Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta licita por 2,6 M€ a redacción dos Proxectos de Interese Autonómico para facilitar solo para máis de 15.000 vivendas en sete concellos

Escoitar

A previsión da Xunta sitúa no 2028 o inicio das obras de urbanización dos solos escollidos para estas primeiras 15.110 vivendas do total de 25.000 previstas na Estratexia Galega de Solo Residencial

As empresas poderán presentar ofertas para a redacción dos PIA ata o 8 de xaneiro

Os ámbitos destes concellos onde se desenvolverá solo suman unha superficie total de 1,5 millóns de metros cadrados

En Santiago estímanse 3.460 vivendas, mentres que na Coruña prevense 4.310; 160 en Arteixo, 1.200 en Lugo, 1.640 en Ourense, 2.040 en Pontevedra e 2.300 en Vigo

Fri Nov 29 12:15:45 CET 2024
  • Compartir

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2024

O Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta vén de licitar hoxe, por un importe de 2,6 M€, a redacción dos Proxectos de Interese Autonómico (PIA) para o desenvolvemento de solo residencial para as primeiras 15.110 vivendas previstas na Estratexia Galega de Solo Residencial nos concellos de Vigo, Pontevedra, Santiago, Ourense, Lugo, A Coruña e Arteixo. Os ámbitos onde se desenvolverá solo suman unha superficie total de 1,5 millóns de metros cadrados, e a previsión da Xunta é a de iniciar no 2028 as obras de urbanización nas parcelas onde se construirá vivenda.

A licitación inclúe a redacción dos proxectos de interese autonómico, do proxecto de expropiación e de parcelamento para a obtención de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas protexidas nos citados concellos. As empresas poderán presentar as súas ofertas con prazo ata o 8 de xaneiro.

En concreto, o solo que vai urbanizar a Xunta terá capacidade para aproximadamente 15.110 novas vivendas. Por concellos, urbanizarase solo para aproximadamente 3.460 vivendas en Santiago; 4.310 na Coruña; 160 en Arteixo; 1.200 en Lugo; 1.640 en Ourense; 2.040 en Pontevedra e 2.300 en Vigo. No caso da cidade compostelá, o ámbito escollido sitúase no solo urbanístico de Mallou, mentres que na Coruña elixiuse solo en Monte Mero; en Arteixo en Baiuca-Penouqueira; en Lugo no barrio Sagrado Corazón; en Ourense na zona Escorial-Vinteún; no concello de Pontevedra hai dous solos en San Mauro e, por último, en Vigo desenvolverase solo na zona do Ofimático.

A previsión da Xunta é ter adxudicados os contratos de redacción dos proxectos ao longo do vindeiro 2025, a fin de aprobar os PIA en xullo do 2026 e iniciar a continuación o proceso de expropiacións, entre ese ano e o 2027. Os proxectos de urbanización redactaranse entre febreiro e novembro de 2026 e, finalmente, as obras de urbanización comezarán no 2028.

Área: Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía ; Concellos ; Empresas e profesionais
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal