atribuídos ás direccións territoriais ou ás áreas provinciais, así como o estudo, a proposta e a xestión de todas as actuacións encamiñadas á mellor administración e defensa do patrimonio de solo, vivendas e locais comerciais do IGVS.
  18. A tramitación, de ser o caso, de convenios coas entidades financeiras para o financiamento hipotecario das promocións de vivenda pública, así como o establecemento de liñas de colaboración con entidades financeiras para facilitar o acceso dos promotores e adquirentes ao financiamento de actuacións en materia de vivenda.
  19. A coordinación da xestión de pagamento do IBI e o resto dos tributos locais que gravan os bens de titularidade do IGVS.
  20. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

A Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonial contará cos seguintes servizos, con rango de xefatura de servizo:

Servizo de Orzamentos.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. A realización dos traballos necesarios para a confección do anteproxecto de orzamento do IGVS.
  2. A realización do seguimento da execución do orzamento.
  3. A tramitación, cando sexa preciso, das oportunas modificacións do orzamento.
  4. A tramitación das solicitudes de autorización para os expedientes de gastos plurianuais que superen os límites establecidos na normativa de réxime económico-financeiro.
  5. O seguimento dos ingresos do IGVS.
  6. A xestión do réxime orzamentario de axudas propias da Comunidade Autónoma en materia vivenda.
  7. A xestión e aplicación dos fondos incorporados.
  8. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Servizo de Control Interno.

Realizará, en coordinación cos órganos de control da Xunta de Galicia, as seguintes funcións:

  1. A formulación das propostas de control preventivo do cumprimento da legalidade substantiva e formal nos procesos de xestión do gasto do IGVS.¡
  2. O apoio ao control posterior do cumprimento das normas e directrices internas e externas na xestión das operacións do IGVS, así como do cumprimento dos principios de eficacia e economía na súa xestión.
  3. A realización das propostas de melloras, modificacións ou revisións dos procedementos de xestión económico-financeira do IGVS.
  4. A revisión e supervisión dos procesos nos que se concreta a actividade económica do organismo, con carácter previo á aprobación pola Dirección Xeral.
  5. O asesoramento ás unidades con competencia na xestión do gasto.
  6. O mantemento de información continúa relativa aos gastos.
  7. A tramitación das xustificacións ao Estado do pagamento das axudas con fondos transferidos.
  8. A coordinación para a correcta aplicación dos fondos transferidos polo Estado e o seguimento dos balances e liquidacións correspondentes aos distintos plans de vivenda.
  9. A análise, seguimento e avaliación do desenvolvemento e execución dos fondos asignados aos plans de vivenda, solo e rehabilitación, tanto autonómicos como estatais.
  10. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Servizo de Contabilidade e Tesouraría.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1.  A realización das accións propias da xestión da tesouraría do IGVS, así como a materialización dos ingresos e pagamentos, o control dos saldos das contas correntes do IGVS, a recepción, custodia e devolución de depósitos que se constitúan ante o IGVS e, de ser o caso, a xestión das funcións que lle corresponden ao IGVS en relación coa recadación executiva prevista na disposición adicional terceira da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS.
  2. A elaboración e subministración da información contable que precisen os órganos de dirección do IGVS.
  3. O desenvolvemento da contabilidade do IGVS.
  4. A preparación das posibles modificacións e adaptacións do Plan xeral de contabilidade pública para o IGVS.
  5. A preparación e exame das contas que debe render o IGVS ante o seu órgano de tutela, a Xunta de Galicia, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas ou calquera outra rendición de contas preceptiva.
  6. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Servizo de Patrimonio.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. A revisión e a tramitación dos estudos económicos de valoración de vivendas protexidas de promoción pública para a súa aprobación.
  2. A xestión directa da facturación e recadación mensual, así como as amortizacións de vivendas e locais e a revisión e control das contas de recadación.
  3. A xestión de pagamentos a comunidades de propietarios e xestión de xuntas administradoras de inquilinos.
  4. A coordinación da xestión de pagamento do IBI e do resto dos tributos locais que gravan os bens de titularidade do IGVS.
  5. A tramitación dos expedientes de xestión patrimonial, incluídos os contratos privados, excepto os que estean atribuídos ás direccións territoriais ou ás áreas provinciais, así como o estudo, a proposta e a xestión de todas as actuacións encamiñadas á mellor administración e defensa do patrimonio de solo, vivendas e locais comerciais do IGVS.
  6. A tramitación, de ser o caso, de convenios coas entidades financeiras para o financiamento hipotecario das promocións de vivenda pública, así como o establecemento de liñas de colaboración con entidades financeiras para facilitar o acceso dos promotores e adquirentes ao financiamento de actuacións en materia de vivenda.
  7. A realización de trámites notariais e rexistrais das actuacións en materia patrimonial, así como a depuración e regularización da situación rexistral do parque inmobiliario do IGVS.
  8. A xestión da valoración de riscos e da xestión dos correspondentes seguros.
  9. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Normativas relacionadas

Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego de Vivenda e Solo
Decreto 288/1988 de desenvolvemento da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo
DECRETO 143/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal