- Inicio
- O IGVS
- Estrutura Orgánica
-
As áreas provinciais
- Visión da estrutura orgánica
- A Dirección Xeral
- A Secretaría Xeral
- Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección
- Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade
- Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos
- Dirección Técnica de Fomento
- As xefaturas territoriais
- As áreas provinciais
- Xestur
-
O IGVS
- Benvida
- Competencias
-
Estrutura Orgánica
- Visión da estrutura orgánica
- A Dirección Xeral
- A Secretaría Xeral
- Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección
- Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade
- Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos
- Dirección Técnica de Fomento
- As xefaturas territoriais
- As áreas provinciais
- Xestur
- Lexislación
- Atención ao público
- Transparencia e goberno aberto
- Actualidade
O IGVS
As áreas provinciais
21/02/2022
- Compartir
Para o cumprimento das súas funcións, as áreas provinciais do IGVS contarán cunha Xefatura de Área Provincial do IGVS, con rango de xefatura de servizo.
Correspóndelle a cada área provincial o exercicio das seguintes funcións:
- Dirixir a xestión de cantos asuntos en materia das competencias do IGVS teña atribuídos a área provincial, asegurando o cumprimento dos obxectivos do IGVS no seu ámbito territorial.
- Dirixir e coordinar as funcións seguintes: o réxime interior, a tramitación administrativa, a xestión de persoal, o rexistro xeral e os diferentes rexistros públicos, os arquivos da área provincial e a información ao público.
- Xestionar, en coordinación ca Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade, as actuacións en materia de solo residencial e empresarial.
- Elaborar a información e estatísticas da área provincial.
- Prestarlle asesoramento e asistencia técnica ao/á xefe/a territorial.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados ou delegados de acordo con estas funcións.
Cada área provincial contará cos seguintes servizos:
Unidade Xurídico-Administrativa
Esta unidade, co nivel orgánico que se estableza na relación de postos de traballo, desenvolverá as seguintes funcións:
- Apoio xurídico e técnico-administrativo en relación coas materias atribuídas ao IGVS no respectivo ámbito territorial.
- Elaboración de informes e propostas de resolución sobre os recursos, reclamacións e solicitudes presentados ante a área provincial.
- Asistencia como vogal ás mesas de contratación, sen prexuízo das funcións propias da Asesoría Xurídica.
- Preparación dos expedientes administrativos que sexan requiridos polos xulgados ou tribunais en coordinación co Servizo Técnico Xurídico dos servizos centrais do IGVS.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados en relación con estas funcións.
Servizo Técnico
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
- Controlar e revisar os proxectos de obra nova de promoción pública, promoción privada, conservación, rehabilitación e urbanización do solo.
- Elaborar os informes facultativos dos expedientes tramitados na área provincial.
- Conformar as certificacións, revisións e liquidacións.
- Elaborar informes técnicos para adquisición de solo e edificios, así como efectuar as valoracións correspondentes.
- Redactar ou colaborar na redacción dos instrumentos urbanísticos e de ordenación do territorio que se lle encomenden.
- Redactar os proxectos de obra e levar a dirección de obra e dirección de execución das obras que se lle encomenden.
- Levar o control e, de ser o caso, a inspección da execución das obras.
- Realizar os informes, inspeccións e visitas técnicas que se lle requiran en relación co solo residencial e empresarial do IGVS.
- Elaboración dos certificados de eficiencia enerxética de edificios e vivendas que se lle encarguen.
- Elaboración dos informes de avaliación de edificios, así como dos informes de inspección técnica de edificios que se lles encarguen.
- A realización de estudos e informes técnicos que se lle encomenden en materias das súas competencias.
- En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Documentos relacionados
- Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego de Vivenda e Solo
- Decreto 288/1988 de desenvolvemento da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
- Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo