Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira, xunto á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantivo un encontro co sector da construción da provincia da Coruña

A conselleira María M. Allegue destaca na Coruña o esforzo licitador da Xunta en vivenda e infraestructuras que acada preto de 210 M€ en tan só 11 meses

Escoitar

M. Allegue subliña que a un mes de cumprirse o ano de lexislatura estanse a acadar cifras récord en licitacións, con case 135M€ en materia de vivenda e preto de 76M€ en infraestruturas

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas agradeceu o compromiso ao sector da construción e alentoulle a implicarse no reto para duplicar o parque público residencial e a mellora das infraestruturas para seguir vertebrando Galicia  

Destacou que a Xunta está a promover un plan de acción para potenciar o emprego de técnicas industrializadas na construción de vivendas

A conselleira deu conta das vindeiras actuacións previstas pola Xunta, con especial atención ao compromiso co concello da Coruña, a través da construción de obra pública en Xuxán, rehabilitacións e actuacións en infraestruturas, como a plataforma do Parrote ou as ampliacións de centros sanitarios, como o CHUAC 

Thu Mar 06 12:34:21 CET 2025
  • Compartir

A Coruña, 6 de marzo de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, mantivo hoxe na Coruña un encontro con máis dun centenar de representantes de entidades do sector integradas na Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña (APECCO) e de colexios profesionais do sector.

Allegue agradeceu esta convocatoria cos construtores da Coruña, “fundamental para a cooperación entre as administracións e o sector” e invitou aos asistentes a colaborar co Goberno galego man a man, para “ter o pulso a pé de obra”.

Na súa intervención, a conselleira puxo en valor o enorme esforzo licitador en materia de vivenda e infraestruturas ao longo dos 11 meses de lexislatura, con concursos que suman case 210M€. Desta cantidade case 135M€ corresponden a vivenda, mentres que no relativo a infraestruturas foron preto de 76M€. Datos que, como subliñou, amosan o compromiso da Xunta e da Consellería ante os retos que enfronta para garantir o acceso á vivenda da cidadanía e unha mellor vertebración do territorio para facilitar as comunicacións e a competitividade dos concellos.

A conselleira apuntou que, consciente das dificultades ás que se enfronta o sector, a Xunta vén de poñer en marcha medidas e modificacións urxentes de cara a desburocratizar, mellorar a fiscalidade, axilizar os procesos ou acomodar o prezo dos módulos da vivenda protexida á realidade actual, a fin de facilitar a construción.

E alentou ao sector a colaborar coa Xunta no reto para duplicar o parque público residencial en Galicia, ata chegar ás 8.000 vivendas, e apuntou que xa están en marcha máis de 2.000 en distintas fases de execución. 

Allegue anunciou que a Xunta vai a convocar de novo as axudas a promotores, que como novidade tamén incluirán a construción de vivendas en réxime de venda, a través dunha liña con fondos propios da Xunta. E tamén destacou que o Goberno galego está a traballar para incrementar a industrialización da construción, obxectivo para “o que creamos unha sección no Observatorio da Vivenda e prevemos redactar un plan de acción para potenciar o emprego de técnicas industrializadas na construción de vivendas”.

Foco na Coruña

Máis polo miúdo, M. Allegue subliñou ante os construtores da Coruña que a Xunta “ten esta provincia e esta cidade no foco”.

No eido da vivenda, incidiu que están en marcha na provincia coruñesa 104 novas vivendas públicas en Xuxán, na Coruña; 363 no Bertón, en Ferrol, e 120 en Santiago ou en Narón, coa conversión de locais para habilitar 12 vivendas públicas. Ademais de construción, están en marcha rehabilitacións no marco do programa Rexurbe, con dous inmobles na cidade da Coruña en San Andrés, ademais doutras actuacións para habilitar 38 vivendas en Ferrol e 6 en Betanzos.

“Construímos, rehabilitamos e tamén abordamos infraestruturas, como aquí na Coruña a plataforma flotante do Parrote, ademais das sanitarias, coa maior inversión da Xunta, entre elas a ampliación de CHUAC. En definitiva, un compromiso que demostramos con datos para retos que imos conseguir coa axuda dun sector ao que quero agradecer o seu compromiso”.

Infraestruturas

No eido concreto das infraestruturas, a conselleira fixo un repaso polas actuacións que ten en marcha a Consellería, destacando os obxectivos da Administración autonómica de continuar apostando por “infraestruturas funcionais, seguras, eficientes”. Subliñou o esforzo por seguir investindo en incrementar os quilómetros das vías de altas prestacións, como por na conservación e humanización de estradas, coa habilitación de sendas peonís e ciclistas.

Citou os vindeiros investimentos na provincia da Coruña, como a conversión da vía de altas prestacións Brión-Noia en autovía ou a ampliación da AG-598 Santiago-A Estrada. Así mesmo, en materia de conservación e seguridade, están previsto licitar este ano varias obras de reforzo de firme na provincia da Coruña e Allegue citou algúns dos proxectos que se prevén abordar na segunda fase do Plan de Sendas de Galicia nesta provincia, entre eles itinerarios entre Arteixo e Lañas; entre Oleiros e Cambre, en Cambre e Culleredo, en Boqueixón ou Porto do Son.

Por outra banda, a conselleira trasladou aos construtores os avances na posta en marcha das novas infraestruturas sanitarias na provincia como encomendas do Sergas, coas actuacións en marcha e previstas na ampliación dos hospitais CHUAC na Coruña, CHUS en Santiago e CHUF de Ferrol.

Área: Edificación ; Rehabilitación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal