Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta licita por 6,6 M€ as obras de 24 vivendas de promoción pública no polígono do Bertón, en Ferrol

Escoitar

O edificio, de baixo e tres alturas, sitúase na parcela 1 do polígono, na rúa As Constituíntes, e ademais das 24 vpp, contará con 74 prazas de garaxe, 24 rochos e 3 locais

As empresas interesadas teñen de prazo ata o 18 de febreiro para presentar as súas ofertas e o obxectivo da Xunta é ter rematadas as obras no 2026

O Goberno galego segue a avanzar na aposta pola vivenda de promoción pública neste barrio da cidade ferrolá, que permite ter xa en marcha 363 novas vivendas

Tue Jan 07 15:14:35 CET 2025
  • Compartir

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2025

A Xunta vén de licitar hoxe, cun investimento de 6,6M€, as obras de construción dun inmoble de 24 vivendas de promoción pública (VPP) no Bertón, no concello de Ferrol.

Trátase dunha edificación de dúas plantas de soto, planta baixa e tres alturas na que, ademais das 24 vpp, habilitaranse 74 prazas de garaxe, 24 rochos e 3 locais, e situada  na parcela 1 do polígono, na rúa As Constituíntes.

O edificio contará con catro portais e 8 vivendas por planta. Neste conxunto, está proxectado ademais, que 1 vivenda e 1 praza de garaxe sexan adaptadas a persoas con mobilidade reducida. As empresas teñen de prazo ata o 18 de febreiro para presentar as súas ofertas e o obxectivo da Xunta é que as obras estean rematadas no 2026.

A Xunta de Galicia financia as obras nun 81,9% con fondos propios, correspondendo o resto aos fondos da Unión Europea (Plan de recuperación, transformación e resiliencia). A Administración autonómica tamén financia con fondos propios a redacción de proxecto e o resto de traballos técnicos, preto de 207.000 euros; así como o custe da parcela na que se edifican, que foi urbanizada pola Xunta.

Este novo proxecto cumpre o Real decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. En concreto teñen en conta as prescricións sobre eficiencia enerxética, consumo de enerxía non renovable, circularidade e xestión de residuos, que se reflicten no dito decreto.

A Xunta segue a avanzar na aposta pola vivenda de promoción pública neste barrio da cidade, que permite ter en marcha xa 363 novas vivendas en Ferrol, en distintas fases de desenvolvemento.

Ademais dos proxectos cofinanciados con fondos MRR, o Goberno galego está a traballar en vivendas financiadas exclusivamente con fondos da comunidade autónoma, así como na adquisición de vivendas de promoción pública aos seus propietarios actuais e na compra de vivendas da Sareb.

O Goberno galego mantén o impulso na construción de vivenda de promoción pública nas grandes cidades e a súa área de influencia, tendo xa en marcha na comunidade máis de 1.600 vivendas de promoción pública, en distintas fases de tramitación e execución, co obxectivo de acadar as 8.000 nesta lexislatura. Isto, ao tempo que se desprega a primeira fase de execución da Estratexia galega de solo residencial, que prevé desenvolver solo para 20.000 vivendas protexidas e 5.000 libres.

Área: Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal