Volver ao contido

Portal IGVS

Actualidade

Galego Castellano
Portal IGVS
Logo IGVS
Galego
Castellano
  • O IGVS
    Benvida Competencias Estrutura Orgánica Lexislación
    Atención ao público Transparencia e goberno aberto Actualidade
    + INFO
  • Áreas
    Axudas Solo residencial Edificación e calidade Vivenda
    Rehabilitación Fondos EU. Next Generation Locais comerciais e garaxes
    + INFO
  • Para ti
    Cidadanía Empresas Concellos
    + INFO
  • Servizos
    Rexistros Depósito de fianza Publicacións
    + INFO
  • Observatorios
    Observatorio da Vivenda de Galicia
    + INFO
Cerrar buscador
  • Inicio
  • O IGVS
    • O IGVS
    • Áreas
    • Para ti
    • Servizos
    • Observatorios
  • Actualidade
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
volver Volver
  • O IGVS
    • Benvida
    • Competencias
    • Estrutura Orgánica
    • Lexislación
    • Atención ao público
    • Transparencia e goberno aberto
    • Actualidade
      • Galería de imaxes

A Xunta aposta por desenvolver solo para vivenda no Sagrado Corazón de Lugo

Escoitar

Javier Arias reuniuse esta mañá co presidente da Asociación de veciños do Sagrado Corazón para expoñer unha proposta que nace dende o consenso entre as administracións autonómica e municipal

Thu Nov 28 15:10:14 CET 2024
  • Compartir

Lugo, 28 de novembro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse esta mañá co presidente da Asociación de veciños do Sagrado Corazón, Alfonso Ibias, para explicarlle como se vai desenvolver o plan do Goberno galego de urbanizar 120.000 metros cadrados de solo neste barrio lucense para construír 1.200 vivendas protexidas e libres.

Esta proposta enmárcase na primeira fase da Estratexia Galega de Solo Residencial e suporá dotar ao barrio do Sagrado Corazón de nova vivenda, tanto libre como protexida -promovida parte desta por construtores privados-, que sairá ao mercado en réxime de venta e de alugueiro. Un 25% da vivenda para venta e o 40% da destinada a alugueiro reservarase para menores de 36 anos.

O delegado territorial explicou que a tramitación do solo se fará a través de Proxectos de Interese Autonómico (PIA), “o que permitirá aproveitar solo sen desenvolver e axilizar os trámites administrativos para acadar unha execución máis rápida”. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas anunciou onte que a redacción destes proxectos se licitará o vindeiro venres, por importe total de 2,6 millóns de euros para facilitar solo para máis de 15.000 vivendas en toda Galicia.

Na xuntanza desta mañá quedou de manifesto unha vez máis o compromiso da Xunta co Sagrado Corazón, onde se están a realizar importantes investimentos, como os 4,2 millóns de euros que se destinaron á construción dun colexio de vangarda no barrio ou a proposta de creación do futuro centro de saúde.

Ao respecto, Arias lembrou que a Xunta propuxo dende o primeiro momento, -tamén en reunións con representantes municipais- urbanizar toda a parcela do antigo colexio para edificar o centro de saúde e crear unha  praza e zona verde aberta á igrexa e á contorna, que resolvía ademais problemas de accesibilidade dos edificios próximos. “Agardamos reconducir a situación co Concello e poder construír por fin este centro de saúde para o beneficio dos actuais veciños e veciñas do Sagrado Corazón e pensando tamén nas novas necesidades que se presentarán coa construción destas vivendas de promoción pública”, dixo Arias.

O delegado territorial e o representante do colectivo veciñal acordaron convocar para o luns 9 de decembro unha reunión cos veciños e veciñas do Sagrado Corazón co obxectivo de informalos de primeira man sobre os proxectos previstos para o barrio, principalmente a construción destas novas vivendas públicas a prezos accesibles que suporán un importante impulso para a zona.

Área: Edificación ; Solo residencial ; Vivenda
Para ti: Cidadanía
Tipo contido: Nova

AXUDAS

  • Acceso á vivienda
  • Rehabilitación
  • Fondos europeos
  • Outras axudas

SOLO RESIDENCIAL

  • Plans e proxectos de solo residencial
  • Adquisición de solo residencial
  • Alleamento de solo residencial

EDIFICACIÓN

  • Calidade
  • Publicacións técnicas

VIVENDA

  • Plans e programas
  • Vivenda de promoción pública
  • Vivenda de protección autonómica
  • Realoxos
  • Locais do IGVS

REHABILITACIÓN

  • Adquisición inmobles polo IGVS
  • Actuacións propias
  • Programas
Rexistro de demandantes
Deposito de fianzas
Áreas de Rehabilitación Integral (ARI)
Ver más
Xunta de Galicia
Xacobeo 2021-2022

CC Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

  • Atención á cidadanía
  • Accesibilidade
  • Aviso legal
  • Mapa do portal