Volver ao contido

Portal IGVS

Dirección Técnica de Axudas á Vivenda

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Estrutura Orgánica
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
  • Dirección Técnica de Axudas á Vivenda
    • Visión da estrutura orgánica
    • A Dirección Xeral
    • A Secretaría Xeral
    • Dirección Técnica de Solo Residencial
    • Dirección Técnica de Edificación y Calidad
    • Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonio
    • Dirección Técnica de Axudas á Vivenda
    • Os Departamentos Territoriais
    • As Áreas Provinciais
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
      • Visión da estrutura orgánica
      • A Dirección Xeral
      • A Secretaría Xeral
      • Dirección Técnica de Solo Residencial
      • Dirección Técnica de Edificación y Calidad
      • Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonio
      • Dirección Técnica de Axudas á Vivenda
      • Os Departamentos Territoriais
      • As Áreas Provinciais
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade

O IGVS

Dirección Técnica de Axudas á Vivenda

Escoitar
Mon May 27 12:27:00 CEST 2024
  • Compartir

Á Dirección Técnica de Axudas á Vivenda correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. O fomento da rehabilitación, recuperación e renovación dos centros históricos, dos tecidos urbanos degradados, das áreas de rehabilitación, áreas de rexeneración urbana de interese autonómico, do medio rural e das vivendas e edificacións que se sitúen nestes ámbitos, mediante o establecemento e xestión de todo tipo de axudas.
  2. A proposta e tramitación das medidas de fomento orientadas a facilitar o acceso da cidadanía ás vivendas protexidas.
  3. O apoio aos/ás axentes intervenientes nos procesos de rehabilitación.
  4. A tramitación e/ou coordinación dos programas de axudas para a promoción ou o acceso á vivenda que se lle encomenden pola Dirección Xeral do IGVS.
  5. O establecemento e coordinación de convenios e acordos de colaboración con concellos ou entidades para a implantación e desenvolvemento de programas orientados a facilitar o acceso á vivenda e o impulso da rehabilitación.
  6. A aplicación dos programas incluídos nos plans estatais de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e a xestión dos fondos vinculados a eles.
  7. O mantemento e actualización do directorio de axentes colaboradores en materia de rehabilitación.
  8. O apoio e asesoramento para o correcto desenvolvemento dos diferentes programas de acceso á vivenda e de fomento das actuacións en materia de rehabilitación de vivenda.
  9. A coordinación coa Dirección Técnica de Edificación e Calidade e coas áreas provinciais para a tramitación dos programas relativos á rehabilitación e renovación urbana.
  10. A coordinación coas áreas provinciais para a tramitación dos programas relativos ao acceso a vivenda.
  11. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Dependendo do/da director/a técnico/a existirán as seguintes unidades, con rango de xefatura de servizo:

Servizo de Acceso á Vivenda.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. A proposición das regulacións normativas relativas aos programas previstos nos plans estatais ou autonómicos de vivenda para a promoción e o acceso á vivenda, en compra ou en alugueiro, e tramitar os correspondentes proxectos normativos, bases reguladoras e convocatorias de subvencións.
  2. A xestión dos convenios e acordos de colaboración que se poidan establecer para o desenvolvemento de programas de alugueiro e/ou de mobilización de vivendas baleiras, así como para a implantación e desenvolvemento de programas orientados a facilitar o acceso á vivenda, especialmente para a mocidade e colectivos con maiores dificultades de acceso á vivenda.
  3. A tramitación e/ou coordinación dos programas de axudas para a promoción ou o acceso á vivenda que se lle encomenden pola Dirección Xeral do IGVS.
  4. A colaboración coa Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonial para a correcta aplicación dos fondos transferidos polo Estado e o seguimento dos balances e liquidacións correspondentes aos distintos plans de vivenda nas materias da súa competencia.
  5. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Servizo de Axudas ao Alugueiro.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. A tramitación e/ou coordinación dos programas de axudas para o alugueiro de vivenda que se lle encomenden pola Dirección Xeral do IGVS.
  2. O apoio e asesoramento para o correcto desenvolvemento dos diferentes programas de acceso á vivenda en alugueiro.
  3. A colaboración coa Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonial para a correcta aplicación dos fondos transferidos polo Estado e o seguimento dos balances e liquidacións correspondentes aos distintos plans de vivenda nas materias da súa competencia.
  4. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Servizo de Rexeneración e Renovación Urbana.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. O impulso das medidas de fomento á rehabilitación contidas na Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia.
  2. A proposición das regulacións normativas relativas aos programas previstos nos plans estatais ou autonómicos de vivenda para a rehabilitación e rexeneración urbana e tramitar os correspondentes proxectos normativos, bases reguladoras e convocatorias de subvencións.
  3. A xestión dos convenios con concellos para ser declarados como ARI, así como vixiar a súa execución.
  4. A xestión dos convenios con concellos para ser declarados como Área Rexurbe, así como vixiar a súa execución.
  5. A coordinación coa Dirección Técnica de Edificación e Calidade e coas áreas provinciais para a tramitación dos programas relativos á rehabilitación e renovación urbana.
  6. A xestión do directorio de axentes colaboradores en materia de rehabilitación.
  7. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Servizo de Axudas á Rehabilitación.

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

  1. A coordinación e a xestión das axudas nas actuacións de rehabilitación e recuperación dos conxuntos históricos ou espazos degradados tanto dos programas propios da Comunidade Autónoma como dos vinculados aos plans estatais de vivenda.
  2. A coordinación e a xestión das axudas relativas á rehabilitación e reconstrución de vivendas en contornos urbanos.
  3. A xestión dos programas de axudas á rehabilitación e rexeneración no medio rural e calquera outra de ámbito non urbano.
  4. A xestión de calquera outra axuda que a normativa estableza relativa a rehabilitación de vivendas.
  5. A colaboración coa Dirección Técnica de Xestión Económica e Patrimonial para a correcta aplicación dos fondos transferidos polo Estado e o seguimento dos balances e liquidacións correspondentes aos distintos plans de vivenda nas materias da súa competencia.
  6. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

Normativas relacionadas

Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego de Vivenda e Solo
Decreto 288/1988 de desenvolvemento da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo
DECRETO 143/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal