Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, informou hoxe desta actuación financiada maioritariamente con fondos propios do Goberno galego

A Xunta licita as obras de construción de 146 vivendas de promoción pública en Garabolos, en Lugo, cun investimento de 28,2 M€

Escoitar

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta licitación e establece un prazo de presentación de ofertas que rematará o vindeiro 19 de febreiro

Allegue explica que se seguirá avanzando nos trámites para adxudicar o contrato co obxectivo de ter rematados os dous edificios destas vivendas no 2026

Un edificio albergará 76 vivendas, cuxo importe rolda os 14,9M€; e outro contará con 70  vivendas, cun investimento que supera os 13,3M€

Avanza que en Garabolos se licitarán proximamente, a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, os proxectos para outras 300 vivendas de promoción pública

Recorda que tamén se está a dar pulo definitivo á rehabilitación do barrio da Tinería, no emblemático casco histórico da cidade

Wed Jan 08 13:33:47 CET 2025
  • Compartir

Lugo, 8 de xaneiro de 2025

A Xunta licita as obras de construción de 146 vivendas de promoción pública en Garabolos, en Lugo, cun investimento de 28,2M€.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, informou hoxe desta actuación financiada maioritariamente con fondos propios do Goberno galego.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta licitación e establece un prazo de presentación de ofertas que rematará o vindeiro 19 de febreiro.

Allegue explicou que se seguirá avanzando nos trámites para adxudicar o contrato co obxectivo de ter rematados os dous edificios destas vivendas no 2026.

Detallou que por unha parte, se licita a construción dun edificio que albergará 76 vivendas de promoción pública na parcela C1, cuxo importe rolda os 14,9M€.

Por outra parte, licítanse as obras doutro edificio de 70 novas vivendas, a desenvolver na parcela que ocupa a parcela B3, por un investimento que supera os 13,3M€.

A conselleira sinalou que estas novas edificacións, ademais de facilitar o acceso á vivenda, teñen en conta os estándares sobre a mellora da eficiencia enerxética.

Recordou que o Goberno galego está a apostar decididamente por seguir sumando fogares nesta cidade. Neste sentido, en Garabolos licitaranse proximamente,  a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, os proxectos para outras 300 vivendas de promoción pública.

Trátase de vivendas para compra-venda, para alugueiro e reservando o 20% para a venda á xente moza, e o 40% para o alugueiro dirixido a mocidade.

Recordou que tamén se lle está a dar un pulo definitivo á rehabilitación do barrio da Tinería, no emblemático casco histórico da cidade.

Remarcou que en Lugo a Xunta tamén está desenvolver solo para a construción de vivenda, no marco da Estratexia Galega de Solo Residencial. O ámbito escollido, en consenso co Concello, é o do Sagrado Corazón, onde se prevé desenvolver solo para 1.200 vivendas.

Puxo en valor a folla de ruta do Goberno galego para duplicar a vivenda pública nesta lexislatura, ata acadar as 8.000 vivendas. Neste momento, temos están en marcha na comunidade máis de 1.600 vivendas de promoción pública, en distintas fases de tramitación e execución.

Ademais, xa está despregada a primeira fase de execución da Estratexia galega de solo residencial, co fin de facilitar solo para a construción de 25.000 vivendas, 20.000 delas protexidas, das que 1.600 se prevén en Lugo.

Área: Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal