Saltar al contenido

Portal IGVS

Actualidad

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • El IGVS
    Bienvenida Competencias Estructura Orgánica Legislación
    Atención al público Transparencia y gobierno abierto Actualidad
    + INFO
  • Áreas
    Ayudas Suelo residencial Edificación y calidad Vivienda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locales comerciales y garajes
    + INFO
  • Para ti
    Ciudadanía Empresas Ayuntamientos
    + INFO
  • Servicios
    Registros Depósito de fianza Publicaciones
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio de la Vivienda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • El IGVS
    • El IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servicios
    • Observatorios
  • Actualidad
    • Bienvenida
    • Competencias
    • Estructura Orgánica
    • Legislación
    • Atención al público
    • Transparencia y gobierno abierto
    • Actualidad
volver Volver
  • El IGVS
    • Bienvenida
    • Competencias
    • Estructura Orgánica
    • Legislación
    • Atención al público
    • Transparencia y gobierno abierto
    • Actualidad
      • Galería de imágenes

A ministra Corredor anunciou hoxe o recorte dos fondos do Plan de Vivenda e a supresión das axudas a compradores e promotores

A XUNTA REXEITA A MODIFICACIÓN DO PLAN DE VIVENDA QUE PRETENDE REALIZAR O MINISTERIO, E QUE SUPORÁ QUE GALICIA DEIXE DE PERCIBIR EN DOUS ANOS MAIS DE 150 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS

Escuchar
Tue Jul 27 13:08:00 CEST 2010
  • Compartir
-         O Ministerio proponse realizar modificacións do Plan, sen negociación previa coas comunidades autónomas, que prexudicarán gravemente os intereses de Galicia.
-         De seguir adiante, o Ministerio eliminará a Axuda Estatal Directa á Entrada, polo que os adquirentes galegos de vivendas protexidas deixarán de percibir nos vindeiros dous anos entre 23 e 55 millóns de euros
-         O Estado comunicou tamén a intención de suprimir a reserva de eficacia o que, na práctica, supón a perda para Galicia de mais de 115 millóns de euros
-         Ademais reducirá as axudas á promoción de vivendas en alugueiro, promoción de solo para vivenda protexida e o financiamento das oficinas de rehabilitación como portelos únicos.
 
Santiago, 27 de xullo de 2010.- A Xunta de Galicia rexeita os cambios propostos unilateralmente polo Ministerio de Vivenda no Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012, xa que prexudican claramente os intereses dos cidadáns de Galicia e supoñen un evidente intervencionismo do Ministerio nunha materia, como a vivenda, que é competencia exclusiva da Comunidade Autónoma. Os cambios supoñen, de feito, que Galicia deixará de percibir ata por parte do Estado un total de 150 millóns de euros ata o 2012 en axudas á vivenda contempladas no Plan de Vivenda en vigor. A ministra de Vivenda, Beatriz Corredor, anunciou hoxe o recorte dos fondos do Plan de Vivenda e a supresión das axudas a compradores e promotores.
 
Na reunión da Conferencia Sectorial do Plan Estatal de Vivenda de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, manifestou que a Xunta non comparte a maneira en que o Ministerio de Vivenda pretende realizar dita redución, sen un proceso previo de negociación e consenso coas Comunidades Autónomas e chegando ao extremo de que a información sobre as pretensións do Ministerio se filtraron á prensa antes de informar ás propias comunidades autónomas.
 
A eliminación por parte do Ministerio da Axuda Estatal Directa á Entrada prexudicará gravemente aos galegos interesados na adquisición de vivendas protexidas, tanto de nova construción como usadas, que verán desaparecer unha subvención directa que en determinados casos pode acadar unha contía de 12.000 euros. A intención do Ministerio de substituír esta axuda co incremento da contía máxima dos préstamos hipotecarios, que pasarían do 80 ao 90 por cento do custe da vivenda, é inútil nun momento en que as entidades bancarias están concedendo moi poucos préstamos hipotecarios para a adquisición de vivenda.
 
Segundo os obxectivos establecidos para Galicia nos anos 2011 e 2012, os adquirentes galegos de vivendas protexidas deixarán de percibir neses dous anos entre 23 e 55 millóns de euros.
 
Esta medida é especialmente negativa en Comunidades Autónomas como Galicia, onde a diferenza de prezos entre a vivenda libre e a protexida é pequena no momento actual, polo que a existencia da Axuda á Entrada é unha razón importante que impulsa aos adquirentes a decidirse pola adquisición de vivendas protexidas.
 
Ademais, a supresión da axuda provoca inseguridade xurídica nas persoas que, coa expectativa de recibir a Axuda Estatal Directa á Entrada asinaron precontratos e contratos privados de compravenda e que agora se van ver claramente prexudicadas.
 
Con ser a máis importante das medidas adoptadas unilateralmente polo Ministerio de Vivenda, non é este o único recorte que afectará negativamente a Galicia, xa que tamén se propoñen eliminar a reserva de eficacia, ás subvencións por adquisición ou promoción de solo e a redución da subvención para os promotores de vivendas en alugueiro. Finalmente, o Ministerio tamén se propón eliminar a financiación das oficinas de rehabilitación, na súa faceta de portelos únicos, mentres destina fondos á creación dunha plataforma pola rehabilitación creada sen ter en conta a opinión das comunidades autónomas.
 
Reserva de eficacia
A reserva de eficacia, que o Ministerio pretende suprimir, constitúe un instrumento de flexibilización do Plan de Vivenda, polo que coa súa desaparición o Plan deixa de ser unha mera planificación económica para constituírse nun instrumento de dirección da política de vivenda, ao decidir dende o Ministerio, que non ten competencias na materia, qué actuacións se priman e cáles non.
 
Ante esta rixidez, debería planearse a propia existencia do plan e a súa substitución po la transferencia de fondos ás Comunidades Autónomas para que sexan estas quen xestionen estes fondos na execución dos seus propios planes de vivenda.
 
Coa reserva de eficacia o Ministerio de Vivenda reserva un 20 por cento do importe total de fondos destinados ao Plan de Vivenda, que se reparten posteriormente en función do cumprimento de obxectivos de cada Comunidade Autónoma. Polo tanto, a eliminación da reserva de eficacia supón unha redución do 20 por cento do financiamento total do Plan, o que suporá para Galicia a perda de máis de 115 millóns de euros.
 
Subvencións a promotores
O Ministerio tamén pretende reducir as subvencións a promotores, tanto para a adquisición e promoción de solo, que resulta imprescindible para a promoción de vivendas protexidas, como para a promoción de vivendas destinadas ao alugueiro.
 
No caso das subvencións dirixidas á promoción de vivendas protexidas en alugueiro, e polo tanto con prezos reducidos e controlados, a súa supresión resulta incongruente e contraditoria co interese do Ministerio en manter o programa de renda básica de emancipación, dirixido a facilitar o acceso dos mozos á vivenda en alugueiro.
 
As axudas á promoción de vivendas protexidas en alugueiro non so resultan positivas para garantir o acceso á vivenda ás familias con rendas máis baixas senón que axudan a paliar a situación de crise do sector inmobiliario e da construción, de tanto peso na economía galega.
 
Portelos únicos
Finalmente, o Ministerio proponse eliminar o financiamento que as oficinas de rehabilitación reciben pola súa actuación como portelos únicos, o que suporá un grave prexuízo para Galicia, onde ditas oficinas informan e xestionan tódalas liñas de axudas en materia de vivenda vixentes no seu territorio, achegando a información e a xestión aos cidadáns das 34 vilas e cidades que contan con ditas oficinas de rehabilitación.
 
O importe previsto destas axudas para o ano 2010 supera os 2,3 millóns de euros, ao que habería que sumar cantidades semellantes nos dous próximos anos.
 
Mentres elimina este financiamento ás oficinas de rehabilitación que levan anos amosando a súa eficacia, o Ministerio puxo en marcha unha plataforma pola rehabilitación sen contar coa opinión da Comunidades Autónomas.
Organización:
Área: Ayudas ; Vivienda

AYUDAS

  • Acceso a la vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Otras ayudas

SUELO RESIDENCIAL

  • Planes y proyectos de suelo residencial
  • Adquisición de suelo residencial
  • Venta de suelo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidad
  • Publicaciones técnicas

VIVIENDA

  • Planes y programas
  • Viviendas de promoción pública
  • Vivienda de protección autonómica
  • Realojos
  • Locales del IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición de inmuebles por el IGVS
  • Actuaciones propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia

  • Atención a la ciudadanía
  • Accesibilidad
  • Aviso legal
  • Mapa del portal