Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta ten actualmente en marcha investimentos por valor de 375 millóns de euros na cidade de Vigo

Escoitar

A delegada territorial, Ana Ortiz, salienta que os bloqueos do Concello impiden ao Goberno galego executar outros 70 millóns a proxectos para a cidadanía

Destaca o alto grao de cumprimento nos orzamentos de Vivenda e Sanidade, así como en Educación, Cultura e nas novas infraestruturas

“A Xunta ten un compromiso absoluto coa cidadanía viguesa e ninguén vai a impedir que sigamos investindo, apoiando e adicando fondos á nosa cidade”

Fri Apr 04 12:32:51 CEST 2025
  • Compartir

Vigo, 4 de abril de 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, fixo balance este venres dos investimentos que actualmente ten en marcha o Goberno galego na cidade e cifrou en 375 millóns de euros os fondos que se están a executar a día de hoxe. Así o fixo durante unha comparecencia ante os medios na que tamén apuntou que a negativa do alcalde a cumprir os acordos aos que chegou co presidente Alfonso Rueda impide  investir outros 70 millóns máis.

“Temos a día de hoxe en Vigo un investimento histórico de 375 millones, que poderían ser 450 millones se o alcalde quixera”, sinalou na súa intervención. A representante autonómica lamentou os ataques contra a Xunta e reiterou que “imos a seguir traballando, ofrecendo apoio, investimentos, axuda e sempre coa man tendida, non van a conseguir que deixemos de pelexar por Vigo”.

Ortiz desgranou as partidas que xa se están a executar desde as diferentes consellerías. Desta forma, indicou que na ampliación de Navia hai comprometidos 248 millóns e xa están en execución 132 millóns, máis da metade. “Podemos falar de catro bloques en construción, 755 vivendas en marcha, 359 xa adxudicadas, outras 80 compartidas... ademais dos avances para desenvolver os ámbitos de Ramón Nieto e Ofimático ou os 90 edificos rehabilitados no Casco Vello”, puntualizou.

No capítulo de Infraestruturas subraiou o inicio da urbanización do PS6 na ETEA por valor de 4,3 millóns, así como a Avenida de Galicia (7 millóns), a reforma da estrada entre Pereiró e Valadares (2 millóns), a senda de Beiramar e Berbés (3,5 millóns), a senda de Vigo a Ramallosa (1 millón) e a Estación Intermodal (500.000 euros).

Tamén mencionou os atrancos “durante anos” do Concello para o IES de Navia (14 millóns) e os novos investimentos no CIFP Valentín Andrade (2 millóns) e no CIFP Manuel Antonio (1,6 millóns). En Medio Ambiente figura a Planta de Transferencia de Guixar (2 millóns), en Sanidade o CIS Olimpia Valencia (11 millóns), en Cultura a compra do Teatro Fraga (9 millóns). Igualmente, están en marcha a creación do Centro de Atención Integral da Gota de Leite (2 millóns),  as melloras no CRPAD (1,1 millóns) ou o Centro 24 horas do Hospital Álvaro Cunqueiro (500.000 euros).

Case 70 millóns “bloqueados polo Concello”

A delegada relatou posteriormente os proxectos que “queremos poñer en marcha pero non é posible ante a negativa do alcalde a cumprir cos acordos aos que chegou o ano pasado co presidente”. Así, en referencia a reunión mantida entre Alfonso Rueda e Abel Caballero en xuño de 2024 na propia Delegación viguesa, Ortiz apuntou que existe por parte do alcalde “un engano constante aos cidadáns, especialmente cando simula que alcanza pactos na mesa pero, cando se levanta, incumpre a súa palabra e os dinamita”.

Fixo especial mención aos casos da ETEA, onde a Xunta “leva anos intentado urbanizar os viais e, despois de ofrecerlles 8 millóns, está parado polo Concello”, así como á obra do Centro de Asociacionismo, ao que o goberno local suspendeu a licenza. “Outros 19 millóns bloqueados e sen resposta ás nosas alegacións, é a mellor proba de que non quere investimentos da Xunta en Vigo”, remachou.

Os túneles de Elduayen e Beiramar, o Ifevi ou as pistas de atletismo de Balaídos están igualmente “bloqueados polo alcalde, que suspendeu unha reunión técnica unhas horas antes” de celebrarse. Ana Ortiz rematou con outros casos como o Centro Intergeneracional da Avenida de Madrid, o Plan de Transporte ou a sinalización do Camiño.

Área: Edificación ; Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal