Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, representou a Galicia na Comisión Multilateral

A Xunta afea ao Ministerio de Vivenda que non explique ás comunidades autónomas os anuncios de Sánchez

Escoitar

O ministerio negouse a incluír na orde do día a explicación ás comunidades autónomas das medidas anunciadas por Pedro Sánchez o pasado 13 de xaneiro, malia telo solicitado con antelación

O representante da Xunta demandou claridade respecto dos fondos europeos para mellora enerxética das vivendas e construción de vivenda protexida, sen obter resposta

A Xunta considera que os problemas deben acometerse cunha actuación conxunta e coordinada de todas as administracións, pero que a actitude do Goberno central non contribúe a logralo

Sobre o futuro Plan estatal de Vivenda, a Xunta foi unha das poucas comunidades autónomas que xa presentou en decembro as súas propostas e ofreceu poñelas a disposición do resto das CC AA 

Tue Jan 21 15:55:17 CET 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2024

A Xunta de Galicia mostra a súa decepción coa comisión multilateral de vivenda celebrada no día de hoxe e na cal os representantes do ministerio de Vivenda non aceptaron explicar as medidas anunciadas polo Goberno de España o pasado 13 de xaneiro, malia que a propia Xunta de Galicia solicitou formalmente, ao día seguinte do anuncio, que na orde do día da multilateral se incluíse dita explicación das devanditas medidas.

A resposta do ministerio á solicitude da Xunta, formulada o 14 de xaneiro, e doutras comunidades autónomas chegou pasadas as sete da tarde do 20 de xaneiro, indicando que o asunto non se incluía na orde do día por tratarse “de medidas de competencia estritamente estatal”, cousa que non é certa, xa que boa parte das medidas son aplicadas polos gobernos autonómicos no marco das súas competencias.

Unha vez máis, o Goberno fai caso omiso ás demandas das comunidades autónomas participantes na conferencia multilateral, e mantén o oscurantismo, negándolles información sobre as medidas anunciadas por Pedro Sánchez. A Xunta reitera unha vez máis que, para facer fronte aos problemas da vivenda é necesario o traballo conxunto de todas as administración, buscando solucións coordinadas, que non se logran con actitudes como a demostrada polo Goberno na conferencia celebrada hoxe.

Da mesma maneira, a hora para a que se convocou a reunión (12,00 horas) parece elixida para evitar a participación das 15 comunidades e 2 cidades autónomas que participan na mesma. De feito, tanto a Xunta como outras comunidades solicitaron o adianto da hora, que foi rexeitado polo ministerio.

O secretario xeral de Vivenda e Urbanismo da Xunta de Galicia, Heriberto García Porto, reclamou na multilateral claridade sobre a aplicación dos fondos europeos destinados a mellora enerxética das vivendas e construción de vivenda protexida, recordando que a Xunta leva tempo reclamando a transferencia de máis fondos, unha vez que xa foron executados os asignados a Galicia. Os representantes do ministerio non responderon a esta demanda.

Por outra parte, na conferencia tratouse sobre a creación dun grupo de traballo para realizar achegas e suxestións de cara á elaboración do próximo plan de vivenda. Neste asunto, a Xunta leva tempo reclamando que o plan de vivenda teñan en conta as propostas das comunidades autónomas, como organismos encargados da súa xestión e como coñecedores das necesidades reais de cada comunidade, que ademais confinancian as actuacións do mesmo. Por iso manifestou a súa dispoñibilidade a poñer a disposición do resto de comunidades autónomas as propostas enviadas xa no pasado mes de decembro, sendo Galicia unha das poucas comunidades autónomas que o fixeron.

O grupo de traballo afondará tamén nas necesarias modificacións da normativa urbanística para axilizar a tramitación dos proxectos, como xa fixo a Xunta de Galicia, no marco das súas competencias, coas melloras introducidas na lei de medidas para 2025.

 

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal