Volver ao contido

Portal IGVS

A Secretaría Xeral

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo empresarial Solo residencial Edificación e calidade
    Vivenda Rehabilitación Fondos EU. Next Generation
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia Observatorio do solo empresarial de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Estrutura Orgánica
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
  • A Secretaría Xeral
    • Visión da estrutura orgánica
    • A Dirección Xeral
    • A Secretaría Xeral
    • Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección
    • Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade
    • Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos
    • Dirección Técnica de Fomento
    • As xefaturas territoriais
    • As áreas provinciais
    • Xestur
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
      • Visión da estrutura orgánica
      • A Dirección Xeral
      • A Secretaría Xeral
      • Dirección Técnica de Xestión Patrimonial, Fianzas e Inspección
      • Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade
      • Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos
      • Dirección Técnica de Fomento
      • As xefaturas territoriais
      • As áreas provinciais
      • Xestur
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade

O IGVS

A Secretaría Xeral

Escoitar
altavoz readspeaker
Fri Jun 11 12:27:00 CEST 2021
  • Compartir
A persoa titular da Secretaria Xeral do IGVS terá rango de subdirector/a xeral e será nomeada pola persoa titular da Presidencia do IGVS entre persoal funcionario do subgrupo A1 da Xunta de Galicia.
 
Correspóndelle ao/á secretario/a xeral, baixo a dependencia do/a director/a xeral do IGVS:
 
  1. A dirección inmediata do persoal do IGVS, sen prexuízo da súa dependencia funcional das persoas responsables de cada unidade.
  2. Xestionar as actividades de réxime interior, información, rexistro e arquivo.
  3. A realización e coordinación dos estudos e análises necesarios para elaborar os plans e programas en materia de vivenda e solo.
  4. A coordinación dos programas e as actuacións das diferentes direccións técnicas.
  5. Propoñer as accións relativas ao réxime interno dos servizos, a súa inspección e canto afecte o seu funcionamento interno.
  6. A coordinación da contratación do IGVS.
  7. A coordinación da regulación normativa propia do IGVS garantindo a coherencia e compatibilidade das diferentes disposicións.
  8. A coordinación na elaboración do anteproxecto de orzamentos do IGVS
  9. Xestionar os medios materiais propios ou adscritos ao funcionamento do IGVS.
  10. A dirección dos asuntos relativos ao apoio xurídico e informatización do IGVS.
  11. Impulsar, orientar e coordinar os servizos e unidades do IGVS e ditar as ordes, instrucións e circulares de funcionamento e comunicación entre as diferentes dependencias do organismo.
  12. Coordinar os traballos e actividades que realicen os distintos órganos en materias que garden relación cos fins do IGVS e coñecer e supervisar as propostas de disposicións e procedementos de xestión de cada unidade.
  13. Exercer calquera outra función que se lle asigne legal ou regulamentariamente ou lle delegue ou encomende a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS ou o Consello Reitor do IGVS.

O/A secretario/a xeral asumirá, en caso de vacante, ausencia ou enfermidade da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, as funcións ordinarias de despacho e sinatura nos asuntos de mero trámite e nos que, con carácter ordinario, lle sexan delegados.

Dependerá organicamente da Secretaría Xeral, con nivel orgánico de Subdirección Xeral, a Asesoría Xurídica do IGVS, que se rexerá polo disposto no Decreto 343/2003, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia. Dependerá funcionalmente da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e contará co número de efectivos que se determine na correspondente relación de postos de traballo. 

Unidades da Secretaría Xeral

Para o exercicio da súa competencia, a Secretaría Xeral contará coas seguintes unidades, con nivel orgánico de xefatura de servizo:
 

Servizo de Xestión de Recursos Humanos e de Réxime Interior

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

 

  1. Xestión, coordinación e control do persoal funcionario e laboral, das nóminas e das cotizacións, así como, de ser o caso, a xestión do plan de incentivos e a administración do plan de formación.
  2. Programación das necesidades de persoal do IGVS.
  3. A tramitación dos expedientes administrativos relativos ao persoal funcionario e laboral.
  4. O estudo, tramitación e elaboración das propostas de resolución de reclamacións previas á vía laboral e recursos, así como a execución de sentenzas en materia de persoal funcionario e laboral do IGVS.
  5. Velar polo correcto funcionamento dos diferentes servizos.
  6. Organización e estruturación do rexistro e dos arquivos.
  7. Propostas de adquisición de bens correntes e subministracións para o IGVS.
  8. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

 

Servizo de Contratación
 
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
 
  1. As funcións inherentes á preparación, licitación e adxudicación dos expedientes de contratación de competencia do IGVS.
  2. Coordinación, baixo a dirección da Secretaría Xeral, e seguimento da contratación do IGVS, servindo de apoio ao órgano de contratación.
  3. Tramitación dos expedientes de contratación, xestión e supervisión, en coordinación cos outros órganos do IGVS, da súa execución.
  4. Tramitación dos expedientes de modificacións e resolucións de contratos e, se é o caso, de incautación de garantías.
  5. Preparación e execución dos protocolos e convenios do IGVS, salvo naqueles casos en que estean expresamente atribuídos a outros órganos.
  6. Elaboración dos informes e das actuacións que sexan necesarias en relación cos órganos externos de control e seguimento respecto das actividades contractuais.
  7. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral en relación coas funcións en materia de contratación e convenios.
 
Servizo Técnico-Xurídico
 
Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:
 
  1. Asistencia e apoio xurídico nas materias da competencia do IGVS.
  2. O estudo e informe e proposta de resolución das reclamacións e dos recursos interpostos contra actos do IGVS cando non estean atribuídos a outros órganos.
  3. Elaborar informes e ditames, estudar as propostas de resolución que sexan elaboradas polas distintas unidades do IGVS, así como, en xeral, o apoio xurídico á Secretaría Xeral, sen prexuízo das funcións propias da Asesoría Xurídica do IGVS.
  4. Xestionar as relacións administrativas cos xulgados e tribunais, así como coordinar o cumprimento das sentenzas ditadas por estes, cando non estean atribuídas a outros órganos do IGVS.
  5. Iniciación, instrución e tramitación dos expedientes de responsabilidade patrimonial.
  6. Tramitar os requirimentos e peticións formuladas polo Defensor do Pobo, O Valedor do Pobo e outros órganos e institucións.
  7. Analizar e tramitar os proxectos de disposicións xerais do IGVS, así como a elabora- ción de compilacións e refundicións das normas de interese para o IGVS.
  8. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.

 

 

Servizo de Coordinación e Información en Materia de Vivenda

Correspóndelle o exercicio das seguintes funcións:

 

  1. A tramitación dos expedientes do IGVS que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e ás súas comisións, así como o traslado dos correspondentes acordos.
  2. A coordinación das publicacións nos diarios oficiais.
  3. Coordinar e xestionar a información e o seguimento dos diferentes plans e programas de iniciativa doutros departamentos da Xunta de Galicia ou do Estado nos cales participa o IGVS.
  4. Informar sobre o Rexistro de Demandantes de Vivenda Protexida, o de promotores/as de vivenda, así como sobre calquera outro que se cree en materia de vivenda dentro das competencias do IGVS.
  5. Elaborar informes e estatísticas relativas aos datos contidos nos rexistros en materia de vivenda.
  6. Xestionar e coordinar a información e atención á cidadanía nas materias da competencia do IGVS referida aos diferentes programas e actuacións que desenvolva o IGVS.
  7. En xeral, cantos asuntos lle sexan encomendados de acordo con estas funcións.
Así mesmo, na Secretaría Xeral, e baixo a dependencia funcional do Servizo Técnico-Xurídico, existirá unha unidade xurídico-administrativa co nivel orgánico que se estableza na relación de postos de traballo. Esta unidade desenvolverá as tarefas de apoio xurídico e técnico-administrativo en relación coas materias propias do Servizo Técnico-Xurídico, así como as que lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral nas materias da súa competencia.

Normativas relacionadas

Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego de Vivenda e Solo
Decreto 288/1988 de desenvolvemento da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do Instituto Galego da Vivenda e Solo
Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO EMPRESARIAL

  • Plans e proxectos de solo empresarial
  • Adquisición de solo empresarial
  • Alleamento de solo empresarial

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas Deposito de fianzas
Solo empresarial en Galicia - Xestur Solo empresarial en Galicia - Xestur
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Facebook
Twitter
Youtube
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal