Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

O delegado territorial supervisa as obras de instalación eléctrica de b.t. para a mellora da rede de vídeo vixilancia no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, nas que a Xunta investiu preto de 42.000€

Escoitar

Manuel Pardo salientou que con esta actuación o Polígono Industrial de San Cibrao, deu un paso moi importante na seguridade das empresas, de modo que desenvolvan o seu labor sen riscos nos seus negocios

O delegado territorial sostivo que neste proxecto utilizáronse as últimas tecnoloxías dispoñibles, como é a fibra óptica, e cámaras e servidores con Intelixencia Artificial

O representante do Goberno galego lembrou axudas concedidas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia que ten como beneficiarios a 8 concellos da provincia de Ourense (Beariz, Celanova, Pereiro de Aguiar, Pontedeva, Vilamarín, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e San Cibrao das Viñas) con preto de 460.000 euros

Manuel Pardo puxo en valor o compromiso da Xunta por facer de Galicia un polo de atracción industrial na Península e destacou que, para iso, o Goberno galego está a ofrecer a máxima axilidade administrativa e medidas de apoio ao tecido produtivo a través da Oficina Económica de Galicia

Thu Dec 26 10:35:55 CET 2024
  • Compartir

Ourense, 26 de decembro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse na mañá de hoxe ao concello San Cibrao para, da man da alcaldesa, Marta Nóvoa, e do presidente da Asociación de Empresarios, Jose Antonio Rodríguez, supervisar o remate das obras de instalación eléctrica de baixa tensión para a mellora da rede troncal de vídeo vixilancia no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, nas que a Consellería de Economía e Industria investiu preto de 42.000 euros.

O delegado territorial salientou que con esta actuación o Polígono Industrial de San Cibrao, deu un paso moi importante na seguridade das empresas, de modo que desenvolvan o seu labor sen riscos nos seus negocios. En definitiva, conseguirase ter un polígono seguro en materia de circulación vial, en materia de incendios, e con este proxecto, en materia de roubos.

“Neste proxecto executado -mantivo Manuel Pardo- utilizáronse as últimas tecnoloxías dispoñibles, como é a fibra óptica, e cámaras e servidores con Intelixencia Artificial”. Esta tecnoloxía permite a transmisión de datos dentro do Polígono e o análise de estes datos de forma axeitada, como pode ser a televixilancia, Con este proxecto preténdese mellorar a competitividade das empresas, empregando un sistema que permite a videovixilancia de alta resolución coa conseguinte mellora na seguridade de todas as instalacións do polígono.

O delegado territorial aproveitou a súa estadía en San Cibrao para lembrar a recente publicación no DOG da resolución das axudas concedidas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia que ten como beneficiarios a 8 concellos da provincia de Ourense (Beariz, Celanova, Pereiro de Aguiar, Pontedeva, Vilamarín, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e San Cibrao das Viñas) con preto de 460.000 euros.

Neste sentido, Manuel Pardo puxo en valor o compromiso da Xunta por facer de Galicia un polo de atracción industrial na Península e destacou que, para iso, o Goberno galego está a ofrecer a máxima axilidade administrativa e medidas de apoio ao tecido produtivo a través da Oficina Económica de Galicia, dependente do Igape, que desde a súa posta en marcha no mes de abril leva atendidas máis de 7.000 consultas.

O delegado territorial tamén recordou a política industrial que se está a desenvolver en Galicia. "Contamos con instrumentos como o Plan de aceleración de proxectos industriais que temos en marcha para aqueles que superen os 800.000 euros de investimento - explicou - e estamos traballando nos plans directores para os sectores estratéxicos de Galicia, dos que acabamos de presentar o borrador do naval e da automoción, dúas medidas que xunto coa posta a disposición de solo industrial gratuíto durante os primeiros oito anos nos van a posicionar como unha das comunidades máis atractivas para as empresas xa instaladas e para atraer novos investimentos". 

Área: Solo empresarial
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal