Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

Manuel Pardo fixo o anuncio esta mañá na súa visita ao concello de Lobios

O delegado territorial en Ourense anuncia unha nova convocatoria de axudas do programa Infravivenda, nas que a Xunta investirá 370.000 euros

Escoitar

O delegado territorial explicou que a nova convocatoria vai dirixida a prestar apoio aos concellos de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar ás unidades de convivencia e non dispoñan de recursos económicos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade

Estas subvencións tamén terán por obxecto permitir aos concellos de menos de 10.000 habitantes rehabilitar infravivendas do seu patrimonio municipal para destinalas a solucionar os problemas de residencia

O representante do Goberno galego detallou que o importe da achega será do 95 % do custo da rehabilitación, cun límite máximo de 15.000 euros por vivenda, e o prazo de presentación de solicitudes comezará o próximo 27 de xaneiro e rematará o 3 de xuño ou, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario.

Mon Jan 20 15:42:08 CET 2025
  • Compartir

Ourense, 20 de xaneiro de 2025

O delegado territorial, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello de Lobios, acompañado da súa alcaldesa, María del Carmen Yáñez, para supervisar o resultado das obras levadas a cabo nunha infravivenda, nas que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas investiu 15.000 euros.

Na visita, Manuel Pardo anunciou unha nova convocatoria de axudas do Programa Infravivenda para o ano 2025, que conta cunha partida de 370.000 euros, dirixidas a prestar apoio aos concellos de menos de 10.000 habitantes para que poidan axudar ás unidades de convivencia que residan, en condicións de propietarias, nunha infravivenda e non dispoñan de recursos económicos para acometer obras que permitan ter as mínimas condicións de habitabilidade.

Así mesmo, -explicou o delegado territorial- estas subvencións tamén terán por obxecto permitir aos concellos de menos de 10.000 habitantes rehabilitar infravivendas do seu patrimonio municipal para destinalas a solucionar os problemas de residencia de unidades de convivencia que cumpran os requisitos fixados nas bases reguladoras.

O representante do Goberno galego detallou que o importe da achega será do 95 % do custo da rehabilitación, cun límite máximo de 15.000 euros por vivenda, e o prazo de presentación de solicitudes comezará o próximo 27 de xaneiro e rematará o 3 de xuño ou, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario.

O programa de infravivenda, xestionado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), prevé axudas para a rehabilitación con fins residenciais de inmobles que non reúnen uns requisitos mínimos de habitabilidade e que estean emprazados en concellos de menos de 10.000 habitantes. Poderán ser propiedade dos seus moradores ou do concello, pero en ambos casos a axuda debe solicitala o Goberno municipal.

Obras realizadas na infravivenda

As actuacións que se levaron a cabo na vivenda foron as de encintado interior das paredes de pedra existentes; pavimento de baldosa; colocación do falso teito, do tabique, da porta, dos accesorios do baño e da cociña, e dos seus mobles; e instalación eléctrica,  de fontanería, de saneamento, e de calefacción. Con respecto a envolvente exterior mantívose tanto o volume como o tamaño dos ocos.

Área: Axudas ; Rehabilitación ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal