Saltar al contenido

Portal IGVS

Actualidad

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • El IGVS
    Bienvenida Competencias Estructura Orgánica Legislación
    Atención al público Transparencia y gobierno abierto Actualidad
    + INFO
  • Áreas
    Ayudas Suelo residencial Edificación y calidad Vivienda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locales comerciales y garajes
    + INFO
  • Para ti
    Ciudadanía Empresas Ayuntamientos
    + INFO
  • Servicios
    Registros Depósito de fianza Publicaciones
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio de la Vivienda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • El IGVS
    • El IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servicios
    • Observatorios
  • Actualidad
    • Bienvenida
    • Competencias
    • Estructura Orgánica
    • Legislación
    • Atención al público
    • Transparencia y gobierno abierto
    • Actualidad
volver Volver
  • El IGVS
    • Bienvenida
    • Competencias
    • Estructura Orgánica
    • Legislación
    • Atención al público
    • Transparencia y gobierno abierto
    • Actualidad
      • Galería de imágenes

Fronte á decisión do Executivo central de eliminalas, o Goberno galego manterá as súas axudas aos compradores de vivenda protexida en Galicia

O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE REITERA NO PARLAMENTO QUE A XUNTA MANTERÁ EN 2011 TODAS AS LIÑAS DE AXUDAS EXISTENTES NO MARCO DA POLÍTICA GALEGA DE VIVENDA

Escuchar
Wed Dec 22 08:28:00 CET 2010
  • Compartir
-        Desde a Xunta de Galicia, calcúlase que a eliminación e redución de axudas do Plan de Vivenda por parte do Goberno central pode ter un impacto en Galicia de arredor de 150 millóns de euros
-        Os adquirentes de vivendas ao abeiro do Plan de Vivenda 2009-2012, que deixarán de percibir a Axuda Estatal Directa á Entrada, continuarán recibindo as axudas galegas, aportacións dirixidas aos colectivos máis desfavorecidos
-        Tamén se manteñen, a través do programa Aluga, as axudas para o acceso á vivenda en réxime de aluguer
 
Santiago, 22 de decembro de 2010.- o conselleiro de medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, asegurou hoxe no pleno do Parlamento de Galicia que a Xunta manterá en 2011 todas as liñas de axudas existentes no marco da política galega de vivenda. Segundo o cumprimento das diferentes condicións, o adquirente de vivenda protexida pode recibir unha axuda de 2.000 euros, que se converten en 4.000 para as familias numerosas de cinco ou máis fillos. Ademais, estas axudas son compatibles e acumulables entre si, polo que un mesmo adquirente pode recibir do Executivo autonómico ata 12.000 euros.
 
No caso de persoas con ingresos ata 1,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPPREM), sen fogar ou procedentes de operacións de erradicación do chabolismo, ou emigrantes retornados en especial situación de necesidade, a axuda pode acadar o 25% do custe da vivenda, cun máximo de 17.000 euros.
 
Por outra banda, a Xunta mantén outras actuacións como son a construción de vivendas de promoción pública ou a adquisición e rehabilitación de vivendas en cascos históricos e núcleos rurais, todas elas financiadas en exclusiva con cargo a fondos propios da Xunta de Galicia. Tamén se manteñen, a través do programa Aluga, as axudas para o acceso á vivenda en réxime de aluguer.
 
Aqueles adquirentes de vivenda protexida que non teñan dificultades para o acceso ao financiamento da súa compra, tamén se van ver gravemente afectados pola medida, xa que, na práctica, a eliminación da Axuda equivale a unha suba do prezo da vivenda.
 
Menos axudas do estado
Así, os adquirentes de vivendas ao abeiro do Plan de Vivenda 2009-2012, que deixarán de percibir a Axuda Estatal Directa á Entrada, continuarán recibindo as axudas da Xunta de Galicia, aportacións que ademais van dirixidas aos colectivos máis desfavorecidos.
 
Hernández insistiu en que “a alternativa que propón o Goberno central á desaparición da Axuda á Entrada resulta sorprendente”, posto que supón “incrementar do 80% ao 90% a porcentaxe máxima do préstamo hipotecario”. Tamén lembrou que ”a iso se lle suman outras axudas que o Goberno do Estado pensa eliminar ou reducir e que terán un grave impacto en Galicia” e puxo coma exemplo a redución das axudas á promoción de vivendas protexidas en aluguer e aloxamento protexidos, a eliminación das axudas para a promoción de solo destinado a vivendas protexidas ou a eliminación do financiamento, como portelos únicos, das oficinas de rehabilitación, unha medida que pode levar á desaparición de moitas das 34 oficinas de rehabilitación existentes en Galicia antes a imposibilidade dos concellos de mantelas en funcionamento.
 
Desde a Xunta de Galicia, calcúlase que a eliminación e redución de axudas do Plan de Vivenda por parte do Goberno central pode ter un impacto en Galicia de arredor de 150 millóns de euros.
 
Desaparición vivenda protexida
Ademais destas situación, o conselleiro de Medio Ambiente lembrou na súa intervención que esta situación pode derivar na desaparición da vivenda protexida en Galicia, tal como se contempla no Plan de Vivenda, posto que a diferenza de prezo entre a vivenda libre e a protexida en Galicia é moi inferior á media española e está por debaixo da maior parte das comunidades autónomas.
 
Nesa situación, as axudas son fundamentais para os adquirentes de vivenda protexida, que, durante 30 anos, se van ver sometidos a un réxime que non lles permitirá vender a vivenda como desexen, como si sucede coa vivenda libre. Por elo, se desaparecen as axudas, é probable que tamén desapareza a súa demanda e a oferta, sobre todo en cidades e vilas galegas, onde o diferencial de prezo coa libre é superior, deixando o mercado nas mans exclusivas da vivenda libre, situación que significaría un notable desequilibrio poboacional.
Organización:
Área: Ayudas ; Vivienda

AYUDAS

  • Acceso a la vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Otras ayudas

SUELO RESIDENCIAL

  • Planes y proyectos de suelo residencial
  • Adquisición de suelo residencial
  • Venta de suelo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidad
  • Publicaciones técnicas

VIVIENDA

  • Planes y programas
  • Viviendas de promoción pública
  • Vivienda de protección autonómica
  • Realojos
  • Locales del IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición de inmuebles por el IGVS
  • Actuaciones propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia

  • Atención a la ciudadanía
  • Accesibilidad
  • Aviso legal
  • Mapa del portal