Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, asinou hoxe co presidente do Consello da Avogacía Galega, Francisco José Rabuñal, a renovación deste convenio

O acordo entre a Xunta e o Consello da Avogacía Galega permite atender en 2024 máis dun cento de consultas en materia de vivenda

Escoitar

O Goberno galego destina un orzamento de 61.000€ ao desenvolvemento deste convenio, incrementando a dotación con respecto a anos anteriores

Esta colaboración inclúe desde o ano pasado o servizo de intermediación entre grandes tenedores e persoas en risco de desaufizamento en situación de vulnerabilidade

Este servizo de intermediación, a través do Instituto Galego de Mediación e Arbitraxe e os colexios da avogacía de Galicia, xa atendeu en 9 meses uns 53 casos

O convenio tamén abrangue servizo de asesoramento xurídico, que informa sobre os dereitos e obrigas das persoas en risco de perder a súa vivenda como consecuencia dun procedemento de execución hipotecaria

Este servizo tamén proporciona orientación ás persoas propietarias ou usufrutuarias que se vexan afectadas por ocupacións ilegais das súas vivendas

Tue Jan 21 13:12:56 CET 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2025

O acordo entre a Xunta e o Consello da Avogacía Galega permite atender en 2024 máis dun cento de consultas en materia de vivenda.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral técnico da Consellería, Yago Borrajo, e o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, asinou hoxe co presidente do Consello da Avogacía Galega, Francisco José Rabuñal, a renovación deste convenio de colaboración.

O Executivo autonómico destina un investimento de 61.000€ ao desenvolvemento deste convenio, incrementando o orzamento con respecto ao ano pasado.

Este convenio, activo desde o 2020, incluíu o ano pasado como novidade o servizo de intermediación entre grandes tenedores e persoas en risco de desaufizamento en situación de vulnerabilidade.

Neste sentido, o Goberno galego puxo en marcha esta intermediación a través do Instituto Galego de Mediación e Arbitraxe (INGALMAR) e os colexios da avogacía de Galicia, atendendo en 9 meses de actividade uns 53 casos.

Detallou que a maioría dos casos atendidos foron a través do Colexio de Avogados de Pontevedra 13; Lugo, 12; Santiago, 8; Vigo, 6; Ferrol, 5; Ourense, 5; e A Coruña, 4.

O convenio hoxe renovado tamén abrangue o servizo de asesoramento e orientación xurídica, sendo ata agora xa 135 letrados galegos os que colaboraron. No ano 2024 atendéronse un total de 109 consultas.

Nestas consultas, os cidadáns reciben información sobre os dereitos e obrigas que teñen se están en risco de perder a súa vivenda como consecuencia dun procedemento de execución hipotecaria.

Este servizo tamén proporciona orientación ás persoas propietarias ou usufrutuarias que se vexan afectadas por ocupacións ilegais das súas vivendas.

Cómpre recordar que estas consultas formúlanse a través do teléfono 900 121 221 ou mediante os formularios da páxina web do Consello da Avogacía Galega.

A conselleira subliñou que este tipo de iniciativas son estratéxicas para acadar a protección dos dereitos de acceso á vivenda, polo que se seguirá afondando nesta e noutras vías de colaboración coa avogacía galega.

Área: Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal