Volver ao contido

Portal IGVS

Dirección Técnica de Edificación y Calidad

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Estrutura Orgánica
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
  • Dirección Técnica de Edificación y Calidad
    • Visión da estrutura orgánica
    • A Dirección Xeral
    • A Secretaría Xeral
    • Dirección Técnica de Solo Residencial
    • Dirección Técnica de Edificación y Calidad
    • Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonio
    • Dirección Técnica de Axudas á Vivenda
    • Os Departamentos Territoriais
    • As Áreas Provinciais
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
      • Visión da estrutura orgánica
      • A Dirección Xeral
      • A Secretaría Xeral
      • Dirección Técnica de Solo Residencial
      • Dirección Técnica de Edificación y Calidad
      • Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonio
      • Dirección Técnica de Axudas á Vivenda
      • Os Departamentos Territoriais
      • As Áreas Provinciais
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade

O IGVS

Dirección Técnica de Edificación e Calidade

Escoitar
Mon May 27 12:27:00 CEST 2024
  • Compartir

Á Dirección Técnica de Edificación e Calidade correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. A proposta, elaboración e xestión dos programas de actuación en materia de promoción publica de vivendas, de rehabilitación, reparación e conservación do parque de vivendas de promoción pública.
  2. A proposta das disposicións normativas precisas relativas ás competencias en materia de edificación e calidade na edificación do IGVS.
  3. A xestión dos correspondentes instrumentos urbanísticos, de ordenación do territorio e proxectos de obras oportunos para a consecución dos fins do IGVS.
  4. A elaboración, seguimento, control, supervisión e proposta de aprobación técnica dos proxectos de obras promovidas polo IGVS cuxa xestión se lle encomende.
  5. A coordinación do labor dos servizos técnicos das áreas provinciais en materia de edificación e calidade na edificación.
  6. O desenvolvemento e xestión das operacións de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana desenvolvidas ou con participación do IGVS.
  7. A xestión da adquisición, cesión e alleamento de inmobles destinados aos fins do IGVS.
  8. A elaboración dos pregos de prescricións técnicas para a contratación das obras do IGVS e a supervisión e aprobación, de ser o caso, dos que lle sexan sometidos á súa consideración, así como, a emisión dos informes técnicos de avaliación das ofertas.
  9. O apoio e asesoramento técnico para o correcto desenvolvemento dos diferentes programas de fomento das actuacións en materia de rehabilitación de vivenda.
  10. A coordinación da contratación do IGVS.
  11. O informe, elaboración e xestión, en colaboración coas outras direccións técnicas do IGVS, do desenvolvemento de convenios, acordos, ou concertos para o desenvolvemento de promocións de vivendas protexidas con outros órganos da administración, particulares ou cooperativas.
  12. O seguimento da aplicación do Código técnico da edificación e a proposta para o seu desenvolvemento normativo adaptado ás características da edificación en Galicia.
  13. A acreditación de entidades de control de calidade, así como laboratorios de calidade en materia de edificación e o establecemento de estándares técnicos no relativo a materiais, procesos e sistemas construtivos.
  14. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

A Dirección Técnica de Edificación e Calidade estrutúrase nas seguintes unidades, con rango de xefatura de servizo:

Oficina Técnica de Edificación.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. A elaboración, seguimento, control e supervisión dos proxectos de obras promovidas polo IGVS cuxa xestión se lle encomende.
  2. A elaboración dos pregos de prescricións técnicas para os contratos de obras, urbanización e servizos vinculados e realizar informes técnicos de avaliación de ofertas, encargados pola dirección técnica, nos procedementos de contratación.
  3. A redacción dos proxectos, a dirección de obra e dirección de execución das obras que se lle encomenden.
  4. A realización do control e, de ser o caso, da inspección da execución das obras.
  5. O asesoramento técnico en materia de rehabilitación de vivendas, na elaboración da documentación técnica e en cantas materias relacionadas coas súas funcións lle sexan formuladas, garantindo o apoio técnico requirido polos outros órganos do IGVS.
  6. A elaboración das valoracións de inmobles que se lle encarguen.
  7. A elaboración dos certificados de eficiencia enerxética de edificios e vivendas que se lle encarguen.
  8. A elaboración dos informes de avaliación de edificios que se lle encarguen.
  9. A emisión dos informes relativos á normativa de habitabilidade.
  10. A realización de estudos técnicos no ámbito da súa competencia.
  11. A conformación das certificacións ordinarias, de revisión de prezos, finais e liquidacións dos contratos de obras e servizos que se lle encomenden.
  12. A realización das visitas de inspección e dos oportunos informes técnicos que se requiran para a aplicación do réxime sancionador legalmente establecido en materia de vivenda.
  13. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Servizo de contratación.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. As funcións inherentes á preparación, licitación e adxudicación dos expedientes de contratación administrativa de competencia do IGVS.
  2. A coordinación e seguimento da contratación do IGVS.
  3. A tramitación dos expedientes de contratación, xestión e supervisión, en coordinación cos outros órganos do IGVS, da súa execución.
  4. A tramitación dos expedientes de modificacións e resolucións de contratos e, se é o caso, de incautación de garantías.
  5. A elaboración dos informes e das actuacións que sexan necesarias en relación cos órganos externos de control e seguimento respecto das actividades contractuais.
  6. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Servizo de Xestión de Investimentos e Apoio Administrativo.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. A proposta e xestión dos investimentos en materia de edificación, rehabilitación e reparación de edificios.
  2. O estudo e informe e proposta de resolución das reclamacións e dos recursos interpostos contra actos do IGVS en materia de competencia da dirección técnica.
  3. A xestión das relacións administrativas cos xulgados e tribunais, así como impulsar o cumprimento das sentencias ditadas por estes, en materia de competencia da dirección técnica.
  4. A xestión, coordinación e o seguimento das encomendas, encargos e/ou convenios asinados coas sociedades urbanísticas, empresas ou sociedades e cos concellos e outras entidades, nas materias da competencia da dirección técnica.
  5. A xestión administrativa, económica e xurídica dos asuntos de competencia da dirección técnica.
  6. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Servizo de Calidade.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. A elaboración de disposicións técnicas, guías e manuais, en materia de calidade na edificación, así como o fomento e a planificación desta.
  2. O estudo e proposta de disposicións relativas aos materiais, técnicas e procesos de aforro enerxético e edificación sustentable.
  3. A emisión de informes e certificados técnicos relativos aos procesos de edificación e materiais.
  4. A tramitación das actuacións necesarias para os procedementos de habilitación das entidades e dos laboratorios de ensaios de control de calidade.
  5. A realización das inspeccións das entidades e laboratorios, co fin de velar polo cumprimento dos requisitos exixibles, así como a programación e seguimento dos ensaios de contraste obrigados aos laboratorios.
  6. O informe dos plans de control de calidade, ou elaboración dos que se lle encarguen das obras promovidas polo IGVS, control do seu cumprimento e revisión das certificacións correspondentes.
  7. A coordinación e xestión dos programas de axudas a comunidades de propietarios ou usuarios para a rehabilitación de vivendas e edificios de promoción pública.
  8. A elaboración dos pregos de prescricións técnicas para a contratación dos plans de control de calidade e dos informes técnicos de avaliación de ofertas, encargados pola dirección técnica, nos procedementos de contratación.
  9. A proposta, desenvolvemento e coordinación de iniciativas de investigación e estudos nas materias da súa competencia.
  10. O informe aos distintos axentes do sector da edificación nas cuestións relativas á calidade e sustentabilidade da edificación e o impulso do coñecemento e investigación nestes eidos.
  11. A participación en reunións e comités técnicos no ámbito das súas competencias, así como a colaboración con outros organismos ou entidades con atribucións nesta materia.
  12. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Normativas relacionadas

Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego de Vivenda e Solo
Decreto 288/1988 de desenvolvemento da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo
DECRETO 143/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal